CHANCHONADA 48º
¡Queremos ser camposinos!
Onte venres unha veciña de Camposancos, por cuestións profesionais achegouse a resolver unha dúbida administrativa, sobre o canón da auga que agora vai cobra-la Xunta; ¡¡un novo imposto que quítanse da manga!!. Con toda educación atendemos a esta señora, lle explicamos este imposto, fixémoslle un exemplo sobre o custe que ía ter para o seu domicilio familiar,... A citada señora, mostrounos un recibo da auga e sobre os datos do mesmo, nós realizamos as contas.
Ata aquí todo o normal, pero mentres faciamos as contas, xa comezaron a salta-las luces das alarmas na nosa mente. A señora con moito gusto deixounos facer unha fotocopia do seu recibo. Alí en Camposancos, o cobro e xestión da auga a realiza a Entidade Local Menor. Logo fixemos un estudio comparativo entre este recibo, e outro polo mesmo servicio, pero feito polo Concello da Guarda. ¡¡As alarmas pasaron a vermello!!
O metro cúbico de auga en Camposancos custa 0,56€, na Guarda os veciños pagamos polo mesmo concepto 0,72€ (dentro deste prezo está o canón de tratamento das augas residuais na planta de depuración das augas residuais). Os veciños de Camposancos non pagan por este servicio de tratamento das augas residuais. ¿Qué pasa aquí?, as augas residuais dos veciños de Camposancos tamén van para a planta de tratamento, ¿porqué eles non pagan o canón de tratamento?, se eles non pagan este tratamento, nós entendemos que entón o custe está sendo asumido e pagado polos veciños da Guarda e de Salcidos, ¿a qué ven este privilexio?
Polo de pronto, os veciños de Salcidos e da Guarda, xa estamos a pagar un +28% sobre o mesmo servicio que reciben os veciños de Camposancos. Tratase da mesma auga, a traída municipal da Guarda abastece á traída da Entidade Local, logo esta pasa as augas residuais á planta de tratamento que ten A Guarda,... pero os veciños de Camposancos non pagan polo mesmo. ¿¿¿Sr. Alcalde da Guarda a qué se debe este privilexio???, ¡¡vostede goza do mesmo!!, ¿¿somos menos os veciños de Salcidos e da Guarda??
Dentro do recibo da auga pagamos polo servicio que é a inspección e lectura dos contadores; pero os veciños de Camposancos pagan 0,70€ e os de Salcidos e A Guarda polo mesmo abonamos 0,89€; ou sexa nós pagamos un 27% a máis. ¿¿Porqué nós temos que pagar máis??, ¿¿desde cando ven esta situación??, ¿¿canto tempo levamos pagando de máis??, ¿¿porqué en época de eleccións ó Concello vostedes calan estes datos??, ¿¿porqué o PP e BNG que levan tanto tempo na oposición non din nada sobre o tema??, ¿¿non o saben, o descoñecen ou pola calada é que están de acordo con todo isto??,... agora xa comezamos a entender que o Sr. Xan Lois Lomba e a Sra. Fátima Iglesias cando din que non saben de contas, que isto é totalmente certo,... pero tamén é verdade que nos seus grupos non hai ninguén con coñecementos nisto,... ¡¡¿¿é posible ser tan burro??!!
Nós pensamos que tódolos cidadáns deben ser iguais ante a Lei, na hora de recibir servicios, na hora de pagar impostos,... Polo tanto nós tamén queremos pagar pola auga o mesmo prezo que pagan os veciños de Camposancos. Esperamos que algún membro da oposición, ou do goberno municipal nós fagan caso e revise esta discriminación; sabemos con certa certeza que varios concelleiros son lectores, imos a dar un tempo prudencial para ver que efectos ten esta información.
Antes de pechar, queremos felicitar con sinceridade a tódolos Pepes, Pepas, Pepiños, Pepiñas, Josefas, Fefas, Xosés,.... ¡¡¡Si que é un nome como Deus manda!!!, e tamén a todos os que sodes-somos pais.
Mirador do Monte Ancos, a 17 de Marzo do 2.013
Alberto Mate Maduro. Inspector en prácticas del Concello Galego de Contas; Delegación comarcal de Vilapene (Lugo; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario