CHANCHONADA 49º
OLAF, el vikingo
Máis ou menos todos sabemos que Olaf foi un rei vikingo, de fai uns mil anos,... pero hoxe aquí non imos a falar dos vikingos,... imos a falar da OLAF (Oficiña Europea Anti-Fraude). Debemos saber que fraude é: toda acción deliberada de engano con ánimo de lucro ou có fin de perxudicar a outra parte; pera a nosa querida OLAF tamén se adica a investigar certas irregularidades cometidas deliberadamente na xestión de fondos europeos, pois sito tamén é fraude, pois hai un engano que perxudica ós fondos das UE.
¿A qué ven todo isto?, pois nada que onte luns, por cuestións de traballo en certo pobo de Ourense coincidimos con dous funcionarios da citada organización, están de visita de inspección sobre como a Deputación de Ourense gastou unha millonada de € na rehabilitación de estacións de tren sen servicio, para adicalas a fin turísticos,... A sorpresa para este funcionarios foi descubrir que a inmensa maioría das mesmas seguen pechadas, sen uso, a medias de rehabilitar,... Mentres charlamos con eles na hora do xantar, non puidemos evitar pensar na famosa estación de autobuses da Guarda, ¿qué pasaría se un día recibe unha vista dun funcionario da OLAF?, seguramente a topará pechada, sen uso, abandonada,...
Sería unha pena deixala morrer así, sen darlle uso,... pero de seguir así, algúen pode escribir unha carta ó seguinte enderezo, axuntando fotos,...
OLAF
Rúe Joseph II 30
1000 Bruselas
Bélgica
Lamentablemente temos uns gobernantes que non están á altura deste pobo, non están altura dos tempos que corren, carecen de ideas, son lentos nas súas xestións,... iso si son moi rápidos para asignarse soldos de 42.000€ ó ano como a Sra. Sandra González, Alcaldesa de Tomiño; o concello da comarca có problema de paro máis grave, 1.884 parados e cunha taxa de desemprego do 22,06%, a máis alta de toda a comarca. Tamén temos os salarios da Sra.. Cristina Martínez e o Sr. Lois Vázquez, con 24.00€ ó ano por ter unha adicación parcial de 30 horas á semana.
¿Qué pasa Sr. Xan Lois Lomba? Voceiro do BNG na Guarda, aló polo mes de Xullo do 2.011, moito peléxaste por rebaixarlle o soldo ó Sr. José Manuel Freitas, Alcalde da Guarda, e ós demais membros do goberno do Concello da Guarda. ¡¡Que ben falabas de pórlle un tope anual para todos de 108.000€!!; ¿qué pasa Xan Lois?, ¡¡os nosos compañeiros do BNG de Tomiño cobran 125.000€ ó ano!!. Temos unhas dúbidas que deberías aclarar:
1º) No tema dos soldos hai dúas varas de medir, unha para os do PP, PSOE e outras forzas, para pórlles soldos pequenos e logo outra máis leve para que os compañeiros do BNG teñan mellores soldos.
2º) ¿A Sra. Alcaldesa de Tomiño, por ser do BNG, merece un soldo moito mellor que ó Sr. Alcalde da Guarda?.
3º) ¿Os alcaldes e concelleiros do BNG merecen privilexios especiais non seus ordenados?
Sr. Xan Lois Lomba, lembre que hai que predicar có exemplo; pero se o seu discurso na Guarda é diferente ó que fan os seus compañeiros de Tomiño,... entón é evidente que hai algo que non cuadra entre a teoría (o seu discurso na Guarda), coa práctica (realizado en Tomiño); pero como finalmente a xente olla as cousas feitas,... xa ten unha conclusión clara, o seu discurso é máis falso que un billete de 7€.
Antes de rematar, unha recomendación para o Sr. Alcalde da Guarda, recomendámoslle que polo ben das finanzas do Concello da Guarda, poña en funcionamento a estación de autobuses,... pois vostede xa sabe que os cidadáns desta vila xa non agachan a cabeza ante o Alcalde (¡¡Hai que tempos aqueles!!), agora dálles por denuncia-lo nos xulgados,... é alguén podería ter unha tentación de escribir unha carta a Bruxelas.
Mirador do Monte Ancos, a 19 de Marzo do 2.013
Norma Siempre Asustada. Directora de Protocolo del Ayuntamiento de Uyumbicho (Pichincha; Ecuador)
No hay comentarios:
Publicar un comentario