jueves, 30 de mayo de 2013

Filosofía dun gameleiro


CHANCHONADA  83º

Filosofía dun gameleiro.



          Lembro con moito cariño ó meu avó, sempre foi gameleiro; pero hai unha frase súa que sempre me pareceu que estaba chea de sabiduría, que era moi profunda é filosófica: “hai un tempo para ir a pescar e outro para ata-las redes”. Pois iso, cando hai bo tempo hai que colle-los palangres, os trasmallos e ir a pescar, cando chegan os temporais hai que ficar na casa a ata-las redes, a prepara-las artes, repara-la gamela,... para cando chegue o tempo de ir a pescar.

                Aquí, dende este Mirador, cada pouco tempo facemos público os datos de desemprego, como van mes a mes, que hai de verdade no “efecto Nadal”,... pero desgraciadamente tras eses datos númericos, calculos estadísticos, funcións matemáticas,... hai moitas persoas, veciños, amigos,... E isto si que nos doi, tamén nos doi ter que despedir a amigos que se marchan fóra,... Polas nosas actividades profesionaís tamén sabemos que hai empresas da comarca que están a punto de cair e “morde-las pedras” (pechar e despedir ó pouco persoal que ainda teñen), algunhas son da Guarda, de Tomiño, do Rosal,... e con iso aumentará máis o paro, a actividade económica minguará.

                Do que estamos a escribir, vos lectores tamén sabedes bastante; pero cada día estamos máis convencidos que os nosos gobernantes non se enteran. Para nós este é o problema máis importante que deberían atender, a preocupación máis acuciante dos nosos alcaldes, concelleiros, presidentes de asociacións de comerciantes,... Estamos no intre de “ata-las redes”, hai que repara-los estragos que causa o desemprego, hai que facer máis cousas que repartir uns paquetes de comidas,... Deberían tentar que non pechen máis empresas, que estas non se afoguen con impostos crecentes, non afogalas con facturas impagadas durante meses,... Pero, sair na prensa a anunciar un fin de semana cunha ruta de pinchos e tapas, coma unha iniciativa municipal e dunha asociación de comerciantes,... ¿¿En qué mundo viven??

                Foi aló polo mes de Maio do 2.007 cando se aprobou pola Xunta o parque industrial da Guarda-Rosal; agora que estamos no tempo de “ata-las redes”, deberíamos estar construindollo, así cando chegase o tempo da pesca, xa estaría preparado para darlle cabida a empresas. Pero non, gastamos o tempo, esforzos e diñeiro en parvadas; o importante é que o Alcalde saia ben fermoso na páxina do “Fóra de Vigo”, do “Oceánico”,.... Estes protagonistas deberían de lembra-la seguinte frase de Confucio: “Donde hai satisfacción, non hai revolucións”.

                Que fermosos e lindos están certos concelleiros da Guarda cacarexando sobre un porto deportivo. Xa estamos na metade da lexislatura muncipal, estes tres protagonistas nunca tiveron unha iniciativa para afronta-los problemas dos +1.000 guardeses que están no paro; ¿saben eles cantas empresas da Guarda de diferentes sectores que están a punto de pechar?. Os membros deste blog estamos moi convencidos do seguinte: “Nunca vivimos por riba das nosas posibilidades. Temos vivido por riba das capacidades moraís e intelectivas dos nosos polítcos e banqueiros”. Vamos señores sexamos serios, vostedes queren facer con diñeiro público (de todos) unha zona onde uns poucos privilexiados poidan atraca-las súas lanchas e barcas de recreo,... Pois que o fagan eles cós seus cartos; non me veñan a vender que van crear postos de traballo, ¿cántos?, 3, 4, 5,... un ou dous guardapeiraos, un pintor,... Seguro que xa teñen pactados os sobres que eses “amigos” lles farán chegar con cartos frescos no mes de Maio do 2.015.

                “Os que impiden unha revolución pacífica; farán inevitable unha revolución violenta” (frase de John F. Kennedy). Pensen nisto e mediten señores que nos gobernan; o Estado somos nós os cidadáns, pois os diñeiros saen dos nosos petos vía impostos, taxas, ivas,... poden adicar estes diñeiros a un fin:
A)      En beneficio da mayoría dos cidadáns, atendendo as necesidades máis básicas.
B)       En beneficio dos poucos privilexiados de sempre.

Gobernar é optar por facer real unha de varias posiblidades, teñen dúas opcións a escoller; vostedes deciden. “Cobardía política: saber que é o equitativo e mellor para o pobo, para logo non facelo”. No mundo pesimista de Murphy, cando se trata o tema dos políticos e da súa xestión ó frente da Administración esta a TEORÍA DE OWEN:  Toda organización ten asignado un certo número de prazas para que sexan ocupadas por personas non cualificadas”. Demostren que son persoas merecedoras dos postos que ocupan nos nosos Concellos, en caso contrario, os cidadáns somos libres de pensar que a Teoría de Owen é certa. Estamos no tempo de ata-las redes, hai que repara-los palangres, ata-los panos dos trasmallos, facerlle un repaso ós motores,… ou seguir na teberna como están vostedes, só que na teberna non se arranxan os traballos anteriores.


Mirador do Monte Ancos, a 30  de Maio do 2.013.

Oscar  Roñero  Buitre.  Director y maestro cervecero-tabernero (Vergas; Otter Tail; Minnesota; USA)





No hay comentarios:

Publicar un comentario