CHANCHONADA 25º
Inverións muncipais.
Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do
2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 198.420,29 € e
adicaba 59.618,04€ ás inversións
reais, ou sexa o 30% do orzamento.
2º) Hoxe é de 1.282.882,48
€ e adica 0,00€ ás inversións reais, ou sexa o 0% do orzamento.
3º) Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por
6,46; en apenas 5 anos de crise, este orzamento reduciuse nun 46,73%
(prácticamente reduciuse á metade). Pero as inversións reducironse a nada,
sobre a composición do orzamento; ou sexa o propio Concello é incapaz de facer
inversións.
4º) O valor máis alto das
inversións foi no ano 2.005 por un importe de 1.104.641€, esta partida supoñía
o 49% do orzamento; logo coa crisis
esta partida foi reducida a nada.
5º) En 1985 os 3.272 veciños de
Oia aportaban 18,22€ para inversións, hoxe a este concepto a aportación é
0,00€.
Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do
2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 270.793,82 € e
adicaba 70.739,12€ ás inversións
reais, ou sexa o 26,12% do orzamento.
2º) Hoxe é de 3.008.000,00 € e adica 130.119,65€ ás inversións reais, ou sexa o 4,32% do
orzamento.
3º) Nestes 27 anos o
orzamento multiplucouse por 11,10. En 3
anos de crise, este orzamento reduciuse nun 31,12% (prácticamente
reduciuse nun tercio), pero o investimento nas inversións tiveron unha reducción dun 83,46%, sobre a composición do
orzamento.
4º) O valor máis alto das
inversións foi no ano 2.008 por un importe de 983.090.08€, esta partida supoñía
o 25,66% do orzamento; logo coa crisis
esta partida foi reducida nun 86,76%.
5º) En 1985 os 5.937 veciños do
Rosal aportaban 11,91€ para inversións, hoxe a este concepto a aportación é
19,37€.
Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 901.518,16 € e adicaba
155.004,32€ ás inversións reais, ou sexa o 17,19% do orzamento.
2º) Hoxe é de 6.709.622,00 € e adica 790.927,01€ ás inversións reais, ou sexa o 11,78%
do orzamento.
3º) Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 7,44. Nestes
7 anos de crise, este ornamento
reduciuse nun 15,67% (é o concello onde a reducción foi menor); tamén
aquí as inversións sufriron reduccións, por sorte é onde foi moito menor, pois
o recorte é do 31,47%, sobre a composición do orzamento.
4º) O valor máis alto das
inversións foi no ano 2.008 por un importe de 1.083.487.89€, esta partida
supoñía o 14,73% do orzamento; logo coa
crisis esta partida foi reducida nun 27%.
5º) En 1985 os 10.057 veciños da
Guarda aportaban 15,41€ para inversións, hoxe a este concepto a aportación é
75,44€.
Concello UNIFICADO: os 20.276 habitantes
(censo do 2.011):
1º) En 1.985 o orzamento era de 1.370.732,27 € e
adicaba 285.361,48€ ás inversións
reais, ou sexa o 20,81% do orzamento.
2º) Hoxe é de 11.000.504,48 €e adica 921.046,66€ ás inversións reais, ou sexa o 8,37% do
orzamento.
3º) Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 7,44, pero
as inversións só por 2.17. Nestes 7
anos de crise, o valor máximo do capitulo de inversións foi no ano 2.005 por un
valor de 3.520.003,07€; logo polo efecto da crise o importe deste
partida entra nunha continua reducción ata chegar a 921.046,66€ no ano 2.012,
isto supon unha caida das inversión dun 73,83% (aquí notanse os efectos de Oia
e Rosal).
4º) Dos 285.361,48€ de inversións
en 1.985, o 54% correspondían ó concello da Guarda, hoxe no ano 2.012 tiñamos 921.046,66€ para inversións, e a aportación da
Guarda supón o 85,87% de todo o conxunto.
5º) En 1985 os 19.266 veciños
aportaban 14,81€ para inversións, hoxe a este concepto a aportación dos 20.276
veciños é de 45,42€.
1º) Podemos dicir que ó longo
deste 27 anos, a partida de inversións en Oia sigue a pauta da evolución do
orzamento. Cando chegan as fases de contracción económica esta é a partida máis
sacrificada no recorte dos orzamentos, como acontece entre os anos 2.000 a 2.003; pero onde
este recorte é máis acusado é a partir de 2.005, cando as inversións xa caen en
picado, ainda que orzamento crecerá ata 2.007, pero as inversións xa non; adica
1.104.000€ a inverisóns no 2.005 e agora xa nada. A conclusión é que Oia é incapaz de xenerar inversións en si mesma.
2º) No caso do Rosal e da Guarda
as inversións non seguen a pauta evolutiva do orzamento, máis ben diriamos que
o crecemento do orzamento é bastante superior ó da partida de inversións. A
disparidade entre a evolución dos orzamentos e a evolución das inversións, onde
é maior é no Rosal; de tal xeito que dende 1.994 xa non hai correlación entre o
orzamento e a partida de inversións, dende ese ano o orzamento crece pasando de
1.712.884€ ata acadar no 2.009 os 4.367.000€; pero non acontece o mesmo coas
inversións que pasan dos 818.000€ do 1.994 a 718.000€ no ano 2.009.
3º) Nas épocas de crise, a partida
de inversións é a máis sacrificada, de tal xeito que no Rosal esta
partida asume perto do 90% dos recortes do orzamento; en Oia acontece outro
tanto. Cando as cousas van ben e “chove o diñeiro” todos son bós gobernantes,
pero nos intres de crises as cousas trocan moito. Tanto Oia como Rosal non son
capaces de xenerar inversións en si mesmos para o ben dos seus veciños, é unha
sinal da gran debilidade económica interna da economía municipal. Pero temos un
factor que non podemos contabilizar, pois non temos as súas contas, pero si que
son evidentes os seus efectos; ¡¡o gran
papel social que teñen as comunidades de montes en Oia e Rosal!!, pois
chegan a sustitu-lo papel inversor que debían face-los concellos. Nás épocas de
crise é A Guarda quen tira do carro, nos outros concellos as contas poñen de
manifesto a súa debilidade económica.
4º)
Cando chega a crise, esta é a partida
máis fácil de recortar, pois os gastos de persoal son un gasto moi
rixido, e supón que hai que despedir persoal; os gastos en bens e servicios
tamén son moi rixidos e por desgracia a partida máis fácil de meterlle a
tixeira son as inversións. Pero o que descoñecen os nosos gobernantes e que
esta partida xenera bastante emprego que non forma parte da plantilla do
Concello; ou sexa ó recortala o que
están é a xenerar paro entre os veciños. Habería que ser máis
ambiciosos cós gastos de funcionamento dos concellos e darlle un novo enfoque á
politica de persoal municipal.
6º) No suposto dun concello unificado, ata 1.996 a perda de valor
relativo das inversións é pequena; logo teriamos a gran expansión económica dos
inicios do século XXI, asi dun orzamento de 6.305.000€ en 1999 pasamos a un de
14.060.000€ no ano 2.005; neste mesmo período tamén crecen as inversións
pasando de 1.411.000€ a 3.520.000€. O problema comenza ahi, o orzamento
reduciuse nun 21%, pero as inversións nun 73,8%. A conclusión matemática é que
cando as cousas van mal en épocas de crise, neste caso as caidas son máis leves
e menos dramáticas, favorecendo
especialmente a Oia e Rosal, pois A Guarda seguirá tirando do carro económico.
Lamentamos aquí non poder
coñecer, nin acceder ós datos económicos das comunidades de montes que temos,
deberían ser de acceso público os seus datos, obras, inversións, gastos,...
Pero desgraciadamentes a transparencia informativa non forma parte das suas directiva,
só as comunidades de Viladesuso e Pedornes actúan con bastantes transparencia;
tódalas demáis son moi opacas.
Mirador do Monte Ancos, a 02 de Febreiro do 2.013.
Johannes Kuhn
Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).
Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de
Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)
No hay comentarios:
Publicar un comentario