CHANCHONADA 81º
Democracia
práctica.
Hoxe imos
falar sobre o PXOM da Guarda pero dende un punto de vista que pode tamen ser de
aplicación a outros temas dos concellos, sexa o da Guarda, Rosal, Tomiño, Tui,
Oia,... ou outro calqueira. A democracia é o poder do pobo,
os nosos gobernantes están moi mal acostumados e só queren que nós os cidadáns
o exerzamos cada 4 anos, para votar na elección dos deputados, senadores,
concelleiros,... Pero, na democracia
existe outra medida que é a consulta
popular, este é o procedemento polo cal os veciños cós seus votos
deciden sobre temas importantes. Por desgracia, os nosos gobernantes
non gostan de usar este procedemento de democracia directa e consultiva.
A Lei 7/1.985 (Lei de Bases do
Réximen Local); a consulta popular está lexislada tanto no seu artigo 70 bis,2
onde os veciños con +15% sinaturas dos veciños poden exerce-la iniciativa de
solicitar unha consulta popular. Tamén o Pleno do Concello pode decidir someter
un asunto a consulta popular. Lamentablemente con ser legal o procedemento,
nunca se leva a cabo.
Polo tanto tomando como base a Lei 7/1.985, habería tres formas de
facer unha consulta popular:
1º) Pola inicitavia dos veciños, con sinaturas de +15% dos veciños;
no caso da Guarda chegan con 1.570 sinaturas.
2º) Moción dun grupo de veciños propondo ó Pleno que aprobe a iniciativa
de facer unha consulta popular.
3º) Por
iniciativa do Pleno do Concello de facer unha consulta popular.
Pero nesta lexislación estatal o
procedemento non está nada ben lexislado, pero logo ollando o artigo 257º da Lei 5/1.997 da Xunta de Galicia que regula
a Administración Local de Galicia; este tema está algo mellor explicado:
1º) Acordo do Pleno do Concello por maioría
absoluta.
2º) O Concello remitirá á Xunta
de Galicia unha copia literal do acordo adoptado, precisando os termos da
consulta popular.
3º) O Consello da Xunta de Galicia remitirá a
petición do Concello ó Goberno Central, podendo adxuntar un informe sobre a
conveniencia de facer tal consulta.
4º) Correspondelle
ó Goberno Central autoriza-la celebración da consulta.
5º) Concedida
a autorización; o O Consello da Xunta de Galicia convocará a consulta popular
por Decreto.
6º) O Decreto de convocatoria terá o texto
íntegro da disposición municipal que é obxecto de consulta, debe sinalar dun
xeito moi claro a pregunta que debe responde-lo corpo electoral convocado;
determinará a data na que debe facerse a consulta, a cal debe facerse entre os
30 e 60 días posteriores á publicación do Decreto.
Xa está ben de tanto sigilo, secretismo, ocultismo,...
nunha democracia madura, as decisións importantes deben
ser tomadas polos cidadáns. A nós non nos vale iso de falar de
soberania nacional, de autodeterminación,... e logo facer igual que os outros,
o pobo a pagar impostos e a calar. Nós
queremos que sexa ó revés, que có seu voto os cidadáns decidan e os políticos
calen e acaten. A democracia é moito máis que votar cada 4 anos, ahi
que practicala.
Sabemos que o PXOM ainda non foi
levado a Pleno, polo tanto ainda non foi aprobado,... ainda está nesa fase de
secretismo que algúns con moita cara dura chaman sigilo. Xa temos demostrado
aquí que a figura da consulta popular é legal, está na nosa lexislación, e
tamén temos explicado como é o procedemento para levala a cabo.
Lanzamos a seguinte pregunta ós grupos políticos do Concello da
Guarda: ¿están vostedes dispostos a
somete-lo tema do PXOM a consulta popular dos cidadáns da Guarda, antes de
aproba-lo no Pleno do Concello?. Senón a nós nos parece que a
este proxecto de PXOM vaille pasar como ó rodaballo da famosa cantiga:
“aquí acaba a historia
do famoso rodaballo
que por non haber azeite,
¡ui ai ai, ui ai ai!
que por non haber azeite,
¡ui ai ai, ui ai ai!
houbo que comelo asado”
Pero nós nos tememos que non vai haber azeite, nin outro elemento
oleaxionoso, non vai ser asado, imolo a ter que tragar crudo e duro; só que uns poucos comerán a carne do
rodaballo e outros moitos teremos as espiñas.
Mirador do Monte Ancos, a 26 de Maio
do 2.013.
Sor Tránsito
Hatas Cado.
Reverenda Abadesa e Directora do
Colegio Univesitario de Santa Viatura; Profesora de Ciencias Políticas (Presidente Prudente; Sao Paulo; Brasil)
No hay comentarios:
Publicar un comentario