lunes, 3 de junio de 2013

Unha explicación pública


CHANCHONADA  85º

Unha explicación pública.




           Este Domingo despois de disfrutar có paseo matutino para admira-la beleza das alfombras de flores que durante a noite fan os nosos veciños, de facer moitas fotos das alfombras, da procesión, da afillada que facía a primeira comunión,... despois de todo isto pasamos a familia por diante dun bar cercano á Igrexa Parroquial, e alí estaban tódalas autoridades locais e invitadas a gozar dun pequeno ágape e refrixerio,... seguro que pagado cós nosos diñeiros,... logo pasará como o empresario de hostelería local que puxo o pinchos da presentación do Plan Director do Monte,... ainda está a esperar paa cobra-los 190€,... ¡Hai que ter máis que paciencia para cobrar da Casa da Praza do Reló!
               
O outro día, na páxina de “infogauda” había un bonito artigo sobre as deudas que deixou no Concello a persoa que tiña a concesión municipal da cafetería do Ferry. Estivemos revisando na nosa documentación; e dende logo é certo hai un documento da Intervención do Concello da Guarda onde fala que esta persoa deixou unha débeda de 31.080€ polo aluguer da cafetería,... ou sexa mentrás estivo ó frente só pagou os primeiros meses, logo xa nunca máis pagou. Todo este período de impago coincide no tempo coa presencia no goberno municipal do PSOE; ¿por qué permitiron que toda esta situación de impago se prolongase durante +4 anos?; nós somos incapaces de entender isto.

Agora ven a Sra. Betriz Estévez é fai público que ademáis de estar sen cobrar esa deuda, hai novos documentos que amosan un novo incremento da débeda, por un importe de 11.870€, pois a persoa que tiña a cafetería do Ferry támpouco pagou as facturas eléctricas, que agora debe afronta-lo Concello. Vamos a ver se o entendemos ben; tivemos a unha persoa ó frente da cafetería do Ferry sen paga-lo aluguer durante +4 anos, támpouco pagou as facturas da luz de Fenosa e agora temos que paga-las cós nosos diñeiros públicos,... Realmente nós non entendemos isto, ou sexa os beneficios son para ela e os pufos son para nós os veciños. ¿A qué se debe este privilexio tan prolongado no tempo?

Ou sexa facendo contas esta señora despois de deixa-la cafetería do Ferry, fixonos o regalo dun “pufo” de  case 42.000€; polas indagacións que fixemos poiderá ser que a cantidade adebeda a Fenosa ainda poidese ser maior, ainda poderían aparecer novas facturas. Isto é un exemplo da gran xestión económica da Sra. Montserrat Magallanes ó frente do Concello; temos varias preguntas que gustariamos que tiveran resposta pública e oficial dos nosos políticos da Guarda:
1º)  ¿Por qué se permitíu esta situación de impago durante +4 anos?
2º) A parte dos 11.870€ de deudas con Fenosa, ¿teremos que asumir máis impagos da cafetería do Ferry?
3º) ¿Qué medidas tomaron para asegura-lo cobro destas deudas?
4º)  ¿Qué fixeron a Sra. Fátima Iglesias, Sr. Xan Lois Lomba, Sr. Buenaventura Lomba e a Sra. Isabel Lidia González mentras foron concelleiros entre o 2.007 ó 2.011?; ¿cómo é posible que non detectaran os impagos que estaba deixando a persoa que tiña a cafetería do Ferry?
5º) Como é de xente ben nacida ser agradecida; os nosos agradecementos para as persoas que fan posible “Infogauda” e a concelleira Sra. Beatriz Estévez pola labor de fiscalización e información ós veciños da Guarda.

Un dos membros deste Mirador quere deixar presente aquí a súa protesta e chamada de auxilio. Vai sobre unha longa historia de esquecementos, de lonxanía,... aló polo ano 1.965 nacía en Moscú o vello e histórico “Centro Español”, o lugar onde se xuntaban todolos exiliados, os “nenos da guerra”,... hoxe ese histórico “Centro Español” da rúa Kuznetsk corre o peligro de ser pechado por falta de axudas para paga-lo aluguer,... os poucos “nenos da guerra” que ainda viven xa son moi maiores, octoxenarios ou máis,... non poden facer fronte ó aluguer,... chegaría con que os deputados do Congreso renunciaran a un café diario durante un mes, e o histórico “Centro Español” podería paga-lo aluguer de todo un trimestre.

Por desgracia, os nosos maiores despois de todos os sacrificios que pasaron, non teñen os respetos e coidados dos que gobernan. Sabemos que temos lectores en Moscú e noutras cidades rusas, sabemos que eles faran algo polos nosos “nenos da guerra”; dende aquí, un saúdo cariñoso para o Sr. Francisco Mansilla e ós demais socios.

Mirador do Monte Ancos, a 3  de Xuño do 2.013.

Bautista  do Rio  Jordan.  Pastor y predicador anabaptista   (Divinopolis; Minas Gerais; Brasil)




No hay comentarios:

Publicar un comentario