martes, 21 de mayo de 2013

Probabilidade de cobardía


CHANCHONADA  78º

Probabilidade de cobardía.




Aproveitando a festivade das “letras galegas” algúns tivemos a sorte de facer algo de turismo por terras rioxanas e alavesas; foi o Sábado pola tarde cando estábamos na praza do Concello de Vitoria, estamos a tomar un café na terraza, xogar cós miudos,... dan as seis da tarde e soa carillón do concello,...  ¡¡Que sorpresa de música!!, con ela por uns intres todos voltamos a ser nenos e nenas,... é unha música que todos cantamos de nenos:
            “Mambrú se fue a la guerra; ¡que dolor, que dolor, que pena!
            Mambrú se fue a la guerra, no se cuando vendrá.
            Do Re Mi, Do Re Fa. No se cuando vendrá.”

            Seguro que todos lembramos esta canción da nosa infancia, é unha das cancións da infancia que soa igual ou moi similar en México, Arxentina, Rep. Dominicana, ata na Gran Bretaña. Pois aproveitando a canción imos a escoller outros versos:

            “Las noticias que traigo; ¡del dolor, del dolor me caigo!
            Las noticias que traigo son tristes de contar.
            Do Re Mi, Do Re Fa. Son tristes de contar.”

            Según os informantes que durante esta curta ponte festivo-literaria tiveron a ben subir ata aquí e visitar ó “corpo de guardia”; trouxeron novas da recente reunión do “Sanedrín bloqueiro” e non hai disposición a aproba-lo PXOM; dende Converxencia Galega xa tivemos novas polo xornal e disto xa fai uns quince días e támpouco dan apoio. Non cabíamos en nós esperando novas do PP, pero os informantes non chegan, non contestan ós mensaxes do “ghuasha” e isto non é cousa de “güasa” (broma ou brincadeira). Finalmente obtivemos unha pseudo-resposta don formulación matemática:

            Posición do PP da Guarda ante o PXOM: non haberá apoio. Probabilidade de ser certo a día de hoxe é dun 80%. Os nosos informantes confirman e concordan que a postura final depende do que faga certo concelleiro que é “fillo dun galeno”; os nosos informantes confían no mesmo en 4/5 partes, pero teñen 1/5 de dúbidas, pois o citado protagonista podería:
A)    Atoparse mal, esquece-la data,... e non presentarse ó Pleno.
B)     Ter un momento de “amnesía” e absterse na votación.
C)     Ter un intre de “toleira” e votar a favor.
D)    Darlle unha arroutada e deixa-lo PP, para ser concelleiro da dereita única e solitaria.
E)     Que as anteriores variables a realicen outro concelleiro que non é o protagonista.

Con todas estas variables o PXOM prosperaría, habería empate e o voto de calidade do Sr. Alcalde desfaría o empate. As variables A, B e C son preocupantes; de feito a variable A xa leva acontecido algúnha vez; lembremos que no Pleno dos Orzamentos do 2.012 faltaron 2 concelleiros do PP, entre eles a Sra. Fátima Iglesias,... A variable C xa é preocupante, teríamos un elemento discordante dentro do PP, podería ser o inicio que levaría á variable D. ¿Qué sucederá?, ¿qué acontecerá?,...

A variable de D, nun principio non a tiñamos en conta, non a considerabamos factible,... pero visto que un concelleiro do PP de Tomiño abandona o partido e pasa ó grupo de non adscritos do Concello,... pois tivemos que replantexar esta opción. Tivemos que tomala moi en serio, pois hai unha certa música que ainda soa desafinada, pero ten un estribillo que fala de “futuras desercións” nas filas do PP, non falan de lugares, pero dín que son froita madura e presta a deixarse cair nas cestas.

De tódolos xeitos, cada día que pasa, nin os potingües do “Avon” e outras marcas de cosmética dan para porlles unhas caras bonitas e ilusorias ós concelleiros do PSOE guardes, especialmente ós tres con vara de mando na Plaza.
“Y detrás de la tumba; ¡que dolor, que dolor, que turba!
            Y detrás de la tumba, tres pajaritos van.
            Do Re Mi, Do Re Fa. Tres pajaritos van.”

E falando da Plaza, non estaría mal trocarlle o nome a certa cafetería da Praza do Reló e nombrala “Cafetería al servicio Municipal”, pois entre que os funcionarios do Concello caseque pasan tanto tempo nela como nas oficiñas, como que tódolos actos que fai o Concello rematan por beneficiar directa e únicamente a este establecimento,... Só hai que ollar o privilexio da macro-terraza que se marca, que seguramente é legal, está adaptada á normativa,...
Lembrade sempre: “¡¡Roma non paga a Traidores!!”.
           
Mirador do Monte Ancos, a 21  de Maio do 2.013.

Umberto  Vino Nuevo.  Maestro destilador y enologo de Cajón de Ginebra Grande (Chubut, Patagonia; Argentina)



1 comentario:

  1. ribadavila imdependiente xa22 de mayo de 2013, 16:25

    Querido amigo Umberto Vino nuevo

    ¿Que es lo que te sorprende de la actitud del PP?. Este es un plan totalmente asumible por ellos. Es un planeamiento de derechas. Quiero decir un plan donde quitan tajada los de siempre, como siempre. Lo que sorprende es que digan que están en contra. Cosas de ser oposición.
    El susodicho concejal pepero estará en la gloria con la recalificación de la quinta familiar.

    Lo que sorprende no son los grupos de la oposición sino quien presenta el plan. PSOE.
    Me pregunto que opinarían si este plan impuesto desde afuera, lo presentase el PP?. ¿Será por eso lo largo de sus caras?
    Ya sabemos que nuestros dirigentes son bastante “paletiños” y se deslumbran con todo lo foráneo. Es lo malo de ser de provincias.
    Me gustaría saber que opinan sus militantes, claro que el triunvirato de hierro ejerce su poder tal como buenos estalinistas que son. Aquí no se mueve nadie.

    Aun así, viendo el plan mucha gente ha hecho y muy bien, sus deberes. Para eso tenemos amígueles y ahí si que hay movimiento y parece que mucho.
    Sorprende la supuesta izquierda esta que defiende, según ellos, a "o pobo",trate de disimular el pelotazo con mucha zona verde no cargándosela a los especuladores sino al paisano, a mayor beneficio de los especuladores, que ve como sus fincas no valen para nada a pesar de estar bien situadas. Será por aquello de la justicia social y los últimos serán los primeros.
    Pero ya se sabe vivir para ver.

    ResponderEliminar