sábado, 16 de febrero de 2013

Cobardía política dun mentiroso




CHANCHONADA  33º

Cobardía política dun mentiroso





          Hoxe leemos en “galicia-suroeste” que a asociación o “Cancelón” tiña presentado un escrito no Concello, con número de entrada 507 o día 1 de febreiro deste ano, solicitando permiso para fecer verbenas os días 9, 16 e 17 de febreiro deste ano, como parto dos actos do 100º aniversario das Festas do Monte (*).

            O venrés día 8 (vespera da 1º verbena) según esta asociación, a Policia Local teñen descoñecemento de que se vai organizar tal evento; polo tanto ó noso entender falla o funcionamento administrativo interno do Concello. Logo o mesmo sábado día 9 é cando un membro da Policía Local cun escrito asinado polo Alcalde, denegando o permiso para o evento festivo (descoñecemos o número de rexistro de saída), logo hai unha reunión de urxencia entre as partes,... O Concello necesitou 9 días para resolver este asunto, e o fai no último instante, isto si que é un exemplo da ineficacia administrativa que tan caro pagamos.

O Sr. Alcalde alega que non pode concede-lo permiso para a verbena, primeiro porque se despistou,... ¿?, ¿qué nos quere o Sr. Alcalde tomar por parvos?, isto é unha excusa do máis infantil que lle levamos escoitado a un político. Logo segun os directivo da asociación dí, que o Sr. Alcalde non pode facer nada, pois todo isto é competencia da concelleira de Turismo,... aquí temos outro exemplo da cobardía política do noso alcalde, pois intencionadamente esquece que él como Alcalde é a máxima autoridade do Concello, pero ademáis o escrito denegatorio que entrega a Policía ós directivos da asociación “O Cancelón” esta asinado polo Alcalde,... ¡¡¡isto é unha contradicción!!!, pois é evidente que a autoridade que denega é o Alcalde, pero logo por cobardía trata de non asumi-la súa responsabilidade e trata de cargarlle a outro a responsabilidade da acción denegatoria,... así deste xeito él fica ben, mentrás que a concelleira de Turismo é a mala da pelicula,...

A cousa comenza a estar algo crara, vale que a asociación debería ter presentado o escrito algo antes, estar algo máis en contacto cós membros do Concello,... quizaís pecaron de exceso de confianza e boa fé,... tamén deberían coidar algo máis as formas de comunicarse en público, e tamén cara ó público. Pero a parte que non nos gusta nada, é sobre certo tufo a mentiras interesadas, iso tan cacarexado que a asociación non pedira permiso algún, agora xa vemos que isto é unha mentira, pois o permiso estaba solicitado,... ¿Por qué se denegou o permiso no último día?, a excusa do despiste, para nós que somos persoas adultas e serias, non nos vale; logo tratar de pasarlle o “marrón” á concelleira de Turismo, non asumir responsabilidades como máxima autoridade local.

En conclusión, para nós; temos un Alcalde mentiroso, que non está atento ós asuntos da Guarda (tamén despistouse da reunión coa Xunta para organiza-la copa da Raiña de balonmán feminino), e logo ten medo a asumi-las súas responsabilidades, sobre todo en público, traspasa a culpa da súa mala xestión a outros compañeiros, non asume que él é o responsable da xestión que realiza todo un grupo ó frente do Concello,... e isto é cobardía.


(*)  100º aniversario das Festas do Monte: aquí queremos facer unha pequena pero importante puntualización, polo menos nós así o entendemos. Este ano celebraremos o 1º centenario da primeira Festa do Monte que se fixo en 1.913, pero non é a edición 100 da Festa do Monte, pois durante os anos da Guerra Civil non houbo festa, polo tanto faltaron as edicións dos anos, 1.936, 1.937 e 1.938.; con estas contas, no ano 2.015 teremos a edición centenaria da Festa do Monte. Polo tanto temos dous eventos importantes a festexar con poucos anos de diferencia.
           

Mirador do Monte Ancos, a 16  de Febreiro do 2.013.

Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)

No hay comentarios:

Publicar un comentario