sábado, 29 de junio de 2013

Paro en Maio 2.013



CHANCHONADA  97º

Paro en Maio2.013.



Datos do desemprego de Maio do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Maio cun saldo -167 desempregados, o paro baixa nas cinco localidades.

 A Guarda  en Maio de 2.013  = 1.051 parados  (Homes 534 e Mulleres 517)
                Menores de 25 = 76 (Homes 39 e Mulleres 37)
                Entre 25 e 44 = 547 (Homes 264 e Mulleres 283) (52,04% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  428 (Homes 231 e Mulleres 197)

                Agricultura = 157
                Industria = 146
                Construcción = 141
                Servicios = 547  (52,04% do total de desempregados)
                Sin emprego =  76               

Na Guarda o paro baixa en 16 persoas, a maior parte do emprego creado foi no sector feminino, pois o paro no sector masculino da poboación medrou. Só baixa o grupo de entre 25 e 44 anos, con 27 novos empregos; medran o sector xuvenil con +2 desempregos e segue a crecer o paro no sector da poboación máis madura (>44 anos) con +9 desempregos. Os sectores que aportan subidas, +17 na agricultura e pesca, +1 no grupo de sen emprego anterior; crea +4 empregos a industria, +3 a construcción e 27 nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -1,52%, pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +2,85%, con +30 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 4 persoas.

 O  Rosal  en Maio de 2.013  = 793 parados  (Homes 388 e Mulleres 405)
                Menores de 25 = 59 (Homes 31 e Mulleres 28)
                Entre 25 e 44 = 379 (Homes 190 e Mulleres 189)  (47,8% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  355 (Homes 167 e Mulleres 188)

                Agricultura = 113
                Industria = 140
                Construcción = 158
                Servicios = 338 (42,92% do total de desempregados)
                Sin emprego =  44

No Rosal o paro baixa en 24 persoas, 4/5 do emprego creado foi no sector masculino, e 1/5 no sector feminino. Baixa en -6 grupo de >44 anos e -1 os menores de 25; o grupo de 25 a 44 crea +17 empregos. Sube no sector en +5 na agricultura e pesca; hai unha creación de +20 empregos de  nos servicios, tamén baixa o paro en +4 no sector da industria e +5 na industria, non hai trocos no grupo de sen emprego . Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -2,93%,  pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +0,37%, con +3 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 19 persoas.


Oia    en Maio de 2.013  = 366 parados  (Homes 201 e Mulleres 165)
                Menores de 25 = 29 (Homes 22 e Mulleres 7)
                Entre 25 e 44 = 196 (Homes 102 e Mulleres 94)  (53,55% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  141 (Homes 77 e Mulleres 64)

                Agricultura = 47
                Industria = 49
                Construcción = 74
                Servicios = 187  (51,09% do total de desempregados)
                Sin emprego =  37

En Oia o paro baixa en 28 persoas, baixa o paro en +20 no sector masculino e +8 no grupo feminino (1/3 do emprego creado). O grupo de >45 baixa en +6, baixa en +6 os menores de 25 e baixa en +16 o grupo de 25 a 44 anos, tódolos grupos depobación baixan. Sube o paro en, -2 empregros no sector de sen emprego anterior, baixa nos demais sectores, +5 empregos na agricultura e pesca, +2 na industria, +1 na construcción e +22 nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -7,10%, pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +2,73%, con +10 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 11 persoas.

 Tomiño    en Maio de 2.013  = 1.854 parados  (Homes 919 e Mulleres 935)
                Menores de 25 = 169 (Homes 92 e Mulleres 77)
                Entre 25 e 44 = 897 (Homes 432 e Mulleres 465)  (48,38% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  788 (Homes 395 e Mulleres 393)

                Agricultura = 200
                Industria = 284
                Construcción = 352
                Servicios = 866  (46,7% do total de desempregados)
                Sin emprego =  147
           
En Tomiño o paro baixa en 51 persoas, ¾ do emprego creado foi no sector masculino e ¼ no sector feminino. Baixan os tres sectores de idade, menores de 25 baixa con +22 empregos, +33 empregos no sector entre 25 a 44 anos, os >44 anos baixan con +6 empregos . Baixa o paro en tódolos sectores, +5 na agricultura, +10 na industria, +19 na construcción, +20 nos servicios e +2 no grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -2,67%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +120 parados, un +6,47%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 5 persoas.


Tui    en Maio de 2.013  = 2.327 parados  (Homes 1.054 e Mulleres 1.273)
                Menores de 25 = 187 (Homes 104 e Mulleres 83)
                Entre 25 e 44 = 1.222 (Homes 540 e Mulleres 682)  (52,51% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  918 (Homes 410 e Mulleres 508)

                Agricultura = 95
                Industria = 427
                Construcción = 371
                Servicios = 1.206  (50,78% do total de desempregados)
                Sin emprego =  276
           
En Tui o paro baixa en 48 persoas, o paro baixa con +51 empregos no sector masculino, pero crece no sector feminino, pois medra en – 3 empregos. O paro baixo nos tres sectores de idade, pero moi especialmente o grupo de idade de 25 a 44 anos con +30 empregos, os >44 anos teñen +17 empregos e os menores de 25 anos +1 emprego (neste grupo hai unha subida no sector feminino) . Baixa o paro en tódolos sectores, con +6 empregos na agricultura, +13 na industria, +18 na construcción, +9 empregos nos servicios e +2 no sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -2,06%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +149 parados, un +6,40%. No que vai de ano 2.013 o desemprego sube en 11 persoas.


                Queremos felicitar ós 167 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Neste mes tódolos concellos xa entran en creación de emprego, menos Tui que ainda presenta un saldo negativo,... xa fai tempo que avisamos que os datos de Tui e Tomiño son malos,... A situación de Tui é mala, pois coa chegada da tempada estival, o seu sector de servicios apenas xenera emprego, un dos datos que sinalan que o motor económico de Tui non vai ben, son o número de contratos feitos; en tódolos concellos da comarca este signo medra respecto ó ano pasado, pero en Tui cae un -12%. Outro dato que destaca é que tanto na Guarda como no Rosal medra o desemprego no sector da agricultura, especialmente pola situación delicada do sector pesqueiro. As autoridade seguen sen enterarse, coller a unhas poucas persoas contratadas polos concellos con cartas da Deputación para limpar praias, barrear rúas,... iso non é facer un plan de emprego, nin políticas para activar empregos,...


               
Mirador do Monte Ancos, a 29  de Xuño do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario