jueves, 28 de febrero de 2013

Prezo do petróleo


CHANCHONADA  39º

Prezo do petróleo




               Hoxe non imos a falar dos nosos concellos, dos nosos políticos, dos funcionarios,... Imos a tratar sobre o petroleo, ese elemento que inflúe moito nas nosas vidas, cando enchemos o depósito do coche, no gasoil da calefacción, no IPC,... Hoxe xoves día 28 de febreiro de 2.013, o barril de Brent (precio referencia para Europa), o petróleo cotizou a un máximo de 112,10$ e un mínimo de 111,73$. Pero imos ver como foi evolucionando nestes últimos anos.

            Comenzamos có ano 2.008, a comenzos dese ano o barril de Brent acadaba os 138$, coa crise, en poucos meses esta materia prima ten un forte descenso ata os 45$. No ano 2.009, o petróleo tivo unha forte subida, realmente foi a maior subida nos últimos 10 anos (+75%); durante o ano 2.010 segue subindo, dun xeito máis moderado (+9,7%). Este forte repunte desta importante materia prima, fixo que as economías que estaban tentando sair dunha recesión, voltasen a entrar de novo no proceso de crise ou agravando a mesma. No ano 2.011 en Europa observase unha forte caida do consumo desta materia prima, pero o barril de petróleo Brente pechou o ano 2.011 con outra alza do seu precio (+12%); chegando a marcar máximos no 15 de Maio de 126,95$. Logo durante o ano 2.012 o prezo mostra unha certa estabilidade, con rangos de prezos entre os 105$ e 118$; ainda que durante o 19 de Febreiro do 2.012, tocou máximo de 127$. Ná gráfica, os mínimos son ascendentes, e isto é unha señal de seguir a pauta de prezos máis altos.

            Podemos ver que a pesar de estar en crise, o prezo desta importante materia prima non baixa, máis ben segue de momento unha pauta alcista. Polo tanto cabe esperar prezos máis altos. Craro que nós o petróleo o pagamos con €, pero a nosa moeda, que de momento cotiza por riba do $, fixo que non nótasemos todo o camiño alcista do prezo do petróleo dende o ano 2.009.

            Ollando a gráfica de cotización entre €/$; nos últimos meses está formando unha liña de mínimos no cruze dos 1,22$ por €, pero os máximos seguen unha pauta minguante. Estáse a formar una figura triangular, onde a liña de mínimos forma o cateto base, mentrás que a liña que xunta os máximos descendentes, forma a liña de hipotenusa do triángulo. Esta figura nos estudios gráficos de prezos, forma parte das figuras baixistas; polo tanto, nas próximas semanas e meses o € vaise ir depreciando frente ó $.

            ¿Qué conleva esta depreciación do €?, pois ainda que o petróleo manteña o prezo, o valor dos nosos combustibles van seguir subindo, pero se o petróleo segue subindo pouco a pouco, as subidas que imos a notar van a ser máis altas. A conclusión é nitida: gasolina e gasoil máis caros para os vindeiros meses; logo veremos incrmentos nos prezos de alimentos, transporte e outros productos, inflacción máis alta e menor poder adquisitivo dos salarios.

            Consello tenten non consumir en balde, enche-lo depósito os luns. Ós nosos gobernantes locais, recomendarialles o mesmo, pero eles teñen unha ferramenta, tentar deixarse de “aldeanismos” e facer unha “central de compra conxunta” para comprar e almacenar unha certa reserva de combustible,.. pois os prezos que veñen non están nós seus cálculos orzamentarios. Realmente cando presentan os orzamentos, este dato non o teñen en conta. Pero, coñecendo o material intelectual-politico que temos, non van facer nada, cada un polo seu lado, a final de ano as contas non cuadran, e entón a solución de sempre: subir impostos.

            Ah, non esquezan que o prezo das gasolinas, gasoil,... é unha gran fonte de ingresos vía impostos para o Estado; ¿saben vostedes quen están rezando para que suba o prezo do petróleo?

PD/ Queremos dar as grazas ós amigos do Mirador por aceptar esta colaboura.

Mirador do Monte Ancos, a 28 de Febreiro do 2.013.

Francisco  Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO  JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).



No hay comentarios:

Publicar un comentario