miércoles, 15 de mayo de 2013

Paro en Abril 2.013


CHANCHONADA  75º

Paro en Abril 2.013.




Datos do desemprego de Abril do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Abril cun saldo -2 desempregados, gracias ós postos de traballo creados na Guarda e Rosal; ¿ou polo número de mozos e mozas que emigran?; os outros concellos seguen sumando desempregados.

A Guarda  en Abril de 2.013  = 1.067 parados  (Homes 523 e Mulleres 544)
                Menores de 25 = 74 (Homes 35 e Mulleres 39)
                Entre 25 e 44 = 574 (Homes 270 e Mulleres 304) (53,79% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  419 (Homes 218 e Mulleres 201)

                Agricultura = 157
                Industria = 146
                Construcción = 141
                Servicios = 547  (51,26% do total de desempregados)
                Sin emprego =  76               

Na Guarda o paro baixa en 7 persoas, só baixa o grupo de entre 25 e 44 anos. Os sectores que aportan subidas, +2 na agricultura, +2 no grupo de sen emprego anterior; crea 2 empregos a industria, +6 a construcción e 3 nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -0,65%, pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +5,12%, con +52 parados. Nós nosos datos históricos, o paro na Guarda está cerca dos máximos históricos, no que vai de ano xa temos 5 parados máis. Coas saídas dos mozos que emigran, fai que os grupos de idades superiores a 25 anos a 44 sexa o único onde baixa o paro en 14 persoas, os demáis grupos de idades medran en número.

O  Rosal  en Abril de 2.013  = 817 parados  (Homes 408 e Mulleres 409)
                Menores de 25 = 60 (Homes 30 e Mulleres 30)
                Entre 25 e 44 = 396 (Homes 203 e Mulleres 193)  (48,47% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  361 (Homes 175 e Mulleres 186)

                Agricultura = 108
                Industria = 144
                Construcción = 163
                Servicios = 358 (43,81% do total de desempregados)
                Sin emprego =  44

No Rosal o paro baixa en 8 persoas, baixa en -6 grupo de +45 anos e -2 os menores de 25; o grupo de 25 a 44 non ten trocos. Sube no sector en +8 na industria; hai unha creación de 5 empregos de  nos servicios, tamén baixa o paro en -1 no sector de sen emprego anterior e -5 na agricultura e -5 na construcción. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -0,97%,  pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +4,53%, con +37 parados. Nestes meses de 2.013, o desemprego no Rosal xa leva subido en 12 persoas, ó igual que na Guarda tamén xa comenzan a notarse os efectos dos mozos que emigran. Xunto á Guarda son os únicos concellos onde o paro baixa, pero creemos que xa se nota aquí tamén o efecto migratorio.

Oia    en Abril de 2.013  = 394 parados  (Homes 221 e Mulleres 173)
                Menores de 25 = 35 (Homes 26 e Mulleres 9)
                Entre 25 e 44 = 212 (Homes 115 e Mulleres 97)  (53,8% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  147 (Homes 80 e Mulleres 67)

                Agricultura = 47
                Industria = 49
                Construcción = 74
                Servicios = 187  (47,46% do total de desempregados)
                Sin emprego =  37

En Oia o paro non sube, número de parados novos cero, grupo de +45 anos non hai trocos, sube en +2 os menores de 25 e baixa en -2 o grupo de 25 a 44 anos. Sube o paro en, +1 na industria, en +2 persoas o grupo de sen emprego anterior; baixa en -1 na agricultura, servicios e construcción. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,0%, pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +9,39%, con +37 parados. No nosos datos, isto é un máximo histórico nos datos do paro en Oia, no que vai de ano xa temos 33 veciños máis en desemprego; os sectores económicos en Oia son incapaces de xerar emprego, pero xa deixan de destruir, o cal é un signo, pero tamén ¿¿podríamos estar nos primeiros indicios de emigración??.

Tomiño    en Abril de 2.013  = 1.905 parados  (Homes 957 e Mulleres 948)
                Menores de 25 = 181 (Homes 98 e Mulleres 83)
                Entre 25 e 44 = 930 (Homes 460 e Mulleres 470)  (48,81% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  794 (Homes 399 e Mulleres 395)

                Agricultura = 205
                Industria = 294
                Construcción = 371
                Servicios = 886  (46,5% do total de desempregados)
                Sin emprego =  149
           
En Tomiño o paro sube en 8 persoas, as subidas afectan ós grupos de idade de +25 anos, e baixa en -6 no sector de menores de 25 anos . Baixa o paro con -4 empregos na construcción e -5 en sen emprego anterior; os demais sectores aportan parados, +11 na agricultura, +4 na industria, +2 nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,42%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +174 parados, un +9,13%; no que vai de ano o paro ten subido en +100, un +5,25%. Sen discusión algunha, Tomiño ten unha mala situación no referente ó desemprego; pois os seus datos están en máximos históricos.

Tui    en Abril de 2.013  = 2.375 parados  (Homes 1.105 e Mulleres 1.270)
                Menores de 25 = 188 (Homes 115 e Mulleres 73)
                Entre 25 e 44 = 1.252 (Homes 565 e Mulleres 687)  (52,71% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  935 (Homes 425 e Mulleres 510)

                Agricultura = 95
                Industria = 427
                Construcción = 371
                Servicios = 1.206  (50,78% do total de desempregados)
                Sin emprego =  276
           
En Tui o paro sube en 5 persoas, as subidas afectan ós menores de 25 anos con +5 desempregados e maiores de 45 anos con +6 desempregados, e baixa en -6 no sector de 25 a 44 anos . Baixa o paro con -7 empregos a industria; suben en +2 a agricultura, +5 a construcción, +1 os servicios e +4 sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,21%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +193 parados, un +8,13%; no que vai de ano o paro ten subido en +138, un +5,81%. Hai que recoñecer que Tui ten a peor situación no referente ó desemprego, os seus datos están en máximos históricos.

Aquí están os datos de desemprego do mes de Abril do 2.013; as taxas de desemprego de Tui e Tomiño están por riba do 22%. Creemos que os gobernantes deberían aparca-las siglas partidistas e comenzar a ofrecer solucións reais e prácticas. Polas nosas estadísticas agora debería comenzar unha tempada de baixada do paro, que se intensificará nos meses de Xullo, Agosto e Setembro; logo chegará Outubro o mes negro, onde rematan tódolos traballos da tempada estival e algúns máis. Se os datos desta tempada estival están por riba do ano pasado, mal asunto, a destrucción de emprego vai a seguir durante os meses do outono e inverno. A conclusión é que a situación é moi mala, pero na Guarda e Rosal xa se notan os números dos mozos e mozas que emigran, e supoñemos que isto vai a pasar nos outros concellos.

Respecto ó crecemento do desemprego nos últimos 12 meses, vemos que O Rosal e A Guarda teñen crecementos ó redor do 5% ou inferiores; mentras que Oia, Tomiño e Tui teñen crecementos que están por riba do 8%; polo tanto os números demostran que nestas localidades o paro está a medrar a un ritmo moi forte.


Mirador do Monte Ancos, a 15  de Maio do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).





1 comentario:

  1. Es muy importante saber cuanta gente se ha dado de baja en el censo en los municipios del Baixo Miño.
    Creo que la cifra va ser grande en estos 5 ó 4 años puede ser en A Guarda e o Rosal de 125 personas o cerca de 200.

    ResponderEliminar