domingo, 5 de mayo de 2013

Examen final


CHANCHONADA  70º

Examen  final



                    No taboeiro de anuncios dun centro educativo calquera, un día intedeterminado aparece unha folla que anuncia o seguinte: “mes M, día D e hora H, examen final”. Creo que todos coñecemos estes anuncios, pasamos moitas veces polo calvario de estudiar semanas e semanas para un examen final; moitas horas de sono perdidas, domingos pechados na casa entre apuntes, libros, tazas de café,.... ¡O normal cando un é estudiante!.

                ¿A qué ven todo isto?; pois resulta que estes primeiros días de Maio, a prensa escrita local prestou algo de atención ó tema do novo “Plan Xeral Urbanístico” para o Concello da Guarda; por un lado a Sra. Fátima Iglesias (PP) lamentando o pouco tempo que teñen para estudiar un tema tan importante, que non van ser capaces de atender este tema pola próximidade da tempada veraniega,... Por outro lado a Sra. Beatriz Estévez apuntando datos e incoherencias do “Plan”, faltas de proxectos importantes para A Guarda e concellos veciños,.... E logo na “Voz de Galicia” o Sr. Miguel Español pedindo discreción a todos.

                Imos a empezar pola líder do PP na Guarda; todos sabemos que o “Plan” é un tema moi importante, ten moita documentación,.... pero a súa excusa ante o público é moi mala; ningún estudante vai ante un profesor solicitanto a anulación da data do examen alegando que non ten tempo para estudiar, que está moi ocupado, que se aproxima o verán e ten que ir á praia para ligar,... Sra. Fátima Iglesias sexamos serios, en vez de estar a tomar consumicións na terraza de certo bar recen inaugurado, vostede e os seus 5 compañeiros deberían estar a traballar nesa documentación, para coñecela, para informar ós seus compañeiros de partido e logo informar ós veciños. A mensaxe importante que vostede transmite na súa nota de prensa é que o grupo político do PP na Guarda somos uns vagos, non estamos dispostos a facer esforzos, a traballar, a sacrificar tempo libre,...

Nós pensamos que os guardeses que votaron ó PP merecen moito máis do que vostede e os seus 5 compañeiros están a facer; se vostede e os seus compañeiros do grupo municipal do PP non están dispostos a traballar, sempre teñen a opción de dimitir. Agora comenzamos a entender unha frase súa no mitin do Centro Cultural: “nos fue muy díficil buscar las personas para esta candidatura, pero lo hemos logrado”. Non o dudamos Sra. Fátima Iglesias, tivo que ser moi dificil atopar tanta nulidade para face-la súa candidatura.

                Pois ó lado do que vostede lamenta por ser incapaz de estudiar, outra compañeira súa de Corporación expón datos económicos sobre o custe do “Plan”, vivendas a construir, previsións demográficas,... e outros moitos datos. Polo tanto, os lectores da prensa escrita non poden evitar facer unha comparación sobre a eficiencia laboral de política municipal; por unha banda a Sra. Fátima Iglesias non aporta nada, e a Sra. Beatriz Estévez (Converxenica Galega) aportando datos, o que demostra que está a estudia-lo tema e xa pode quitar conclusións. 6 concelleiros do PP non son capaces de leer e tomar apuntes sobre o “Plan”, a única concelleira de Converxencia Galega demostra que xa ten bastante do “Plan” leido; ¿qué fan os 6 concelleiros do PP?, ¿a qué adican o tempo?. Conclusión que quitamos nos: o seu valor práctico é nulo.

                Logo temos na “Voz de Galicia” o Sr. Miguel Español pedindo discreción a todos; isto soa a certa amenaza matonil, como aqueles abusons do patio da escola. Os nosos lectores deberían lee-la “chandonada 40º” do 2 de Marzo do 2.013; fai 14 meses o noso Alcalde da Guarda xa saía na prensa escrita a falar e expor datos sobre o novo “Plan”. ¿Sr. Miguel Español pensa pedirlle discreción ó Sr. Alcalde da Guarda?. Os membros deste Mirador xa comenzamos a ter coñecemento de datos do novo “Plan” aló polo mes de Setembro do 2.012, i entre os “indiscretos que non guardan sigilo” está vostede Sr. Miguel Español, pois neses intres que exercita a súa gran afección: “ser amigo del buen comer y del mejor beber”, comenza a soltar novedades que os demáis contertulios estámos encantados de escoitar. Lembre o seguinte consello Sr. Miguel Español: “alcohol y secretos no son buenos compañeros. Resulta lamentable que certas persoas alleas ó Concello teñamos información parcial, que un ano despois receben os membros da oposición.

                A pretensión do Sr. Miguel Español (e supoñemos dos seus compañeiros do grupo municipal socialista) é manta-lo “Plan” o máis secreto posible, que non transcenda ós veciños,... pero se fai meses que profesionaís dos ramos da construcción e inmobiliario xa tiñan coñecementos do mesmo. Queridos lectores  deberían lee-la “chandonada 24º” do 31 de Xaneiro do 2.013; fala que a información administrativa municipal é pública, non está amparada pola Lei de Secretos do Estado (Lei 48/1.978). Os nosos políticos están habituados que a información municipal fique dentro dos membros da Corporación, e ós veciños non se lles comunique nada; pois saben que a transparencia informativa failles “pupa”; a información que conten o “Plan” vai ser un privilexio para uns poucos para que logo fagan sustanciosos negocios; mentras moitos veciños permanecen na ignorancia e algún día descubrirán que foron engañados. Os membros da Agrupación Socialista de Nigrán puxeron na súa páxina de internet un acceso ó “Plan de Nigrán”, para que fose de coñecementos dos veciños miñoranos; ¿Sr. Miguel Español vailles pedir discreción e sigilo ós seus compañeiros do PSOE de Nigrán?, os socialistas de Nigrán buscan a transparencia e os socialistas da Guarda a ocultación da información,... ¡¡Isto é unha incoherencia!!

Ós membros deste Mirador gustanos o proceder dos membros da Agrupación Socialista de Nigrán; tamén nós gusta o traballo feito pola Sra. Betariz Estévez (Converxencia Galega da Guarda) por porlle luz ó “Plan”, animamos ós concelleiros do BNG da Guarda a que sigan estudiando o “Plan”. Pedímoslle ós 6 concelleiros do PP na Guarda que se poñan a traballar en serio neste tema, en caso contrario pensen na opción de dimitir. As formas de gobernar do PSOE da Guarda son unha imaxe actualizada do proceder das Corporacións anteriores a 1.977.


Mirador do Monte Ancos, a 5 de Maio do 2.013.

Hermelinda Cara Vieja.  Técnica de Urbanismo del Ayuntamiento de Salsipuedes (Córdoba; Argentina)







1 comentario:

  1. Política y urbanismo, PELIGRO, PELIGRO, del Señor Español mejor ni hablar, sus desatinos son numerosos, no vamos a entrar a que se deben. Pero como sigan así el PSOE guardés tienen los días contados, y no será por los méritos del P P.

    ResponderEliminar