CHANCHONADA 88º
Aprender
para saber.
Hoxe queremos felicitar á Sra. Fátima Iglesias por
atopar un traballo; dado os
tempos que corren isto non é tarefa doada. Pero dado o maxisterio que vai
exercer, queremos facerlle lembrar unhas pequenas ensinanzas dun vello mestre
que xa finou fai varios anos; este vello mestre sempre decía que os humanos
temos dous camiños na vida: a vía da ignorancia e a vía do coñecemento, o
primeiro é un camiño fácil de andar, apenas require esforzos, pero o segundo é
duro, pide esforzos, sacrificios,... uns avanzan máis, outros menos,... pero
nunca se chega á meta final.
Hoxe vostede, Sra. Fátima
Iglesias, vai exercer un maxisterio que desexamos sexa productivo e de proveito
para eses mozos e mozas que tódolos días adican esforzos e horas de estudio
para intentar aprobar unha oposición; dende logo presentanse tempos duros para
estes mozos e mozas que desexan ser funcionarios públicos, pois todos sabemos
que as prazas convocadas son moi poucas e os aspirantes moitos, pero moitos,...
Vostede poderá ver como adican tempo e moito esforzo a estudia-los amplos
temarios, a prácticar númerosos exercicios para domina-la materia e o xeito de
face-los examenes das probas selectivas,... Entón ollando eses sacrificios, vostede debería de preguntarse se é
xusto que todo estes esforzos, horas de estudio empregadas sexan estériles porque
certas persoas amañan os procesos selectivos da elección de persoal para
traballar na Administración, en beneficio duns coñecidos.
Varias veces vostede leva dito en público que de
tal materia non sabe, que sobre outra necesita tempo para estudiar,... O noso
vello mestre sempre decía que: toda a nosa vida está chea de
momentos para aprender e así aumenta-lo noso saber. Pois hoxe
vostece tamén pode aproveita-la oportunidade que lle ofrece o seu novo posto de
emprego, e desde alí aprender cousas novas que lle serán de utilidade na súas
tarefas como concelleira; como por exemplo a Lei 30/1.992 do Procedemento
Administrativo, sobre todo o apartado das causas de abstención no procedimento,
as causas da recusación,... Dado que os seus alumnos e alumnas terán que
estudiar moita normativa sobre Función
Pública, non estaría de máis que vostede tamén aprenderá sobre esta materia;
pois a normativa sobre Función Pública é a base normativa legal para a xestión
do persoal que traballa na Administración,... logo poderá apreciar de
que xeito esta normativa se aplica na realidade administrativa na cal vostede é
concelleira,... irá vendo que unha cousa é o que sinala a Lei, e outra distinta
e distante a que lle “fan comulgar” alguns compañeiros de Corporación con
moitos anos nela, pero con moita ignorancia neste tema.
Así querida Sra. Fátima Iglesias, vostede
pode emprega-lo seu posto de traballo para seguir polo camiño da ignorancia, ou
esforzarse por seguir polo camiño do coñecemento. Para que
vostede e os nosos lectores entendan a necesidade do coñecemento, imos a
explicalo cun exemplo que aconteceu fai poucos días.
Por cuestións de
profesionalidade, acudimos a certa cafetería que está moi cerca do inicio da
rúa Lalín en Vigo, xa que nesta rúa están os xulgados; nesa cafetería a inmensa
maioría dos clientes e parroquianos diarios na sesión matutina son empregados
da Administración de Xustiza e outros relacionados con este mundo. O outro día
certo Secretario Xudicial ilustraba ós contertulios sobre a importancia de levar
moi preparada a argumentación que se fai defender nun xuizo e que a mesma teña
unha base legal; o seu exemplo de como non acudir a un xuizo, por non ter
argumentacións, nin nada preparado, foi o seguinte para a nosa sorpresa....
Os seus protagonistas foron: o Xerente do Centro
San Xerome Emiliani e o avogado contratado pola Xerencia. O xuizo versaba sobre
un despido contra unha persoa que labora no citado Centro,... a argumentación
básica do Xerente e o avogado para defende-lo despido era que esta persoa leva
moitos anos traballados, e non tiña a titulación académica que hoxe se require
para esa actividade,... Imos a decir que o avogado da defensa, demostrou que
cando esta persoa entrou a traballar, xa fai moitos anos, para esa actividade
non se requería esa titulación,... i este tema da carencia da titulación xa era
coñecido pola Xerencia dende sempre,... O
Sr. Xuiz ollou tan insustancial e carente de sentido as argumentacións do
Xerente e avogado, que tivo a ben finaliza-lo xuizo e deixa-lo visto para sentencia;
alegando que cando un xerente contrata a unha persoa desde o momento da
formalización do contrato xa é consciente da titulación académica da persoa que
contrata para desempeñar tal actividade; pero non pode alegar isto catro
lustros depois... O Sr. Xuiz tiña xuizos máis importante e non podía perde-lo
tempo con tonterías.
Claro que o noso Xerente
do Centro San Xerome Emiliani ten a titulación académica para
ocupar tal resposabilidade; pero, ¿ten
os coñecementos para exercer esa función?; e ¿os seus emolumentos por esa
responsabilidade están de acordo cós resultados prácticos das súas xestións?.
Para nós non ten coñecementos prácticos para a función que fai, e o soldo é
demasíado alto para os resultados que a súa xestión teñen na vida administrativa
do Centro San Xerome Emiliani. Dende fai uns anos na Vila da Guarda está de
moda gastar diñeiro público en pleitos que están pérdidos, en pagar minutas a
avogados de escaso rendimento nos xuizos, de perder pleitos e máis pleitos,... Sr. Xerente do Centro San Xerome
Emiliani un consello: ¡¡non siga o exemplo do Sr. Alcalde da Guarda que perde a
maioría dos pleitos que emprende, claro que malgastando os diñeiros dos
veciños!!.
Mirador do Monte Ancos, a 10 de Xuño do 2.013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario