CHANCHONADA 40º
Pinchazo inmobiliario.
Durante moitos, moitos anos, varias xeracións de
“españolitos” creceron, vivirón, traballaron e aforraron pensando có dogma de
fé no que foron educados: “o prezo da vivenda sempre sube”.
Pero dende fai uns poucos anos, xa hai toda unha xeración e millóns de cidadáns
que xa despertarón deste mentira e xa coñecen a cruda realidade, o prezo da vivenda tamen báixa, e
cando baixa o fai en caida libre.
Aquí
non imos a entrar na “pseudo estafa do mercado hipotecario”, da burbulla
inmobiliaria promovida alegre e irresponsablemente polos banqueiros, políticos
municipais, construcotores, promotores,... Bastante teñen os nosos veciños
(incluso amigos e coñecidos) que cargan coa cruz da súa hipoteca a 40 anos,
seguir pagando por un vivenda que hoxe xa perdeu +40% do seu valor,...
Nós
imos a expoñe-los datos do mercado inmobiliario das nosas localidades,
trimestre a trimestre dos últimos anos; aquí están reflexados os datos de
ventas das vivendas novas e de segunda man; son datos oficaís do Mº de Facenda:
A
Guarda O Rosal Oia Total
1º trimestre 2.008 40 15 4 59
2º trimestre 51 11 3 65
3º trimestre 68 24 2 94
4º trimestre 22 11 3 36
1º trimestre 2.009 23 5 4 32
2º trimestre 28 21 4 53
3º trimestre 32 7 0 39
4º trimestre 28 11 4 43
1º trimestre 2.010 22 6 6 34
2º trimestre 23 14 6 43
3º trimestre 19 4 2 25
4º trimestre 34 7 14 55
1º trimestre 2.011 15 8 0 23
2º trimestre 21 2 2 25
3º trimestre 21 2 2 25
4º trimestre 40 4 4 48
1º trimestre 2.012 12 5 1 18
2º trimestre 18 4 0 22
3º trimestre 25 0 0 25
Neste pequeno cuadro, ollase moi ben que o mercado
inmobiliario pinchou tras finaliza-lo 3º trimestre do 2.008. A día de hoxe na
Guarda o mercado inmobiliario está reducido a 1/3 do que chegou a ser, pero
tanto no Rosal, como en Oia se non están mortos, prácticamente agonizan.
Nós a única conclusión así que vemos é que o intre máis interesante para fecer
una venda é no 4º trimestre, pero se un é comprador, é mellor facelo no 2º e 3º
trimestre.
Fai
un ano, aló polo mes de Marzo do 2.012, nas páxinas do Faro de Vigo saía o Sr. Alcalde
da Guarda para anuncia-lo tan desexado novo Plan Xeral Urbano; un ano despoís
ainda non dan sinaís de parto,... e a cousa é que levamos para a redacción
deste plan 9 anos, deles 7 baixo goberno socialista. Pero a nós houbo dous
datos que nos deixou moi sorprendidos; según o Sr. Alcalde da Guarda cón este
novo Plan Xeral íanse construir 4.000 novas vivendas nos vindeiros 6 anos e a
poboación crecería ata os 18.000 habitantes. ¿¿?? As veces pensamos que algúns
políticos deberían pasar certos controis de dopaxe, pois cando falan ou están
baixo os efectos de sustancias que anulan a intelixencia,.. ¡¡ou carecen dela!!
En
1.985 na Guarda había 10.057 veciños, logo en 2.011 xa hai 10.484 veciños; Sr. Alcalde da Guarda en 26 anos (un
pouco máis dun cuarto de século, o mesmo tempo que vostede leva na política
local), a Guarda creceu en +427 veciños. De seguir esta pauta,
para medrar eses 4.000 veciños necesitaremos 243 anos; ¿en qué
van a traballar eses 4.000 veciños novos?, ¿chegan as prazas escolares para esta
nova poboación?, ¿temos os medios de asistencia sanitaria para estes novos
veciños?, ¿están preparadas as infraestrcuturas de suministro de auga,
alcantarillado, tratamento de augas residuais, lixo,... para estes novos
veciños?,.... Gustarianos que todos os políticos nos explicaran porque temos
que facer un novo Plan Xeral cada 10 anos; ¿tan dificil é facer una planeamento
urbano a 30 ou 40 anos vista?; non será que os nosos gobernantes son tan míopes
que non ollan máis aló das súas narices.
Mirador do Monte Ancos, a 2 de Marzo do 2.013.
Hermelinda Cara Vieja. Técnica
de Urbanismo del Ayuntamiento de Salsipuedes (Córdoba; Argentina)
No hay comentarios:
Publicar un comentario