CHANCHONADA 76º
Evolución e PXOM.
Todos coñecemos a obra de Charles Darwin “A orixe das especies”, o famoso biologo postulaba que as
especies non aparecen por xeración espontánea, o proceso de creación
está rexido pola sección natural, a adaptación da especie ó entorno natural,...
Pois algo así sucede có actual proxecto do PXOM da Guarda, non é unha obra que
surxe da nada, nin é froito da inspiración divina por medio da iluminación do
Espíritu Santo. Toda obra ten un proceso intelectivo, primero aparece unha
idea, logo esta madura e toma forma para finalmente ser un proxecto estudiado
que está á espera de facerse realidade.
Fai uns meses acudimos
á presentación oficial e pomposa do “Plan Especial para o Monte”; acudimos como
parte do público; ó final da ceremonia con descaro ollamos varias páxinas do
mesmo e simulando atender unha chamada ó móvil fixemos varias fotos a unhas
páxinas que reclamaron a nosa atención. Esas páxinas falaban dun proxecto
denominado “Porta do Monte”. As fotos foron descargadas ó ordenador e logo
tratadas nun programa fotográfico, imprimidas e expostas no noso taboeiro de
cortiza. Pasaron as semanas, e un de nós quedouse ollando as fotos desa páxina
e de súpeto saltou a chispa da inspiración, ¡¡BINGO!!, rápidamente buscou un
libreto e aquelas fotos clandestinas coincidían á perfección coa fotografía da páxina 68 da “Memoria de Ordenación do Avance do PXOM de
Setembro do 2.005”,
agora xa eramos capaces de porlle nome a certa liña vermella debuxada sobre o
Monte: ¡¡teleférico!!
Brincamos todos de
ledicia, pero esta durou pouco ó olla-la seguinte foto da páxina 69, un
fotomontaxe dunha vista area da Guarda, simulando como quedaría tras
finaliza-lo PXOM proxectado no 2.005. Nese intre entendemos
todo. ¡¡O proxecto do PXOM do 2.005 é o proxecto ó completo!!,
un gran proxecto urbanístico a facer nos próximos 30 a 50 anos. Mentras que o
actual proxecto que están a estudia-los nosos concelleiros con tanto sixilo, só
é a posta en práctica da 1ª fase do PXOM do 2.005; despois de aprobado e
realizado, entrará outro proxecto que será a 2ª fase do PXOM do 2.005.
1ª Fase do PXOM do 2.005 = actual proxecto de PXOM 2.013. Creación dunha nova área urbana na zona
noreste e sureste de Camposancos; ou sexa a zona que vai dende o Palomar
e Pasaxe ata ó actual emplame da estrada Camposancos-Pasaxe. Reordenación da
zona da Sangriña, retirando o actual empalme da estrada Camposanco-Pasaxe e
sitúandollo na zona do Cemiterio da Guarda. Na zona onde está o actual empalme
desas estradas, na súa próximidade estará a base do teleférico.
2ª Fase do PXOM do 2.005 = futurol proxecto de PXOM 2.02X??.
Expansión da nova área urbana de
Camposancos, polo sur, suroeste e oeste, creación do novo centro urban da Vila
nos Bechos-Longra; ou sexa novas urbanizacións na zona do Codesal,
extender a zona oeste de Camposancos ata chegar á baixada da Praia do Muiño;
finalmente teríamos un contínuo urbano dende a baixada da praia ata a
Sangriña-Cemiterio da Guarda, ali xa estamos có centro novo da Vila (Bechos-
Longra).
3ª No proxecto do PXOM do
2.005 xa está debuxado a liña para o teleférico; só que nese intre
aínda non tiña nome; hoxe xa ten nome no “Plan Especial para o Monte” e tamén
no proxecto do PXOM do 2.013.
Os nosos concelleiros de goberno saben que o proxecto do PXOM do
2.005 era moita cousa a facer, demasíado descarados os pelotazos que se ían
dar,... solución dividilo en dúas ou tres fases para que fose máis liviano e
pasase desapercibido. Eles saben que os concelleiros da oposición non
van a estudiar nada do presentado no PXOM do 2.013, son moitos planos,
carpetas, proxectos sectoriaís,... e moito menos ían busca-lo proxecto do PXOM
do 2.005 para facer unha comparación; polo tanto o risco de descubri-lo todo
era mínimo, o proceso de macro-urbanización a realizar estaba ben escondido.
¿Verdade Sr. Freitas?; só que na súa ecuación faltaba unha varible: nós. Agora
xa sabemos porque o “Plan Especial para o Monte” está tan escondido e vostede
non llo deixa a ninguen.
Os profesionaís da
construcción e afíns se teñen unha copia do PXOM do 2.005 poden (deben)
olla-las páxinas indicadas; verán que esas fotos non teñen nada que ver có
producto pseudo-ecoloxista e de protección do entorno natural do Monte que nós
queren vender algúns. Finalmente: Querido
Camposancos estás no centro dunha diana dun macro-proxecto de expansión
urbanística, todo ó teu redor, pero nada no teu beneficio; pois ó teu redor as
urbanizacións van medrar como os cógumelos no Outono.
¡¡¡1.000
primaveiras máis para o idioma galego!!!
Mirador do Monte Ancos, a 16 de Maio do 2.013.
Pedro Alemán Francés.
Profesor de Arameo Clásico en la Universidad de Porrera (Tarragona; España)
Sr. Freitas quiere dejar un gran legado a los Guadeses una deuda que ni en 1 siglo conseguimos pagar, teleférico, urbanizaciones en camposantos, calles, …
ResponderEliminarPara ello es necesario invertir en la depuradora, sistema eléctrico, alcantarillado, servicio agua potable con nuevos depósitos, ufffffff cuantas cosas me Viena a la mente esta lista es enorme y si la pienso en euros también y si la paso a pesetas mi abuela dice ni en el banco mas grande hay ese dinero.
Sólo espero que los partidos de oposición no lo permitan, aunque con el PP siempre tengo una gran duda en el equipo de “Ricitos de Oro” quien será la que va faltar al pleno cuando tenga la votación, antes uno por tener una enfermedad sin cura nunca quiso dimitir, ahora tienen una siempre falta no sabemos el porque. Así en PP de A Guarda es igual as PSOE porque ante un empate de votos el voto del raposo Freitas vale el doble.
Para los Guardes, que leemos este mirador y tenemos facebook deberíamos compartir estas lecturas para que mas personas conozcan lo que quiere hacer el Sr. Freitas.
ResponderEliminarEn este momento sólo podemos manifestar nuestro desagrado y negativa, somos el pueblo y nuestra opinión debe prevalecer sobre los deseos de nuestros políticos inútiles, que sólo piensa en su beneficio.
El espíritu de 15 M vive en nosotros, ahora nos manifestamos nuestro desagrado hacia político, banqueros, …