jueves, 9 de mayo de 2013

San Xerome Emiliani 5º


CHANCHONADA  72º

San Xerome Emiliani 





Que unha persoa chámese Feliciano, que sexa xerente do Centro San Xerome Emiliani; podemos discuti-la validez da súa xestión, a súa competencia profesional, os obxectivos que acada a súa xestión, os beneficios que obten o Centro,… ou sexa discutir de cousas tanxibles, medibles,... pero entrar en descalificacións persoais, iso xa é proceder do que non gostamos, ten un tufo moi de réximes totalitarios,... semella ó proceder dos nazís comparando ós xudeos coas ratas, despois viñeron as Leis anti-semitas, levar sempre a estrela de David,... e logo os campos de exterminio. Na época estaliniana na URSS tamén houbo procedementos similares, como falar do “cosmopolitismo” como un elemento antisoviético, pero o que realmente escondía era antisemitismo,...

Nós podemos discutir de ideas, de feitos,... pero facer comparacións con xenocidas, cando isto non ven a conto, isto é mexar fóra de testo e mollarse os pantalóns,... ¿A qué ven todo isto?; pois que non gostamos nada de nada dos comentarios que no muro (“facebook”) está a face-lo Sr. José Antonio Amoeiro Mosquera; recomendamos a tódalas partes implicadas un pouco de mesura, serenidade e sentido común,... Se estámos a discutir un tema laboral, deixemos as cousas dentro deste marco, se discutimos a xestión económica, laboral, administrativa,... pois igual, imos a centrarnos nos temas importantes
                1º)  Despidos de persoal e situación de acoso laboral soterrado a outros empregados.
                2º)  Posible mala xestión administrativa e económica.
                3º)  Posible abuso de poder e manipulación da Xerencia por parte do Sr. Carlos González Blanco e outras persoas próximas.

                Contra unha caza de bruxas, non podo instaurar outra forma inquisitorial para atacala; este camiño é o da “Lei de Talión”, ollo por ollo,... e ó final todos cegos. ¿O entende Sr. Amoeiro Mosquera?, ¿qué os outros son burros e rebuznan?, ala eles, pero eu non penso rebaixarme, porme a catro patas e lanzar rebuznos. Sei que 30 anos ó frente do Centro como Director, isto xa é demasíado tempo, non está ben que as persoas prolonguen moitos anos nun cargo, pois logo creánse vicios, creen que o cargo é da súa propiedade, algúns ata chegan a creerse irremplazables,...

No noso pensar o Centro San Xerome necesita aire novo, unha limpeza de fondo, caras novas, xente con novas ilusións, que vexan o ben do realmente importante: os usuarios do Centro. En troques, estamos de acordo có Sr. Amoeiro Mosquera en facer uns fiscalización de tódalas contas do Centro, incluido ó do viveiro de camelias, relacións familiares que poideran haber, contratos laborais,... pois isto de contratar a familiares é un auténtico nepotismo,... Cada vez estamos máis convencidos que é necesaria unha moción de censura.

            ¿Cómo organiza-la moción de censura?

                O primeiro é monta-la candidatura, un grupo de persoas dispostas a asumi-la responsabilidade da xestión, unha desas persoas debe se-la cabeza visible; fórmular un proxecto de xestión alternativa á Dirección e Xestión actual do Centro. O seguinte paso é presentarse en público para que a alternativa sexa do coñecemento de todos, pero moi especialmente dos asociados. Logo comenza-la campaña de acada-los apoios á mesma. O proceso non é complicado; descoñecemos os estatutos do San Xerome, pero dos que coñecemos, normalmente sobre ¼ das sinaturas dos socios chegan para presenta-la moción de censura. O máis aconsellable sería face-los primeiros pasos durante o mes de Xuño,.. para logo ir recollendo os apoios durante os meses de Xullo e Agosto; así aproveitando que non son meses lectivos, moitos dos socios que son pais están menos achegados a influencias da actual Dirección-Xerencia. A moción de censura debería acontecer a finaís de Agosto ou primeiros de Setembro.

                Querido Sr. Amoeiro Mosquera, imos a usa-los medios que temos a man para crear unha alternativa, menos ideas incendiarias e máis organización. ¿Que temen os “caciques”?, pois que alguen lle quite o poder. Cando dende a actual Dirección-Xestión vexan que hai unha alternativa teñen dúas opcións, ou seguir polo camiño actual ou trocar; se trocan entón están a darlle a razón á alternativa, se non trocan entran nunha fase de “enrroque”, esta xogada do xadrez é moi defensiva e estática,... De momento as protestas ante o Centro, a Dirección-Xestión a toman como unha “folclorada”, pois saben que có paso do tempo a xente rematará por queimarse, aburrirse,... e rematarán por desaparecer,... Non queremos dicir que deixen de face-la xuntanza matutina, pero dosifiquen forzas, dosifiquen persoal,... marquen un calendario de turnos e de persoas, para non queimalas,... tamén hai que coida-los “soldados”, pois un xeneral sen exército non é nada.

                Por último Sr. Amoeiro Mosquera; na cultura militar hai que manexar dous conceptos importantes e diferencialos moi ben: táctica e estratexia. Táctica son os movementos a curto prazo, o beneficio pode ser alto ou baixo, pero non son realmente importantes,... un exemplo de táctica son as concentracións matutinas. Estratexia é o movemento a longo prazo, o que me vai conducir á meta que realmente busco; requere moito máis tempo, paciencia, moito esforzo, o uso de moitas tácticas,... como vai levar tempo debo dosifica-las forzas, buscar alianzas, crear novas estratexias,.... A táctica é pensar en pequeno, a estratexia requere pensar ó grande, tanto no espacio como no tempo. Fai 2.500 anos o xeneral chino Shun Zhu escribíu un libro chamado: “A Arte da Guerra”, é un libro moi curto, pero hoxe ainda é un manual de estudio en moitas academias militares de todo o mundo; fagan un lectura do mesmo e seguro que lle atoparán moita utilidade, ¡¡rendimento garantido!!.


