martes, 26 de marzo de 2013

Plataformas petrolíferas



CHANCHONADA  52º

Plataformas petrolíferas




Son partidario e gostanme os movimentos e asociacións de veciños que loitan para defende-los seus intereses, que aportan ideas ós gobernantes locais, que prestan axuda ós nosos veciños,... Polo tanto, non teño nada en contra cós movimentos e asociacións cívicas para a defensa dos lexitimos intereses públicos. Pero, certas Plataformas cheiranme a petroleo crudo (¡¡moi crudo!!).

Vou explica-lo dende o meu punto de vista, en base á miña experiencia profesional, dentro da empresa da familia Jones, a “TEXACO JONES OIL” (empresa adicada á exploración xeolóxica, explotación de xacementos de hidrocarburos e transporte dos mesmos). Pois na busqueda, extracción e explotación de xacementos de petróleo e gas temos máis de 90 anos de experiencia.

Cando descubrese un xacemento de gas ou petróleo (“un problema social”), se nestes casos a sociedade non ten capacidade de explotación do xacemento, non ten medios técnicos, non hai medios económicos,... Ese grupo social debe de buscar un socio especializado no sector que lle axude na explotación do xacemento (grupos políticos, sindicatos, asociacións de veciños,...); normalmente en Galicia, cando hai estas condicións de xacementos e falla de medios técnicos materiais, case que sempre aparecen os mesmos dous socios industriáis que lle axudarán no proceso, o contrato de cooperación na inmensa maioría dos casos adopta a forma dunha Plataforma, para a explotación do xacemento (“o problema social), o grupo social pon o terreo e os dous socios industriais aportan o seu coñecemento na materia, medios técnicos, profesionais, tamén tomarán o control na extracción, refino, distribución e comercialización dos recursos extraidos,... o único que aportan os veciños afectados é a man de obra local, barata e abundante.

A Plataforma conta cós socios locais para a explotación do xacemento de gas ou petroleo (“un problema social”), os veciños aportan a man de obra non cualificada, os seus contactos administrativos, sociáis, veciñais,... Por outro lado están os dous grandes socios industriáis: "Bielorrusian National Gas (BNG)" e a "Caucasian International Gas  (CIG)"; estes aportan toda a infraestructura industrial, técnica, persoal cualificado, os seus coñecementos na xestión da explotación destes xacementos, coñecemento do mercado político nacional, provincial, local, comarcal,... pero sobre todo vendelo na prensa, para dar promoción informativa ós seus líderes socio-políticos (aportados polos socios industriais), de cara a obte-lo beneficio electoral buscado, se hai que esperar no tempo, este beneficio mingua.

Lamentablemente non é un negocio entre iguáis, os primeiros poñen o traballo duro, mentras que os segundos son que levan os beneficios. No sector da explotación de xacementos “petrolíferos electorais” usase unha ecuación de cálculo matemático que é a TERBE: traballo + esforzo = rendimento  x beneficio electoral; pois ós dous socios industriáis correspondelle case que toda a segunda parte da ecuación. Pois a "Bielorrusian National Gas" e a "Caucasian International Gas" teñen moita experiencia en montar estas Plataformas locais para a explotación destes xacementos puntuáis, saben que meses depois nese lugar terán un beneficio electoral, a un custe baixo e non necesitan implicar a moitos directivos destas empresas. Só que de fai un ano para estas datas, teñen competencia capiteneados por un tal Sr. Beiras, que xunto a outros socios industrias coñecen ben este negocio. O problema destas empresas cando comenza o movemento disgregador é que resulta díficil paralo, e todos compiten por tomar posicións dentro da mesma área productiva, có cal compiten polos mesmos recursos, e os beneficios conxuntos agora hai que repartilos entre os competidores, polo tanto o beneficio final cada vez é máis pequeno.


Pero estes xacementos esgotánse moi axiña, e logo non queda nada de nada. Outros competidores petroleiros prefiren unha explotación máis extensiva dos xacementos locais, como son a “Paneuropean Petroleum (PP)” ou a “Petroleum Standart and Oilers Europeans (PSOE)”,... prefiren coidar dos seus grandes campos, que teñen grandes reservas de gas ou petróleo (entendanse votos e militantes); o problema destas dúas grandes multinacionais é que hai moita distancia organizativa entre a gran cupula directiva e os técnicos que están a pé de obra, polo cal son empresas moi rixidas e pouco flexibles; por esta razón cando aparece un novo un xacemento de gas ou petroleo (“un problema social”), a comunicación é moi lenta entre a base e a cupula, pero máis lento ainda é o camiño inverso, có cal a “Bielorrusian” e a “Caucasian” teñen tempo a monta-la súa Plataforma.

Claro que hai técnicos da “Paneuropean Petroleum” que levan anos queixandose desta rixidez funcional, pero os seus informes e avisos pérdense polo camiño, algúns como o Sr. Alejandro (Alcalde de Oia), semellan que predican no deserto, pois os directivos están tan cómodos nos seus despachos, nos seus coches de alto luxo, que fai moito tempo que esqueceron o verdadeiramente importante deste negocio: ¡¡os veciños que viven a vida rutinaria de tódolos días!!. Señores o negocio do gas e do petróleo non só está na explotación do xacemento, a tallada máis importante está no refino e na súa comercialización (¡¡ser próximo ós veciños!!). Quixeramos dicir algo bó da “Petroleum Standart and Oilers Europeans (PSOE)”, ainda que os seus medios materiais e capital son bós, pero xa fai tempo que o nivel de preparación dos seus técnicos e outros recursos humanos está moi desfasado, hai que recoñecer que a empresa está ficando obsoleta; de feito neste últimos anos o nivel de reservas dos seus xacementos tradicionais leva caido en picado, e a rendabilidade empresarial está en mínimos. Por exemplo o Domigo 24 de Marzo, despois da “Misa de Ramos”, a directiva local desta empresa reuníase nunha tasca-bar perto da casa do Concello da Guarda,... están no seu dereito a disfroitar dun viño,... pero aquilo semellaba unha xuntanza de pre-xubilados, por educación os deixamos sós.

Calqueira parecido das siglas das empresas petrolíferas anteriores, coas siglas de certos partidos, ¡¡non é coincidencia!!. Polo tanto, xa vedes que non hai tanta diferencia entre o mundo empresarial, dos negocios, innovacións técnicas,... có mundo da política; hai que modernizarse, adaptarse ós novos tempos, ollar para o futuro e deixar de ollar no pasado, non estamos en 1.975, nin en 1.936, nin en 1.917,.... ¡¡Estamos no século XXI!!. Despois de olla-los xornais deste fin de semana, creo que as posturas das diferentes plataformas dos afectados polas preferentes van ser máis áctivas, faltará por ver como se moven os nosos políticos, moitos van ter que demostrar moitas habilidades xestoras, diplomáticas, mover contactos,... ou queimaranse.

Lamentablemente a nivel administrativo, político,... eu non lle vexo moita solución a este problema; polo camiño xudicial moitos toparán solución,... pero hai afectados que tócalles perder.

Mirador do Monte Ancos, a 26  de Marzo do 2.013.


Francisco  Jones Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y transporte de crudo de la TEXACO  JONES OIL (CorpusChristi; Texas, USA).


No hay comentarios:

Publicar un comentario