martes, 5 de marzo de 2013

Cobardía política 2º


CHANCHONADA  41º

Cobardía política 2º





                Despois de lee-lo anteproxecto de Lei para a Administración Local que pretende face-lo goberno do Sr. Rajoy; non podemos dicir outra cousa que é un cobarde político; despois de todo fai honra ós seus anos como Presidente da Deputación de Pontevedra, onde nunca afrontaba os problemas, nin cando foi Vice-Presidente da Xunta,... sempre foi un cobarde que puxo a outros diante para que afrontase ó que él por cobardía ten medo de encarar. Ten un nome moi bonito: “anteproxecto de Ley de Racionalización y sostenibilidad de la Administración Local”.

                Pois este proxecto non é racional, nin é sostible. Primeira cousa, hoxe vivimos nunha democracia, e os cidadáns escollemos ós nosos representantes, pero non podemos votar polo membros que forman as deputacións, en consecuencia os cidadáns neste casos temos os nosos dereitos como electores secuestrados legalmente; con isto as deputacións manexan os nosos diñeiros, pero non queren que os cidadáns votemos,... polo cal acaban sendo un niño de corruptos, caciques, enchufados,... Sr. Rajoy, o racional e lóxico é que os cidadáns votemos para escolle-los nosos representantes nas deputacións, mentrás isto non ocurra, non representan os cidadáns, só a varios caciques.

                Consultando os datos do Mº de Facenda sobre os orzamentos das deputacións, vemos como moitas delas adican +60% do seu orzamento a pagar salarios; o que adican a inversións é pouco, pero temos a seguinte pregunta: se pasan a asumir competencias dos concellos máis pequenos e con poucos recursos económicos, ¿de onde quitarán as deputacións o diñeiro para asumir isto?, non me diga que o Estado aumentará a financiación das deputacións, e entón ¿por qué non aumenta a financiación dos concellos?. Sr. Rajoy quitarlle a comida a un pobre, para darlla a un rico; estadisticamente os dous comen o mesmo, pero na realidade hai un que pasa fame e outro vive na fartura. Incluso a deputación de Ourense está en quebra técnica, leva presentado un ERE a 30 empregados,... ¿qué exemplo de xestión e este?

                Non me fale de sinala-los soldos dos alcaldes por Lei,... a idea é boa, pero apenas aforramos nada por ahi; ó alcalde do meu pobo pode vostede rebaixarlle o soldo,... ¿pero quen lle mete man ós concelleiros das grandes cidades onde cobran case que todos?, ¿qué facemos cós 990 deputados provincias que os cidadáns non eleximos?. O problema é que neste sistema autonómico o Estado descentralizou nas comunidades, pero están non descentralizaron nos concellos, e as deputacións támpouco; o que fixeron foi cargar nos concellos a prestacións de servicios ós veciños, pero sen darlles os fondos económicos,... así os manteñen aforcados, e premian ós alcaldes do seu partido, castigan ós dos partidos contrarios,... mentras eles xogan a politiquiños rasteiros, quen sofre son os veciños.

                O 13 de Outubro de 2.014, o ano vindeiro; Brañosera fará o seus 1.190 anos como concello; cando o conde Munio Núñez concedeulle o seu Foro e a su Carta Puebla. Para que vexa o noso Presidente do goberno e tamén os outros ignorantes metidos a políticos; que a forma máis antiga de administración que temos e mantemos os cidadáns desta península Ibérica, son os concellos, cámaras municipais, axuntamentos, concejos, pobles,... moito antes de que existirán as deputacións, moito antes de que existiran as comunidades autonónomas, moito antes de existir como entes políticos os que hoxe falan de autodeterminación, consultas, refrendos,... ¡¡¡OS  CONCELLOS SON  MÁIS  ANTIGOS!!!. Probablemente haxa concellos con entidades máis antigas, pero Brañosera é o que ten o documento que así o atestigua, máis antigo. De feito hai moitos historiadores que din que os antigos concellos fixeron Galicia, Asturias, Aragón, Castela, León, Navarra,... e logo todos fixemos a España e a Portugal.

                A actual división provincial, ten o seu orixe na división territorial de Francisco Javier de Burgos, que fixo sendo Secretario de Estado de Fomento en 1.833. Ou sexa levamos coa división provincial, e gran parte do mapa municipal deriva desta reforma que xa ten 180 anos. Pero tras tantos anos o mundo trocou, e hoxe debemos adaptar a nosa estrcutura municipal a unha nova realidade que é o século XXI. Fai 180 anos, os avós dos meus tataravós tardaban 10 horas en ir da Guarda a Vigo, nun coche tirado por mulas, unha carta a Madrid tardaba 1 mes en chegar, naquela ainda no había telegrafo, telefono, nin existía o Faro de Vigo; dependendo do tráfico eu tardo sobre 50 minutos en chegar a Vigo, hoxe gracias ós medios electrónicos, todos sabemos das ventaxas que temos,... O mundo no que hoxe vivimos, vai máis aló da ciencia ficción que poideron soñar os avós dos meus tataravós.

                Realmente o noso problema son sos políticos que viven ollando para o pasado e temen afronta-lo futuro, pois é evidente que se camiñas ollando para atrás, vas de frente con aquela parte, onde a espalda perdeu o seu casto e honesto nome. A nós gostanos ir de cara pola vida, preferimos levar un sopapo na cara, que unha patada no....
               

Mirador do Monte Ancos, a 04  de Febreiro do 2.013.

Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)

No hay comentarios:

Publicar un comentario