CHANCHONADA 43º
Eficacia administrativa municipal
Dende 1.169 quedou fixada dun
xeito definitivo a fronteira galacio-portuguesa, e con ela este tramo do río
Miño. Evidentemente e dada a época histórica, ós miñotos ninguen preguntounos
polo tal tema, foi una realidade que
nos impuxeron dende forá; unha realidade que perdura ata hoxe, +800
anos, de tal xeito que é o tramo de fronteira máis antigo e estable da Europa.
Pero estes +800 anos de historia na
“raia” non supuxo un beneficio para as nosas localidades de ambas beiras do
río, máis ben foi todo o contrario, sempre foi un atranco, un
impedimento, unha barreira legal, administrativa, fiscal,... que lastrou o noso
desenrolo económico, industrial, laboral, en infraestructuras,... Así o que
noutro lado era un comercio local entre vilas veciñas, aquí ó mesmo chamabanlle
contrabando, polo tanto era un acto ilegal e perseguido pola xustiza; hoxe en
troques chamase comercio transfronterizo,... Queda ben craro que esta realidade
fronteiriza que foinós imposta, supuxo un forte e grave impedimento para o noso
desenrolo e progreso; polo tanto as autoridades gubernativas de
Madrid e Lisboa, e Santiago tamén, todas elas teñen unha gran débeda con nós,
por desgracia a mesma é imposible de
cuantificar en termos monetarios.
Nestes +800 anos de impedimentos, só hai una excepción, o Rei Alfonso V de Portugal,
quen en 1.462 concede cartas de privilexios ás vilas miñotas da Galiza,
polo cal estaríamos exentos de impostos no comercio coas nosas vilas irmáns; os
naturaís das nosas vilas non son considerados extranxeiros en Portugal,... Por
desgracia para nós só foi unha excepción. O
ano pasado fixo o 550 aniversario, que gozou do esquecemento total nesta beira
do río e na outra tamén.
Hoxe a realidade trocou coa
entrada de España e Portugal na Unión Europea, trocou a realidade xurídico,
administrativa, fiscal, cultural, laboral, policial,... pero aínda non trocou a
mentalidade de certos gobernantes capitalinos, que seguen a poñer atrancos na
nosa realidade diaria. Moitos dos nosos problemas teñen este marco de fondo, e
moitos dos nosos gobernantes ollan máis o marco de fondo que o problema en si
mesmo; non son capaces de entende-la
nosa realidade.
Para eses gobernantes somos
cidadáns de segunda ou terceira división. Para
nós o máis grave foi descobrir que no Plan de Cooperación Transfronteriza
España-Portugal para o 2.007 – 2.013, os maiores
beneficiarios forón institucións que non están na fronteira,
mentrás que para os nosos Concellos, Cámaras Municipais e outras institucións
locais só chegaron unhas migallas. En conlusión o diñeiro que aporta a Unión
Europea para favorece-las zonas fronteirizas, a maior parte destes recursos
monetarios é investido en lugares afastados de nós, ou sexa, outros estánse a proveitar duns recursos
que son para nós. Neste tema gobernantes de Madrid, Lisboa e Santiago
deben darnos unha explicación, pois nos tempos de crisis que temos, se
tivesemos estes recursos a situación económica e laboral podería ser non tan
mal, ter moitos menos desempregados, mellores infraestructuras,... Sentimos como se “roubasen o pan que é noso”,
pero unha parte importante da culpa
tamén a teñen os nosos gobernantes locaís, que non souperon adaptarse as novas
realidades.
Aquí temos exemplos de entidades
agraciadas con fondos do 1º Plan Transfronteirizo; a sorpresa é que moitos
beneficiarios que non están na raia.
Instituto
Enerxético de Galicia (INEGA) = 337.500€.
Ayuntamiento
de Zamora = 359.954€.
Consejeria
de la Presidencia
de la Junta de
Andalucia = 397.500€.
Ayuntamiento
de Cáceres = 750.000€.
Ayuntamiento
de Mérida = 431.220€.
Universidad
de Vigo = 200.000€.
Fundación para el fomento de la
calidad industrial y desarrollo tecnológico de Galicia = 816.200€.
Confedereción
de Empresarios de Pontevedra = 200.000€.
Secretaria
Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia = 350.000€.
Asociación
de empresas galegas adicadas a internet = 118.446€.
Diputación
de Pontevedra = 975.000€.
Concellos do Baixo Miño = 0€.
Mancomunidade Municipal do Baixo Miño = 0€.
Cámara de Moncao = 289.300€.
Cámara de Melgaco = 311.500€.
Cámara de Valenca = 343.400€.
Cámara de Paredes de Coura =
289.800€.
Cámara de Vilanova de Cerveira =
363.200€.
Uniminho = 450.000€.
Soamentes 2.047.000€ chegaron de xeito directo ós
concellos miñotos, a inmensa maioria perdese por ahí,... Todo isto dun
total de +129 millóns de € (1,58% do total
fai para os concellos protugueses do outra beira do río). Os Concellos do Baixo Miño tivemos unha cantidade fácil
de memorizar, = 0€. ¡¡Todo un exemplo da gran eficacia
administrativa dos nosos gobernantes locais!!
Así no 2º Plan Transfronteirizo
temos algúns dos moitos beneficiarios que non están na raia.
Dirección
Xeral de Xuventude e Voluntariado = 312.800€.
Concello de Sarria = 117.700€.
(¡¡Non é fronteirizo!!)
Concello do Barco de Valdeorras =
228.800€. (¡¡Non é fronteirizo!!)
Confederación de Empresarios de Lugo =
208.000€. (¡¡Non é fronteirizo!!)
Universidad
de Santiago de Compostela = 447.800€.
Centro
de Supercomputación de Galicia = 123.000€.
Concello de Lugo = 477.300€.
(¡¡Non é fronteirizo!!)
Diputación
de Pontevedra = 284.700€.
Universidade
da Coruña = 194.000€.
Concellos do Baixo
Miño = 54.000€ (programa aprobado para o Concello de Tomiño).
Mancomunidade Municipal do Baixo Miño = 0€.
Concello
de Ponteareas = 84.000€.
Cámara de Moncao = 52.500€.
Cámara de Melgaco = 152.500€.
Cámara de Valenca = 52.500€.
Cámara de Paredes de Coura =
86.250€.
Cámara de Caminha = 70.000€.
Cámara de Viana do Castelo =
162.500€.
Como vemos os números cantan e
tararean a mesma cántiga; os nosos
gobernantes municipais non son capaces de presentar proxectos para acadar
fondos europeos,... e logo estes rematan en outras localidades e entidades que
non están na fronteira. Ou sexa, có diñeiro que a Unión Europea adica a
esta zona fronteiriza, non non cheiramos nin un duro, pero outros levanse
millonadas gracias á inoperancia dos que mandan nos nosos concellos. Os nosos
gobernantes sempre estarán prestos a sair no Faro de Vigo, coa foto
correspondente, canda fan algo bó,... pero nunca van a sair a explica-los seus
erros, nin os custes que acarrean.
Mirador do Monte Ancos, a 08 de Marzo do 2.013.
Fernando Idea Cuadrada. Profesor universitario de
Teoría Política en la
Universidad de Arroyo del Cabrón (Zamora; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario