lunes, 18 de febrero de 2013

Dinamización navideña do comercio local.



CHANCHONADA  34º

Dinamización navideña do comercio local.





           Durante moitos anos sempre escoitamos falar ós gobernantes municipais e os directivos das asociación de comerciantes que o gasto en iluminación de nadal nas rúas, prazas, edificios,... (sempre a cargo do diñeiro público do Concello), dinamiza o comercio local, xenera máis actividade económica e por suposto activa a creación de emprego. Lamentamos facerlles saber que todo isto é falso.

                Lamentamos ter que tirar por terra este falso mito, pero unha cousa é falar no Faro de Vigo, facer unha nota de prensa para as páxinas de información local,... e outra distinta é domostralo con números. Neste Nadal pasado, o Concello da Guarda entre iluminación de Nadal, cabalgata de Reis,... tivo uns gastos de +5.990€,... pero os comerciantes non aportan nada, eles son os máis beneficiados e deberían aportar moito máis do que fan. Nós imos a expoñer unha pequena serie numérica sobre o paro, imos a expoñe-lo diferencial entre novembro (inicio da campaña de Nadal) e Xaneiro (mes máis alto da tempada de rebaixas), polo tanto son datos de todo un trimestre.

Ano                       A Guarda              O Rosal                 Oia          Total
2.007                      +1                           +55                         +24         +80
2.008                      +59                         +47                         +34         +140
2.009                      +143                       +81                         +27         +251
2.010                      +26                         +61                         +18         +105
2.011                      +77                         +40                         +18         +135
2.012                      +2                           -20                          +21         +3
Acumulado           +308                       +264                       +142       Total   +714 desempregados

            Como vemos, no trimestre que vai de Novembro a Xaneiro, campaña de Nadal, campaña de rebaixas,... o paro crece, de momento na nosa serie só atopamos  a excepción deste Nadal no Rosal, pero neste caso o para baixou por xerar empregos no sector agrario-pesqueiro. Polo tanto, os nosos concellos invirten máis de 16.000€ na iluminación de Nadal, actos culturais,... todo isto con diñeiro público, pero non vemos os seus efectos na creación de emprego; realmente o que estamos a facer é: con diñeiro público promocionamos negocios privados, pero non crean postos de traballo durante a campaña de Nadal nin rebaixas.

                Vemos que gastar diñeiro público na iluminación de Nadal, alenta-lo comercio local,... ainda sendo unha das tempadas máis altas de consumo privado, a conclusión é que a capacidade do noso comercio local de crear emprego é moi, moi, moi pequena. Realmente cós datos numéricos que nós temos, só é capaz de xenerar emprego durante a tempada estival e moi concentrado no sector da hosteleria. Todo isto debería facer reflexionar ós nosos gobernantes e os directivos das diferentes asociacións de comerciantes que temos, manterse en erros é de parvos, e xa ficou demostrado que o gasto de diñeiro público, para supostamente dinamiza-lo comercio local durante o Nadal, NON XENERA POSTOS DE TRABALLO. Nós tamén queremos que haxa luz nas rúas, sentir que son datas especiais, que os nenos disfruten coa cabalgata de Reis,... pero debemos replantexarnos as seguintes cuestións: ¿todo este gasto deben de correr en exclusiva os Concellos?, ¿se os máis beneficiados son os comerciantes, por qué non aportan algo a este esforzo?

                Ó noso entender, a mellor forma de “dinamiza-lo comercio local” (frase moi repetida pola Sra. Garcia Braga, presidenta de ACIGU) é poñe-las bases e estructuras para crear emprego noutros sectores, sabemos que hoxe isto é dificil, pero non imposible, pois debemos prepararnos para o futuro, se non o futuro colleranos sen estar preparados; como aconteceu sempre nos últimos 160 anos, gracias a moitos gobernantes e caciques locais que non miraban máis alo da punta da súa nariz. Hoxe o tecido empresarial que temos é debil, hai menos industria que fai 30 anos, ¡¿?!.

                Para nós, un dos obxectivos básicos sería que tódolos sectores da Guarda e Rosal puxaran por conqueri-lo poligono industrial,... pero non vemos pulo polos políticos, nin polos comerciantes, ainda vemos moito estupido localismo, minifundismo mental,.... xa levan 15 anos falando, vai para 6 anos que o proxecto está aprobado,... e coñecendo a eficacia dos nosos gobernantes é probable que sexa realidade dentro de 25 anos, ou máis. Isto semella a aqueles membros da Corporación Municipal de Oia que en 1.918 votaron en contra da instalación dunha rede de teléfono, pois có telegrafo xa chegaba, este novo invento non aportaba nada novo e era un gasto innecesario,... Cen anos despois, máis ou menos temos uns políticos con ideas similares, son incapaces de olla-lo futuro máis alo das próximas votacións.


Mirador do Monte Ancos, a 18  de Febreiro do 2.013.
 Camila  Rosa Clara.  Directora comercial adjunta de Abanderado, en Quitacalzón (Valdivia; Chile)









No hay comentarios:

Publicar un comentario