CHANCHONADA 73º
A realidade económica
Todos temos escoitado falar do exeñeiro norteaméricano Murphy e o seu
pesimismo, un pesimismo que ficou e creo escola; así temos a 2ª Lei de Pudder: “todo o que comenza mal, remata de puta
pena”. A realidade é
moi terca, e sempre remata por impoñerse sobre as ilusións, fainos chorar, desesperar,...
pero non temos máis remedio que aceptala e convivir con ela. Hoxe imos falar do
PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), pero imos a colle-lo de Vigo.
O PXOM de Vigo comenza a redactarse aló polo ano 2.000, baixo un
goberno do BNG i emplena fase de expansión do mercado inmobiliario, da
construcción,... anos despois é
aprobado polo goberno municipal do PP, pero cando vai entrar en vigor xa é o ano 2.007; neses intres xa está
comenzando a actual crisis económica, no final dese veran os Bancos cortan
o grifo dos créditos. Tódalas previsións económicas, edificatorias,
demográficas na que estaba basado o PXOM de Vigo xa quedan desfasadas. A venta
de inmobles comenza a cair en picado, o prezo dos terreos tamén cae en
picado,... a promesa electoral do actual Alcalde de Vigo de construir 6.000
vivendas de protección ó amparo do Plan fican é verborrea de campaña
electoral,...
Xa van 6 anos da
entrada en vigor do PXOM de Vigo, da promesa das 6.000 vivendas de protección,
nada de nada; a situación económica da cidade de Vigo leva empeorado moitísimo
cunha taxa de desemprego de 26%, sendo unha das máis alta de Galicia, o grifo
dos créditos bancarios seguen máis pechados que en 2.007,... ¿qué expectativas
ten de ser realidade o plasmado nese Plan?, pois realmente son nulas. Hai que
recoñecer que o papel o soporta todo, pero o importante é a realidade, e a
realidade imponse e borra tódalas previsións que tiña ese Plan. Por decilo
dalgun xeito ese Plan xa naceu morto.
Para o cidadán normal,
non resulta comprensible como se pode tardar tanto tempo desde o intre de
comenzar a redactar un Plan ata que está finalizado; pois é evidente que canto
máis tempo pasa, máis desfasada quedan as previsións; ou como acontece aquí
totalmente erroneas por estar superadas pola realidade, que é netamente
contraria ó sinalado no Plan. Támpouco entenden os cidadáns porque cada poucos
anos hai que meterse no lio de facer outra normativa nova, ¿tan difícil é facer unha normativa de planificación a 30, 40 ou 50
anos vista?, ¿porqué os políticos están cada pouco trocando a normativa
legal sobre o solo, a edificación, a costa, a protección de espacios,...?, isto
non fai máis que tolear os profesionaís, os propietarios de terreos, ós
propietarios de vivendas,...
Pois se o PXOM de Vigo está totalmente desfasado, imaxinense un Plan
para A Guarda que comenzou a redactarse aló polo anos da expansión inmobiliaria,
cando o prezo da vivenda subía e subía,... cousa que non acontece agora; cando
a taxa de desemprego estaba na Guarda ó redor do 7%; naqueles anos os
directores dos bancos pelexabanse por darte un crédito para mercar piso, casa,
coche, mobles,... hoxe nin te miran á cara. Se te achegas a unha oficiña
bancaria a pedir un crédito de 1 millón de € para facer un edificio de 10
vivendas, o director se ti lle pagas ese diñeiro vendete 15 vivendas novas,
recen construidas e a estrenar, pois ó seu Banco sóbranlle piso e casas.
En conclusión o PXOM
de Vigo naceu coa crisis económica i esta o matou; ¿qué lle acontecerá ó ainda
non nato PXOM da Guarda “fecundado” na expansión da burbulla inmobiliaria e que
vai nacer nos piores anos da crisis económica?. Pois moi seguramente lle pase
coma ó seu “primo de Vigo”: recen
nado e xa morto. Por moitas contas de leiteiras que se fagan, logo
chegas ó fielato e o funcionario municipal de arbitrios coa realidade derrumban
as contas irresponsables e ilusorias que se fixeran.
¿Non entendemos isto
do silención “administrativo municipal”?, por moito calar este tema, tapalo e
ocultalo, o menino vai nacer morto, e teremos que darlle enterro; pois para que cheguen as próximas “vacas
gordas” ainda teremos que esperar varios anos, moitos veciños marcharán
para Europa a traballar e o paro tardará en baixar. Finalmente señoras e
señores concelleiros, lembrarlles que: “de ilusións viven os tontos
dos….”
Fielato: antiguas casetas que había nas entradas de vilas
e cidades para cobrar impostos municipais sobre as mercadurías e alimentos que
entraban.
Mirador do Monte Ancos, a 11 de Maio do 2.013.
Soy uno de los culpables de que el número de visitas a su blog aumente día a día, gracias, dan un poco de aire nuevo a esta vida monótona y aburrida.
ResponderEliminarTodos sabemos que Urbanismo es la joya de la corona de cualquier Gobierno Municipal, y que detrás de cualquier PXOM hay cantidad de personajes que intentan colocar sus intereses. Destapen a los que se benefician de este Plan que tratan de ocultar con su silencio, porque (habelos, hailos).
FIELATO. En la ELECTRICA y junto a la casa del CARBALLO (había unos guardias a cobrar a los paisanos que salían con los caballos o carros cargados de argazo, también los que venían de la zona de las Loucenzas tenían que pagar en un puesto que había por la zona de la casa de Riego.