CHANCHONADA 42º
Reforma municipal
Imos a plantexa-los puntos básicos
dos que carece “anteproxecto de Ley de Racionalización y sostenibilidad de la Administración
Local”, que pretende levar adiante o Goberno Central; nós
entendemos que calquera proxecto para modificar e actualiza-la Administración
Local debe estar baseada nun estudio profundo de catro realidades:
A)
Realidade socio-económica
da sociedade. Hoxe non temos a mesma sociedade, nin económica, nin cultural,.. que
tiñamos en 1.833 cando Francisco Javier de Burgos, sendo Secretario de Estado
de Fomento, plantexou o actual sistema de concellos e división provincial.
B)
Demográfica. Resulta evidente que os
dous elementos principais e esenciais dun concello son o seu territorio e a
poboación do mesmo; pois un dos grandes problemas que temos na actual
estrcutura municipal é que un gran número de concellos levan moitos anos
perdendo poboación, teñen unha poboación reducida,... e isto redunda
directamente nos recursos económicos que son capaces de xenerar.
C)
Funcionais. Son os servicios que os
concellos prestan ós seus veciños; evidentemente canto menos veciños, menos
servicios pode prestar un concello e máis custoso resulta. Pero un problema moi
grave é que dende as Comunidades Autónomas estivose cargando sobre os concellos
funcións que non lles corresponde, son as competencias impropias,
có cal estes tiñan que asumir uns gastos para o cal non reciben financiación.
D)
Estructura funcional. Hai que moderniza-la
estructura funcional dos concellos, usa-los medios técnicos necesarios, pero
tamén os humáns. Non ten sentido usar medios modernos, pero que logo a xestión
dos recursos humanos seguen sendo igual que os de 1.940, ou anos anteriores.
Hai que ter moi presente que, a Administración Local é a administración máis próxima ós
cidadáns; entón có espiritú deste anteproxecto de Lei, se as
funcións e competencias son trasladadas dos concellos ás deputacións, con isto
valeirase de contido ós concellos e sobre todo alonxase a administración dos
veciños,... Agora, se un veciño ten un problema achegase ó concello para
plantexalo, fala có Alcalde, có concelleiro de turno, pero có sistema
plantexado na reforma, este veciño terá que desprazarse á capital provincial;
¿¿ten isto sentido?? Evidentemente NON.
Sobre as cousas da realidade de
1.833, non ten moito que ver coa realidade do 2.013; calquera alumno do San
Xerome Emiliani entende isto, pero parece que o Sr. Rajoy non. Hoxe en España hai 8.114 concellos,
varios estudios do Mº de Facenda establece que o umbral mínimo para que un
concello sexa viable económicamente e poida prestar servicios ós seus veciños,
debería ter unha poboación superior ós 5.000 habitantes. Pois 6.800 concellos están por debaixo dese nivel de
viabilidade (o 83,8% do número total de concellos). En
conclusión, se reducimos ó número de concellos, é evidente que hai unha reducción
do número de Alcaldes, concelleiros, funcionarios de habilitación nacional,...
tamén xenerase unha dinámica de escala moito maior, reducense certos gastos
funcionais, hai unha estructura máis simple e racional. O que non explica o Sr. Montoro é como aforrar 7.000 millóns de €
coa súa reforma; pois limitando o soldo de alcaldes e concelleiros, non
se acada tal aforro; pero coa reducción do número de concellos, si que hai unha
reducción do gasto que o Mº de Facenda estimaba en 2.011 por un valor de 4.200
millóns,
En 1.980 en España había 8.022 concellos, en 2.012 temos
8.114 concellos. Todo este proceso de aumento veo pola vía de segregación (división de
concellos), e todos ocurriron en concellos pequenos e con pouca poboación; maís
do 80% a pesar da segregación seguiron no proceso de perda de poboación, o que
fai evidente que este proceso non é ningunha solución. Vale que, equivocarse é de humanos, rectifica-los
erros é sinal de sabiduria, pero manterse no erro e reincidir nel é de tontos.
O camiño debe ir pola reducción
do número de concellos, mellora-la súa financiación e mellora.la súa esturctura
organizativa e funcional. Con isto podemos lograr unha Administración Local que
sexa máis áxil e funcional, que acade unha mellor xestións dos recursos
económicos dispoñibles,.... Claro está, sempre que os que gobernan se atopen á
altura dos medios dispoñibles; pois o que nós ollamos son políticos que na inmensa maioría dos casos carecen de
experiencia profesional na xestión de recursos humanos, económicos e materiais;
isto é como poñer un coche moi bó, un ordenador bó, e outros medios modernos
nas mans dun individuo que a súa capacidade vital e intelectiva está na época
de 1.920,... é evidente que non vai ser capaz de quitarlle todo o potencial a
eses medios. Pois isto mesmo lle pasa a moitos dos nosos Alcaldes e
concelleiros.
Hoxe imos a revelar un dos
maiores segredos do Concello da Guarda; levounos moitos meses de investigación,
ir recollendo información, agrupala con paciencia. De nada serve
aforrar, cando logo o gobernante de turno malgasta diñeiro en inutilidades.
Todos somos coñecedores da gran cantidade de pleitos nos que está o Concello da
Guarda por temas urbanísticos e outros,... pleitos
que nunca gaña; pero que no ano 2.012 tiveron un coste para avogados,
pleitos, recursos, procuradores... gastando nestes pleitos +54.400€. Cando o Sr. Alcalde sae na prensa facendose a victima, non dí nada
desta cantidade; pero postos a pleitear polo menos podía ofrecerlle
este traballo ós veciños que son profesionais do Dereito, que viven e exercen
na localidade,... ¡¡darlle traballo ós nosos veciños!! Claro que tamén nos extraña o silencio do PP e BNG que levan +6 anos
na oposición; ou descoñecen as cantidades (có cal non fan ben o seu traballo) e
se as coñecen e calan, en certo xeito son encubridores destes gastos.
Mirador do Monte Ancos, a 06 de Febreiro do 2.013.
Alberto
Comino Grande. Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de
la Universidad
de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario