miércoles, 26 de junio de 2013

Comprar ó informador


CHANCHONADA  96º

Comprar ó informador.




           O informe do ano 2.010, do Concello de Contas (órgano que fiscaliza, daquela maneira, as contas das administracións públicas galegas), permite observar un dos aspectos máis controvertidos dos diferentes executivos da Xunta de Galicia: as axudas ós medios de comunicación galegos. Así no ano 2.010 a Xunta de Galicia otorgou en axudas 15,2 millóns de €, a empresas privadas de comunicación:

Voz de Galicia, Radio Voz, Canal Voz e outras empresas do grupo:  4,6 millóns de €.
Faro de vigo e empresas do grupo:  1,38 millóns de €.
El Correo Gallego, Editorial Composela e empresas afíns:  1,87 millóns de €.
El Progreso, El Diario de Pontevedra e empresas do grupo:  2 millóns de €.
La Región, Atlántico Diario e empresas do grupo:  1,5 millóns de €.

“Convenios de colaboracións”, compra de espacios de publicidade por parte da Xunta e as súas consellerías nos medios de comunicación: 9,65 millóns €. (nesta cantidade xa hai aportacións que están nas cantidades asignadas ás empresas anteriores).

                No informe do Consello Galego de Contas do ano 2.008; último ano do “bipartito”, tamén hai un apartado por este concepto; naquel ano o goberno PSOE-BNG repartíu entre os medios de comunicación galegos a cantidade de 25 millóns de €.

            “Estomagos agradecidos”, está é unha expresión un pouco ofensiva para referirse a aquelas persoas que gozan dun “mecenazgo” un tanto especial; no son artistas, non están obrigados a facer obras de arte e adicalas ós seus mecenas,... a súa labor e falar sempre ben dos seus mecenas, calar e silencia-las voces discordantes,... Polo tanto no é casualidade, nin nos extraña a cantidade de “estomagos agradecidos” que hai no mundo do xornalismo.

                Tamén, no mundo do xornalismo local-comarcal, ou sexa o das nosas localidades miñotas, tamén temos algúns destes profeionais que son “estomagos agradecidos”. Non imos a poñe-lo nome de ninguen; isto aconteceu aló polo mes de Novembro do 2.011, un venres pola tarde, sobre as 18.30 horas. Certo profesional do periodismo local falaba moi animosamente, máis ben lle explicaba as regras do xogo da política municipal ó seu interlocutor, o cal debía ser novato e ainda non tiña ben aprendida a lección dos intereses que hai detrás das bambalinas do poder. Claro que o profesional do periodismo local, a todo isto lle chamaba “política informativa del medio X”.

                Polo que poidemos escoitar, a política informativa do medio X, xira sobre un único eixo que o outro interlocutor non tiña craro, polo seu descoñecemento, ignorancia, ser novato nesta realidade,... a cantidade de diñeiro que os concellos aportan anualmente ó medio X. Canta maior é a cantidade, máis espacio informativo recibe o Concello A, B, C,... evidentemente, o medio X debe dar preferencia ás noticias que interesan ó Sr. Alcalde de A, B, C,... mentrás que as persoas que non teñen poder executivo-administrativo-económico están na escala de prioridade en lugares moito máis abaixo que o Sr. Alcalde de A, B, C,...

                Nunca chegamos a saber quen era o interlocutor que estaba no outro lado da conversa, nunca soubemos se era un concelleiro novato, un xornalista becario novato,...; nun intre dado o  profesional do periodismo local, lle “demostrou o seu poder”, lle dixo que dentro dunha hora habería Pleno no Concello da Guarda, lle dixo que temas ían ser aprobados polos votos do PP e PSOE,... Meses despois poidemos olla-la acta dese Pleno, e o profesional do periodismo local tiña razón, varias horas antes xa sabe o que vai acontecer.

            Aquela conversa nunha cafeteria de Tui, nunca foi do noso gosto; pero descubrir meses despois que hai xogos ocultos fóra da luz pública, para nós foi a gota que colmou o vaso. Hoxe, cando nós leemos os xornais locais, os leemos con certo desprezo, pois sabemos que só contan aquelas novas que lle interesan ó “mecenas”, pois os nosos xornalistas locais ven moi cómoda a súa postura de “estomagos agradecidos”.

                Queridos lectores, unha cousa é a libertade de prensa e outra moi diferente e distinta a prensa libre.


Mirador do Monte Ancos, a 26 de Xuño do 2.013.

Luciano Respeta Nada.  Director adjunto del periódico “Foxnews” de Valdezorras (Sevilla; España)




No hay comentarios:

Publicar un comentario