viernes, 24 de mayo de 2013

Efecto Nadal



CHANCHONADA  80º

Efecto Nadal.




             Cando chega o Nadal tódalas rúas máis importantes das nosas vilas e pobos brilan fermosas coas luces que hai nas rúas, iso si pagadas cós diñeiros dos nosos concellos; claro que é para anima-lo comercio, incentiva-las compras navideñas, mercar regalos, ceas de empresas,... ¿Pero toda esta inversión de diñeiro público para activa-lo comercio local xera emprego?; a nosa conclusión é que non xenera emprego, realmente esta inversión o único fin práctico é fomentar uns beneficios privados do sector comercial e pouco máis.
            Imos a demostrar isto cós datos estadísticos que temos; tomaremos como “camapaña de Nadal” os meses de Novembro como inicio, Decembro e Xaneiro qué o remate do Nadal e a parte alta da tempada das rebaixas de inverno. Entón calcularemos a diferencia no número de parados que hai entre o mes inicial é o final.
Nadal do 2.006:
A Guarda = +68 parados;   O Rosal = -23 parados;  Oia = +16 parados;  Unificado =  +61 parados
Tomiño =  +53 parados;  Tui = +51 parados;  Baixo Miño = +165 parados
Nadal do 2.007:
A Guarda = +21 parados;   O Rosal = +73 parados;  Oia = +8 parados;  Unificado =  +102 parados
Tomiño =  +4 parados;  Tui = +81 parados;  Baixo Miño = +187 parados
Nadal do 2.008:
A Guarda = +4 parados;   O Rosal = +61 parados;  Oia = +23 parados;  Unificado =  +88 parados
Tomiño =  +70 parados;  Tui = +67 parados;  Baixo Miño = +225 parados
Nadal do 2.009:
A Guarda = +56 parados;   O Rosal = +46 parados;  Oia = +31 parados;  Unificado =  +133 parados
Tomiño =  +150 parados;  Tui = +195 parados;  Baixo Miño = +478 parados
Nadal do 2.010:
A Guarda = +142 parados;   O Rosal = +83 parados;  Oia = +27 parados;  Unificado = +252 parados
Tomiño =  +124 parados;  Tui = +35 parados;  Baixo Miño = +411 parados
Nadal do 2.011:
A Guarda = +32 parados;   O Rosal = +67 parados;  Oia = +19 parados;  Unificado =  +118 parados
Tomiño =  +72 parados;  Tui = +70 parados;  Baixo Miño = +260 parados
Nadal do 2.012:
A Guarda = +75 parados;   O Rosal = +43 parados;  Oia = +18 parados;  Unificado =  +136 parados
Tomiño =  +120 parados;  Tui = +151 parados;  Baixo Miño = +407 parados
Nadal do 2.013:
A Guarda = +6 parados;   O Rosal = -7 parados;  Oia = +21 parados;  Unificado =  +20 parados
Tomiño =  +88 parados;  Tui = +51 parados;  Baixo Miño = +159 parados
Efecto  Nadal   Acumulado:
A Guarda = +404 parados;   O Rosal = +343 parados;  Oia = +163 parados;  Unificado =  +910 parados
Tomiño =  +681 parados;  Tui = +701 parados;  Baixo Miño = +2.292 parados

1º)  O estudio vai dende anos previo á crisis ata hoxe, que son anos de crisis; neste período de 8 “efectos Nadal” soamente houbo creación de emprego no Rosal, no ano 2.006 e no ano 2.013; tódolos demais rexistran incremento do paro. Incluso nos anos de expansión da economía o “efecto Nadal” xera paro.

2º)  Resulta evidente que todo o diñeiro público que os nosos concellos gastan en luces de Nadal, en panxoliñas e outras parafernalias,... non redunda na creación de empregro.

3º)  Na maioría dos períodos obxecto de estudio, o incremento do paro é máis notable nos concellos de Tomiño e Tui, con fase de máis do 60%, especialmente nos últimos anos.

4º) Nos datos acumulados ó longo do período, os resultados son moi malos; Tui e Tomiño acumulan pouco máis do 60% do paro total creado.

5º)  Sres. Alcaldes, concelleiros de comercio e facenda, Sres. dirixentes das asociacións de comerciantes, Sres. comerciantes imos a ter que estudiar moi en serio isto das festividades de Nadal, do promoción do comercio local, do diñeiro público que investimos,... Pois os datos númericos amosan que se está facendo mal, moi mal,... non hai resultados que beneficien á sociedade.

Conclusión final: sabemos que equivocarnos é de humanos, rectificar é de sabios, pero manterse no error é de tontos. Deixamos de lado que a maioría dos nosos gobernantes locais e dirixentes das asociacións de comerciantes non comprendan a linguaxe matemática,... Xa deixamos demostrado que as cousas están a facelas mal, polo ben de todos deben de rectificar e actuar de outra maneira; en caso contrario logo vostedes non se extrañen que os cidadáns comencemos a pensar que estamos dirixidos por tontos.

Mirador do Monte Ancos, a 24  de Maio do 2.013.
Elpidio  Dineral  Albanco.  Director comercial de la zona Oeste y miembro del Consejo de Administración del Banco Jones (Escondido; San Diego; California; USA)




No hay comentarios:

Publicar un comentario