                Hoxe é 9 de Maio: ¡Victoria! (Победа!).

Mirador do Monte Ancos, a 9 de Maio do 2.013.

Carlos  Fuentes  Secas.  Profesor de Ingenieria de Minas, en la Universidad Politécnica de Fuentesaúco de Fuentidueña (Segovia; España).





2 comentarios:

  1. Creo entender que no S. Xerome o que pasa é que hai cuatro despidos, ademais de outras cousas. Para os despedidos iso é VIOLENCIA, totalmente incomparable con descalificacións. E mais, sería comprensible que lle deran o Xerente unha malleira, e algún mais, tamén. (Si os votaran a ustedes do traballo desa forma o mellor cambiaban de opinión e hasta comprenderían que VIOLENCIA non significa solo que aia sangre por medio). Non digo que o da malleira seu xusto pero debe de quedarse un moi a gusto.
    Aquí os despedidos non discuten, para iso fan falta dous, e todos sabemos que a outra parte non DIALOGA NIN DA MARCHA A TRÁS. Algo terán que facer para que os escoiten.
    Non sei si o Sr . Amoeiro fixo comentarios desproporcionados, ( vou pedirlle amizade no facebok, pois me gustaría ver eses comentarios) suponse que todo depende de como se interpreten, pero seguro que non e igual un comentario que o feito de despedir a alguén. Teñen ustedes unha teoría moi bonita e sería o ideal, pero, ¿que poden facer catro traballadores despedidos,? Todos os despedidos deberían de estar contentos e agradecidos a todos aqueles que os apoian, e por berrar uns slogans como nazi, fascista, etc non é pórse a súa altura nin moito menos. Non se sabe en que mundo viven ustedes, pero VIOLENCIA, non é solo pegar ou matar, para moitos a Reforma Laboral xenera VIOLENCIA, os Desafiuzamentos, a corrupción, e todo estas reformas de leis que este goberno está a facer en Educación, Sanidade, Xustiza, etc., son VIOLENCIA, VIOLENCIA CON MAIÚSCULAS. Poden estar seguros que moitas veces dan ganas de ser VIOLENTO de verdade, e pensen vostedes o que queiran.
    Facer unha moción de Censura sería o ideal, pero ¿quen está o suficientemente preparado e ten os apoios suficientes para facela,? Sobre o papel i en teoría todo parece fácil e seguramente que para Ustedes o sería. Por desgracia, non todos están a súa altura. Iso o sabe a Dirección-Xestión do S. Xerome por iso da postura “enrocada” que manteñen.
    Así, que a os despedidos, lles recomendaría, (por moito que a ustedes non lles guste) xa que non van a conseguir nada polo diálogo, pois están dispostos a pagar os despidos, tanto PROCEDENTES COMO IMPROCEDENTES (non lle vai saír do seu bolso), que presionen a CIG para que movéndose nas administracións pertinentes, golpeen onde doe, nos cementos e que trema todo o Colexio, deixarse de panos quentes e sepan que certas accións teñen reaccións igual de contundentes, (que conste que o sentiría moito polos usuarios e por moitos dos demais traballadores), pero niso se están a escudar, en que non van facer nada que prexudique o Colexio. LUME, LUME,LUME E LUME. E senón non, que non prenderan a mecha.
    A táctica das guerrillas tamén se empleou en distintas guerras. Golpear e retirarse, que sintan o frío detrás do pescozo.
    Síntoo pero para mostra un botón, hoxe é un día de loita contra a reforma da Educación, ¿Que van a sacar en limpo deste día de folga? – NADA -- o Sr. Ministro non moverá nin unha coma.
    Chegados a este punto, o único que aumenta co tempo e, A INDIGNACIÓN. E por moito que lles pese. ¡¡ VIVA A REVOLUCIÓN!!!!
    Sr. Valcarcel e Comandita, si estiveran no sector do metal ou da minería, outro galo lles cantaría.

    ResponderEliminar
  2. TOTALMENTE DE ACUERDO, COMO EN TODAS SUS CHANCHONADAS, SIN EMBARGO AL VER CIERTAS INJUSTICIAS SE VA CALENTADO LA SANGRE, Y HOY EN DÍA, A NO SER QUE CIERRES LOS OJOS Y TE TAPES LOS OIDOS, LAS INJUSTICIAS SALEN POR TODOS LOS LADOS, Y LA SANGRE ESTÁ DEMASIADO CALIENTE.
    LO INGELIGENTE SERÍA HACER LAS COSAS BIEN Y COMO DICEN, PERO ALGUNOS, SOLO TENEMOS GANAS DE “COCEAR” QUE NO ES LO MISMO QUE “REBUZNAR”. Tengo Cincuenta y picos y llevo dos años y algo parado, díganme que me calme y que me tranquilize! ( siento que no les guste). CIERTAS PERSONAS SOLO BAJARÁN DE SU TRONO EMPUJÁNDOLOS.
    SEÑORES RESPONSASBLES DE TODA ESTA SITUACIÓN, SEGURO QUE SOBRARÁN VOLUNTARIOS PARA COCEARLOS UN POQUITO, GUARDENSE LAS ESPALDAS, EN CUALQUIER ESQUINA PUEDE APARECER UN ENEMIGO. SERÍA UNA GUERRA SUCIA, PERO HONOR ES ALGO QUE USTEDES NO TIENEN, POR LO QUE DEJEMONOS DE LIBROS DE ESTRATEGIAS.

    ResponderEliminar