lunes, 13 de mayo de 2013

Verdades sobre o Paro


CHANCHONADA  74º

Verdades sobre o Paro.





           Mentras dous compañeiros adicanse en corpo e alma ó tema do San Xerome; os membros con máis formación matemática estivemos traballando sobre os datos de paro, pois xa sabemos con certeza que a inmensa maioría dos nosos gobernantes, dirixentes de comerciantes e altos funcionarios locais descoñecen este tema,... Por petición que nos fixeron chegar certos concelleiros de Tomiño e Tui, tamén imos de aquí en adiante a estudiar estas dúas localidades veciñas. O seguinte é unha táboa onde están os datos de números de parados, no intre máis baixo e no máis alto, o diferencial que hai entre eses dous intres, así como o incremento porcentual:

A Guarda  en Setembro do 2.005 =  499 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 1.074 parados (valor máximo); incremento en +575 parados (+115,23%)

O  Rosal  en Agosto do 2.005 =  424 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 825 parados (valor máximo); incremento en +401 parados (+94,57%)

Oia   en Xullo do 2.005 =  159 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 394 parados (valor máximo); incremento en +235 parados (+147,8%)

Concello  Unificado    en Setembro do 2.005 =  1.090 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 2.293 parados (valor máximo); incremento en +1.203 parados (+110,37%)

                Resalta o forte incremento do paro de Oia; xa nos primeiros escritos sobre as economías municipais xa deixabamos claro que Oia inicia antes os procesos de crisis e por desgraza tamén é a última en sair. Hoxe xa podedes ver que tamén dos nosos tres concellos é onde máis crece o paro. Se ollamos as gráficas vemos que a pendente de crecemento dos tres son moi similares, pero acontece que nos últimos 12 meses tanto na Guarda como no Rosal xa comenzan a sentirse numéricamente os centos de mozos e mozas que están a emigrar (“movilidad geográfica funcional” como dicen certos ministros do PP), facendo que o crecemento dos máximos sexan menores. 

Tomiño    en Xullo do 2.005 =  832 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 1.897 parados (valor máximo); incremento en +1.065 parados (+128%)

Tui    en Xullo do 2.005 =  1.157 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 2.370 parados (valor máximo); incremento en +1.213 parados (+104,84%)

Baixo  Miño    en Xulloo do 2.005 =  3.113 parados (valor mínimo)
                Marzo do 2.013 = 6.560 parados (valor máximo); incremento en +3.447 parados (+110,73%)

                O segundo maior incremento do paro rexistrase en Tomiño; pero tanto os datos de Tomiño como Tui son preocupantes. Por exemplo a poboación de Tomiño e similar a de Oia e A Guarda, estas dúas no mes de Xullo do 2.005 tiñan conxuntamente 677 desempregados, mentras que Tomiño xa tiña 832, ou sexa un +22,9%. Podemos facer outra aproximación similar, Tui ten unha poboación similar a do Rosal e A Guarda; no mes de Xullo do 2.005 nós tiñamos 965 desempregados e Tui 1.157 parados, un +19,9%.

                Hoxe no Marzo 2.013 o valor conxunto da Guarda e Rosal é de 1.899 parados, mentras que Tui xa rexistra 2.370 parados, un +24,8%. No Marzo 2.013 o valor conxunto da Guarda e Oia é de 1.468 parados, mentras que Tui xa rexistra 1.897 parados, un +29,22%. Tanto os datos numéricos, porxentaxes comparativos, como as gráficas demostran que a pendente de crecemento do desemprego tanto en Tui como en Tomiño teñen unha pendente de angulo superior ós outros concellos miñotos; polo tanto o paro está crecendo a un ritmo máis rápido en Tomiño e Tui; as súas corporacións deberían pensar e traballar duro neste tema.

Por desgracia a nivel oficial, non existen estadísticas certas sobre o proceso migratorio que estamos a ollar na Guarda e Rosal; támpouco é que os funcionarios do SEPE (antigo INEM) traballen neste tema, algúns xa lles chega có selado de tarxetas, atende-lo gran número de parados, ou buscar contratos para as súas orquestas...

Mirador do Monte Ancos, a 13 de Maio do 2.013.

Camila  Rosa Clara.  Directora comercial adjunta de Abanderado, en Quitacalzón (Valdivia; Chile)






1 comentario:

  1. Y A TODO ESTO EN LA PRIMERA PÁGINA DE LA VOZ DE GALICIA DE MARTES 14/05/2013
    BRUSELAS PROPONE A ESPAÑA UN CONTRATO ÚNICO PARA EMPLEOS TEMPORALES Y FIJOS.
    Se busca más flexibilidad par el despido y la contratación.
    Rajoy asegura que no habrá combios en la Reforma Laboral.
    YA VEN USTEDES LAS SOLUCIONES DE LA TROIKA.
    ¡ VIVA LA COMUNIDAD EUROPEA Y LA POLÍTICA DEL P.P.!!!!!!

    ResponderEliminar