CHANCHONADA 29º
Adeus meus amigos.
Todos coñecemos este poema da nosa Rosalía de
Castro, da súa gran obra “Follas Novas”.
“Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia sin homes quedas
que te poidan traballar”.
“¡Ánimo compañeiros!
toda a terra é dos homes;
aquel que viu nunca máis que a propia,
a iñorancia o consume.
Por desgracia os gobernantes deste país non aprenden da
nosa historia, despois de 150 anos seguimos a “exportar” homes e mulleres para que
traballen en paises extranxeiros. Sabemos que a crise na que nos meteron vai
durar tempo; pero o que nos doi é ver como os nosos familiares, amigas,
veciños, coñecidos, compañeiras de estudios,... marchan para o extranxeiro,
para busca-lo traballo que aqui non atopan, para buscar unha saída laboral,
para atopar un lugar onde os seus coñecementos profesionaís sexan valorados e
apreciados,... Claro que certos gobernantes con moita cara dura a isto non lle
chaman emigración, eles din: “movilidad
geográfica de jóvenes titulados y profesionales”.
Fai
anos emigraban os nosos pais, tios,... íanse para Suiza, Alemania, Francia,...
na inmensa maioría dos casos eles non coñecian o idioma do país, apenas tiñan
estudios e moito menos capacitación laboral,... Hoxe emigran os seus fillos e
fillas, os seus sobriños,... pero cunha diferencia moi importante, saben falar
varios idiomas, teñen estudios universitarios ou unha alta capacitación
laboral. Dende fai anos estamos a “exportar” enxeñeiros, médicos, enfermeiros,
licenciados,... esta é a principal exportación
de Galicia, man de obra altamente
cualificada e preparada.
No
meu caso, primeiro marchouse o meu irman a traballar para unha gran
constructora de obra civil española, logo esa empresa o destinou a traballar
para a súa filial polaca (Budimex), pouco despois marchou a miña irmá a
traballar como enfermeira para Gran Bretaña. Disto xa fai máis de 10 anos;
siguen nos seus destiños e xa teñen raigames nas súas terras de acollida;
ningúen deles pensa en voltar,... Dentro de pouco varios amigos nosos (e as
súas novias) tamén irán a Porto para coller un avión que os levan para Gran
Bretaña, Canada e para Dinamarca.
Ainda non marcharon, ainda están
con nos, pero xa comenzamos a senti-la ausencia; estamos tristes, pois a mellor xeración do homes e mulleres deste país aquí non
ten futuro, deben colle-las maletas e irse coma fixeron os seus
pais. Teño ó corazon doente, sinto noxo e asco de ollar no xornal a un político
local a “chorar” porque ten que pagar unhas multas que lle impón un xuiz, pola
desfeita da súa mala administración,... Pero un dos efectos da mala
administración que tivemos durante anos é que nos perdemos a presencia dos
nosos amigos, das amigas, de coñecidos,... Sabemos que van a ter un mellor
futuro nesas terras de acollida, e brindamos por iso; pero a súa ausencia é
unha ferida que nunca vai curar,...
Moitas veces no bar, os vellos do
lugar maldicen ós nosos gobernantes e din que todos á cadea; pero tamén Deus
sabe que non hai sitio para eles nas nosas cárceres. Eles montaron a desfeita,
pero nós temos que paga-la factura, non lles chegan os nosos cartos que tamén
queren o sacrificio das nosas vidas, dos nosos soños de xuventude, das nosas esperanzas,...
Dende logo é un precio moi caro o que nós pagamos para manter
a estes inutiles nas súas poltronas, que viaxan nós coches
oficaís, coas comidas pagadas, viaxes, teléfono,... Craro que os seus fillos e
fillas non terán que marchar para o extranxeiro, sempre haberá un sitio dentro
da Administración onde poñelos, para que laboren pouco (non vai ser que se
noten que son inutiles) e cobren ben.
Mentrás os mozos e mozas de Oia,
da Guarda, Tomiño, Rosal,... de toda Galicia marchan para o extranxeiro, os
nosos gobernantes están contentos, pois estes
que marchan non van a competir polos bós postos de traballo cós seus fillos;
marchan aqueles que lles poden “canta-las 40”, ser un opción de goberno de futuro,...
Que felices estarán na próxima reunión de pinchos e agapes que tomen a nosa
conta, pagada cós nosos diñeiros, para enche-los seus bandullos e outros
estomagos agradecidos,... para isto si que sempre hai diñeiro, como os máis de
3.400€ que o Concello da Guarda gastou neste gasto inutil no ano 2.011, para
alimentar a inutiles que non saben gobernar e ós seus achegados. Pero nós
seguiremos en pe a promesa que lles fixemos a todos estes amigos, deci-las
verdades que os gobernantes calan e meterlles o dedo no ollo, face-los quedar
en evidencia diante dos veciños.
Mirador do Monte Ancos, a 08 de Febreiro do 2.013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario