CHANCHONADA 86º
Unha
primavera rara.
Por fin
chegou a calor; esta tiña sido unha primavera rara, o inverno chuvioso que
tivemos prolongouse máis do normal, logo viñeron días de frío máis propios de
Febreiro que de Abril, días e días de nortadas, frío,... Semella que esta
primavera vai ser curta. Aquí a primavera debería de ter comenzado coa
froración das mimosas, cós seus vistosos ramos de frores marelas a mediados de
Febreiro,... peron non este foi un ano raro.
Xa comenzou có tema do despido
de algúns empregados do San Xerome Emiliani, rápidamente as posturas entre as
partes radicalizáronse,... e por desgracia para as dúas partes non hai canles
de comunicación. O outro día atopei na rúa a José Carlos González Blanco, ía a
entrega-lo parte de baixa laboral ó Centro,... non me alegro que a súa saúde se
resinta; pero sempre hai outro xeito de face-las cousas; ainda que tamén podería ser un “acto de escurri-la
responsabilidade” baixo a forma dunha baixa laboral (nisto ten moita
experiencia). Me da igual; pois o xerente segue extendedo a súa dictadura
intimidatoria, máis secretismo, tentar facer celadas con documentos para ver se
alguen os colle, tratar de averiguar se hai topos no Centro,... ¡¡Meu Deus
estáse a voltar paranoico!!.
Unha desas medidas paranoicas
foi instalar unha cámara de vixiancia, e facer gravacións das persoas que
tódalas mañáns ali se concentran. Logo chega a Guardia Civil, hai que
desmonta-lo tenderete ilegal e agacha-la orella,... ¿Prosperará a denuncia?,
non o creemos, pois coa entrada en vigor da Lei 25/2.009 que modifica aspectos
da Lei 23/1.992;... en principio é legal que un particular instale e xestiones
unhas cámaras dentro da súa propiedade privada,... ¿qué podemos esperar de
políticos mediocres?, pois as leis que fan na inmensa maioría dos casos son
contradictorias. Tamén está o problema, que esta batalla está creando fisuras
dentro do BNG da Guarda, onde xa hai “baixas”
entre a súa escasa militancia. Desexamos
que a campaña de captación de sinaturas vaia ben, pero hai que ir a buscalas,
non limitarse ós sábados na Alameda. Hai mebros da Xunta Directiva que
desexarían que triunfase unha moción de censura, pois xa están fartos de todo
isto, queren levar unha vida máis normal.
Có tema das preferentes, agora está de moda non convocar plenos en
“solidaridade cós afectados”,... Me parece ben ser solidarios e apoiar
a estes afectados; pero señores Alcaldes o seu deber é cumplir coa Lei (Artículo 46º. 2 da Lei Reguladora das Bases dol Réximen Local
(LBRL),
en todo caso, o Pleno celebrará sesión ordinaria como mínimo cada 2 meses nos Concellos dunha poboación entre 5.001
habitantes y 20.000 habitantes; e cada 3 en tódolos concellos de
ata 5.000 habitantes), e esta sinala que vostedes deben convoca-los plenos dos concellos,
dar inicio ós mesmos,... se logo o público interrumpe a sesión e non é posible
levala adiante, pois suspendese,... Isto é o proceder legal, o que vostedes fan
é un un ilicito, que podería estar dentro do delito de
prevaricación (artículo 404º del Código Penal). Sabemos que hai Alcaldes que esta “solidaridade”
a aceptan como un regalo, pois así escapan ó control e fiscalización da
oposición. Querido Sr. Jesús María Fernández, Alcalde de O Rosal, que
os membros da plataforma das preferentes centren o seu ataque no consistorio
rosaleiro,... non é casualidade, hai un interés non declarado, onde ti eres o “premio a cobrar”,
alguen amparandose na protesta busca resolver asuntos privados e obter nun
futuro unha “hipotética rendabilidade electoral” a nivel municipal,... os
demáis xerifaltes do PP da Guarda, Oia, Tomiño,... non son premios tan
importantes.
Que peniña, que pena,... están
que choran os membros da Coral Polifónica da Guarda; despois de tantos anos,
este ano eles non cantarán a misa solemne da Virxe do Carmen,... Hai un novo
grupo coral,... todo isto gracias a eses ex-achegados ó PP que agora son moi
próximos ó PSOE (estas persoas sempre están moi próximas a quen goberna),...
pois consideran que os membros da Coral xa van vellos, o repertorio está
obsoleto,... hai que trocar,... ¿Qué lle imos facer?, hai xente que pensa que por ser propietaria dunha libreria xa é unha
persoa culta,... pero a cultura cóllese leendo, viaxando,
aprendendo,.... e o diñeiro non compra nin a cultura, nin a intelixencia.
Xa que estamos có tema da
primavera, imos a rematar falando do “aroma da primavera”,... O membro
hispano-ucraniano do Mirador sempre nos comentou do especial aroma da primavera
nas cidades rusas e ucranianas,... Este ano por cuestións de traballo, poiden
comprobar que é certo, durante os días que estiven en Moscú, a cidade tiña un
“olor moi especial”. Despois do longo inverno, do frío, da neve acumulada,...
coa chegada da primavera cuadrillas de operarios municipais ("краска"
- kráska) están traballando repintando todo; hai que poñela cidade bonita,
lustrosa,... e todo cheo de carteis avisando do perigo: (ОСТОРОЖНО ОКРАШЕНО),
“RECEN PINTADO”. Pois, ás
nosas vilas non lle viñan mal en certo sitios unha man de pintura,...
Polo tanto hoxe xa sei, o primer aroma da primavera nas cidades en Rusia e
Ucrania é o da pintura. Polo menos eles traballan para poñe-las cidades
bonitas,... aquí paredes con pintadas, merdas de can polas aceras, xardíns sen
coidar,.... ¿¿entendido??
Mirador do Monte Ancos, a 5 de Xuño do 2.013.
Francisco Jones
Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y
transporte de crudo de la
TEXACO JONES OIL
(CorpusChristi; Texas, USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario