CHANCHONADA 95º
Ambición
por aprender.
As dificultades de financiación, da marcha contable
dos nosos conellos é un tema que tratamos neste blog varias veces, pero dende
diferentes puntos e ángulos de estudio, para tratar de ter a visión máis ampla
sobre este problema. O problema de
fondo, é que os nosos concellos necestian unha reforma a fondo da Ley de
Facendas Locais, a revisión do sistema impositivo, o uso e abuso de urbanismo
como fonte de financiación, a pesada carga que os concellos soportan por
prestar servicios que lle corresponden a outras administracións,...
Pero
debemos saber queridos amigos, que no resto de Europa ós cans non os atan cunha
ristra de salchichas, vale que os seus sistemas municipais están mellor
diseñados, pensados, teñen unha lexislación máis crara,... Pero tamén teñen
garbanzos negros; neste días, meses, anos,... en calquera tertulia sempre nos
poñen Alemania como un exemplo de todo,... aceptamos que en moitas cousas poden
ser exemplo, noutras ainda están a prender de nós.
Pero
imos a entrar no sistema municipal alemán, leva
varias decada sumido nun proceso de fusións e concentracións de concellos; en
moitas cousas son un exemplo donde podemos ollarnos para copiar e avanzar,...
Pero tamén teñen concellos que están bordeando a quebra económica. Pero tamén hai outros que son todo un exemplo que
deberíamos estudiar, comparar e tentar aprender algo deses concellos. Temos o
caso do “Straelen am Niederrheim”, que está no Land de Renani do
Norte-Westffalia; non ten grandes recursos económicos, pero as súas
contas están saneadas, ten moi boas instalacións deportivas, é unha cidade
coidada, e un urbanismo moi racional e coidadoso có medio ambiente.
Se
este verán ides de vacacións polas terras alemanas, podedes visitar os
seguintes lugares: Bad Kreuznach
(cidade blanearia no Land de Renania-Palatinado); Herrenberg que está moi perto de Stuttgart; Fulda no Land de Hessen,
que ten un bó hospital, orgullo da cidade é que para nada pensan privatizar,
pero ademáis esta cidade posue un fermoso patrimonio barroco,... ¡¡Sorte para
eles que non tiveron concelleiros de urbanismo e arquitectos
galegos-españois!!, pois dese patrimonio non quedaria nada.
Cal
é a conclusión que quitamos. Podemos face-los estudios sobre os nosos concellos
que queiramos, sobre diferentes materias, estudios cheos de datos,... Face-las
reformas fiscais, lexislativas, de estrcutura administrativas municipais,... O
marco institucional é importante, o marco lexislativo tamén é moi
importante,... Pero, o máis importante son as persoas
que están ó fronte de cada organización administrativa municipal.
Podemos
ter o mellor concello (ou empresa privada), con abundantes recursos económicos,
bó persoal para traballar, maquinaria moderna, boas leis,... Pero se están
dirixidas por incompetentes,... toda esta boa maquinaria rematará por non
funcionar, por entrar en quebra. Polo tanto, o factor humano é moi importante para ter éxitos; o que non
necesitamos son incompetentes, ignorantes, corruptos, chanchulleiros,
cacicoides varios,... e outros especiméns que coñecemos. Agora xa podedes
entender porque os últimos artigos trataban o tema da ignorancia e diferentes
variantes da mesma.
Nunha
estructura social creada polos homes, hai tres factores moi importantes: o
factor material (ferramentas e medios técnicos), o factor do entorno onde se
está e o factor humano; pero o principal é o factor humano,... se falla este,
os outros por si sós non fan nada. O doutor diagnóstica unha enfermidade ó seu
paciente, recetalle os medios farmacolóxicos para curalo, pero o paciente debe
acatar e respetar certos consellos que lle da o seu doutor,... o noso problema é que o paciente non
asume a súa parte de responsabilidade na cura,... polo tanto mal pinta
todo.
Mirador do Monte Ancos, a 24 de Xuño do 2.013.
Alberto Comino Grande. Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de
la Universidad
de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario