CHANCHONADA 50º
Contas do Ferry 2º
Mañan, venres algúns membros deste Mirador tomarán
uns merecidos días de lecer, pola tardiña collerán o Ferry e irán a visitar a
familiares e folgar por uns días polas terras de Ilhavo, perto de Aveiro.
Aproveitando as datas, imos a seguir falando do noso amado, ben querido e
esquecido Ferry,... mentrás escribimos isto, de fondo temos unha casete do
grupo Lareira cantando o seu famoso: “Cha-cha do Ferry”.
O prezo de construcción do Ferry, e instalacións varias
para o seu funcionamento foi de 716.273,78€, todo isto invertido
entre os anos 1.994 e 1.995; gobernaba naquela a primeira Alcaldesa da Vila da
Guarda, a Sra. Purificación Alvárez.
Ano 1.995 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 9.631,76€ ¿?
Gastos 1.227,31€ ¿? +8.404,45€
Ano 1.996 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 145.465,77€
180.553,01
Gastos 15.022,26€
160.451,16 +150.545,36€
Ano 1.997 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 154.891,97€
192.970,64
Gastos 15.322,70€
155.251,76 +177.288,15€
Ano 1.998 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 165.333,78€
188.673,56
Gastos 15.629,15€
149.567,40 +188.810,79€
Ano 1.999 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 182.380,18€
202.956,62
Gastos 38.875,92€
229.601,77 +116.859,11€
Ano 2.000 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 182.775,98€
¿?
Gastos 24.700,2€ ¿? +158.075,78€
Ano 2.001 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 180.408,43€
¿?
Gastos 22.747,84€
¿? +157.660,59€
Ano 2.002 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 159.432,97€
¿?
Gastos 27.688,94€
¿? +131.744,03€
Ano 2.003 A Guarda Caminha Saldo final
Ingresos 159.548,02€
¿?
Gastos 26.364,76€
¿? +133.183,26€
Lamentablemente dende o ano 2.000
en adiante, non fomos capaces de atopar datos oficiais das contas do Ferry,
procedentes de Caminha, que por unha casualidade, coincide có acceso á
presidencia da Cámara da actual alcaldesa a Sra. Julia. Hoxe nós sabemos por experiencia propia, a transparencia
administrativa municipal dos gobernos socialistas, esta denominase: opacidade. Pero,
seguindo falando das contas do Ferry, a pesar de non acceder ás contas da
Cámara de Caminha, cós ingresos da
Guarda, no final deste periodo xa había contabilizado a nivel de saldo final por un total de
+1.222.571,52€.
En
conclusión, nos 8 anos e 1 mes de
funcionamento do Ferry, nas contas oficiaís ás que tivemos acceso hai
unha saldo final de +1.222.571,52€; sabendo que
o custe de construcción e outras instalacións para o seu funcionamento foi de 716.273,78€. Cunha simple operación
aritmética, sabemos que o Ferry xa
está amortizado (pagado) e temos un saldo de gañancia nete de +506.297,74€. Unha vez
chegados a este punto temos moitas preguntas que facer, pero imos só a por as
que consideramos maís importantes.
1º) ¿Qué
intereses tiveron e teñen os concelleiros do PP e PSOE en comunicar que o Ferry
sempre xenerou perdas?, ¿tiñan
en mente a privatización de parte, ou a totalidade, do mesmo?
2º) Xa demostramos que o Ferry dendo o ano 2.003
xa está pagado. ¿Cánto diñeiro temos en
beneficios ata o ano 2.012?
3º) ¿Porqué
a Cámara de Caminha non presenta contas do Ferry dende o ano 2.000?;
¿cántas veces as esixiron dende o Concello da Guarda?; estamos falando de 12
anos sen recibir información, ¿hai complicidade entre os gobernantes dos dous
concellos en facer ocultación da información contable?.
4º) ¿Hai
algún convenio, ou outra forma contractual, rexistrada por escrito onde se
describa a forma de face-lo reparto de gastos, beneficios,...?
Mirador do Monte Ancos, a 21 de Marzo do 2.013.
Johannes Freitag
Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla
(Baja Austria; Austria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario