CHANCHONADA 32º
Cobardía política
O pasado sábado 9 de Febreiro, deste ano 2.013; na
alameda da Guarda asistimos a un espectáculo lamentable e penoso. Varios
directivos da asociación “O Cancelón” xa tiñan case que todo preparado para
facer una noite de verbena, có grupo músical,... Pola outra banda, estaba o Sr.
Alcalde e varios membros da Polcía Local, para facerlles ver que a citada asociación non tiña solicitado
o permiso municipal correspondente, nin tiñan autorización administrativa de
ningún tipo para organizar tal evento festivo nese espacio público.
Debemos lembrar que esta asociación é quen organiza a Festa do Monte, dende o
ano 2.012.
Para sorpresa dos que por alí estábamos; os
directivos desta asociación con toda chulería e prepotencia, dixeron que a
verbena ía adiante, e como principal
argumento expresaban sobre a “volumetría das suas gónadas sexuaís”
(como somos persoas educadas non imos a reproducir a palabras citadas, por ser
de moi mala educación). Ante tales argumentos, nin o Sr. Alcalde, nin os
membros da Policía Local fixeron valer a súa autoridade pública.
Para entendernos todos; en
principio esta asociación non é a encargada dos actos festivos do Entroido;
pero pode facer un acto festivo; só que para
organizar tal acto festivo, e sobre todo nun espacio público, hai unha
normativa legal que sinala os requisitos a formalizar, como ter un permiso
administrativo da autoridade competente, reponsables do evento, un seguro de
responsabilidade civil,... Resulta que a citada asociación saltase todo
isto, porque lles sae de ahi,... das gónadas,... Nós pensamos que erran nas
formas, no tempo e no lugar; xa non estamos nos intres que calquera caciquiño
facía as cousas como lle petaban, sen consultar a niguen,... A normativa legal e administrativa, gustenós ou non, é
igual para todos, e estes señores non son máis que o resto dos veciños,
ainda que algún deles está acostumado a saltar por riba de certas normativas,
gracias á vista gorda da nosa Policía Local, Guarda Civil,... e xa se sabe,
cría corvos que te quitarán os ollos.
Pero a máxima autoridade civil do noso pobo, ten por deber facer
respeta-la legalidade a todos, e impoñe-la súa autoridade ante quen a vulnera,...
Para a nosa desgracia, non sabemos porque motivos, o Sr. Alcalde e tamén os
membros da Policía Local recuaron ante eses directivos que se expresan como
energumenos, non impoñen a súa autoridade, e por cobardía (non atopamos outra
palabra), deixan que fagan o que queiran, ainda que sexa vulnerando a Lei.
¿Para qué queremos a un alcalde que é un cobarde?, ¿para qué necesitamos unha
Policía Local que por cobardía non defende a Lei?, ¡¡estamos ante
un caso de deixadez e abandono do poder!!
Logo a nota de prensa que quitan
no Faro de Vigo, ainda é máis lamentable; pois o que fan non é confirma-los
feitos. A citada asociación organizou un evento festivo nun espacio público,
sen ter os permisos administrativos legais; có que vulneraron a Lei. Pero os nosos gobernantes nesa nota tamén
recoñencen a súa cobardía ó non para-lo evento, por non tomar medidas xurídicas
contra os organizadores, deixando craro que a súa autoridade real e moral é
nula.
Antes
de finalizar, imos a recomendar que fagades un lectura pausada e meditada,
sobre un articulo publicado en “galicia-suroeste”, sobre a organización da
“Copa da Raiña de balonmán feminino” que vai ter na nosa Vila da Guarda e a
actuación dos nosos gobernantes locais. Os membros deste mirador, non imos a
dicir de momento nada; en gran parte estamos de acordo có publicado no citado
artigo.
Parabéns
para o Ath Guardés, directiva, xogadoras, equipo técnico, socios,...
Mirador do Monte Ancos, a 14 de Febreiro do 2.013.
Alberto Comino Grande.
Profesor de Etica en la
Facultad de Psicología de la Universidad de
Villanueva del Pardillo (Madrid; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario