domingo, 10 de febrero de 2013

Paro en Xaneiro 2.013


CHANCHONADA  30º

Paro en Xaneiro 2.013.





Datos do desemprego de Xaneiro do 2.013; polas peticións recibidas tamén poñemos os datos de Tomiño.

 A Guarda  en Xaneiro de 2.013  = 1.055 parados  (Homes 522 e Mulleres 533)
                Menores de 25 = 69 (Homes 29 e Mulleres 40)
                Entre 25 e 44 = 589 (Homes 288 e Mulleres 301) (55,83% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  397 (Homes 205 e Mulleres 192)

                Agricultura = 147
                Industria = 146
                Construcción = 140
                Servicios = 550  (52,13% do total de desempregados)
                Sin emprego =  72               

Na Guarda o paro baixa en 7 persoas, baixa en 9 persoas no grupo de menores de 25 anos, non hai cambios no grupo entre 25 e 44, e aumenta en 2 persoas o grupo de +45 anos. Baixa especialmente no sector de agricultura e pesca (18 persoas), pero incrementase no sector servicios +28, baixa en 6 na industria e baixa en 7 na construcción. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,66%, pero o diferencial anual sube un +5,5%.

 O  Rosal  en Xaneiro de 2.013  = 812 parados  (Homes 404 e Mulleres 408)
                Menores de 25 = 62 (Homes 34 e Mulleres 28)
                Entre 25 e 44 = 394 (Homes 194 e Mulleres 200)  (48,52% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  356 (Homes 176 e Mulleres 180)

                Agricultura = 104
                Industria = 128
                Construcción = 155
                Servicios = 374 (46,06% do total de desempregados)
                Sin emprego =  51

No Rosal o paro sube en 7 persoas, baixa en 3 persoas no grupo de menores de 25 anos, baixa en 2 persoas o grupo entre 25 e 44, e aumenta en 12 persoas o grupo de +45 anos. Baixa especialmente no sector de agricultura e pesca (11 persoas), pero incrementase no sector servicios +10, na industria +5 e na construcción +4. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,87%, o diferencial anual sube un +8,27%.


 Oia    en Xaneiro de 2.013  = 377 parados  (Homes 202 e Mulleres 175)
                Menores de 25 = 33 (Homes 24 e Mulleres 9)
                Entre 25 e 44 = 200 (Homes 102 e Mulleres 98)  (53,05% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  144 (Homes 76 e Mulleres 68)

                Agricultura = 45
                Industria = 41
                Construcción = 71
                Servicios = 182  (48,27% do total de desempregados)
                Sin emprego =  38

En Oia o paro sube en 16 persoas, sube en 4 persoas no grupo de menores de 25 anos, sube en 6 persoas o grupo entre 25 e 44, e aumenta en 6 persoas o grupo de +45 anos. Sube o paro en tódolos sectores, pero especialmente no servicios con 13 persoas. Respecto ó mes anterior o paro sube un +4,43%, pero o diferencial anual sube un +10,88%.

 Tomiño    en Xaneiro de 2.013  = 1.859 parados  (Homes 943 e Mulleres 916)
                Menores de 25 = 182 (Homes 90 e Mulleres 92)
                Entre 25 e 44 = 893 (Homes 448 e Mulleres 445)  (48,03% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  784 (Homes 405 e Mulleres 379)

                Agricultura = 182
                Industria = 273
                Construcción = 389
                Servicios = 867  (46,64% do total de desempregados)
                Sin emprego =  148
           
En Tomiño o paro sube en 54 persoas, sube en 12 persoas no grupo de menores de 25 anos, sube en 8 persoas o grupo entre 25 e 44, e aumenta en 34 persoas o grupo de +45 anos. Baixa o paro en 11 na industria e sube o paro nos outros sectores, pero especialmente no servicios con 24 persoas e a construcción con 23. Respecto ó mes anterior o paro sube un +2,99%, pero o diferencial anual sube un +7,52%.


                Dos catro concellos, só A Guarda rexistra unha lixeira baixada do desemprego; os outros presentan subidas, especialmente notorias as de Tomiño e Oia. Comenzan a ser preocupantes os datos dos que teñen +25 anos, sobre todo o grupo de +45 anos, pois moitos deles son parados de longa duración (+2 anos). Queremos felicitar ó Concello de Tomiño por aproba-los seus orzamentos e incluir unha partida para facer un plan de emprego; esperemos que os corporativos da Guarda reconsideren a súa postura e tamén aproben a iniciativa que teñen en riba da mesa; animamos ós membros dos concellos de Oia e Rosal a seguir estas iniciativas. Neste intre Oia ten o seu desemprego en máximos históricos, e o conxunto formado por Oia, A Guarda e Rosal tamén teñen o dato en máximos históricos; de feito no último ano onde o diferencial creceu máis foi en Oia, cunha taxa de +10,88%.

                Polo de agora este é o problema máis grave e importante, pero semella que algúns gobernantes non se enteran.
.

Mirador do Monte Ancos, a 10  de Febreiro do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario