viernes, 14 de junio de 2013

Saúde Pública


CHANCHONADA  90º

Saúde Pública.




                  Imos a falar de algo moi importante para todos: a saúde pública; pero non dos centros de saúde, dos facultativos médicos que temos, do persoal de enfermería, da dotación económica que teñen os centros de saúde,... Imos a falar doutro tema de saúde pública que é moi importante, pero que é descoñecido pola inmensa maioría dos veciños da Guarda, Rosal, en menor medida Oia e Tomiño; un tema que algúns profesionais da mediciña coñecen dende fai algo máis dunha década, pero que non é coñecido polas autoridade locais, ou moi poucas saben algo disto.

                Imos falar da hepatitis B, unha enfermidade infecciosa vírica, que produce unha necrosis hepatocelular no paciente, podendo chegar a unha fase aguda que leva á morte, ou ser máis beningna onde un 25% dos pacientes a teñan de forma crónica, e un 75% recuperese da mesma e adquira anticorpos da mesma. Esta enfermidade comenza a ser identificada dun xeito individual a partir de 1.967 ou 1.968. Esta infección ten unha certa relevancia na área do sur de Europa, conca mediterránea, Balcáns, conca do Mar Negro,... que ronda entre o 2% ó 8%.

                Certos profesionais médicos que atenden ós cidadáns da zona sur de Vigo (polo tanto a nosa comarca), dende fai pouco máis dunha década veñen detectando que a incidencia da Hepatitis B na zona sur de Vigo está dentro dos parametros normais que van do 2 ó 8%; pero hai unha excepción: a poboación dos concellos da Guarda e Rosal, i en menor medida Oia e Tomiño. Na poboación de ambos sexos que teñen entre 55 anos a 80 anos, a incidencia da presencia do virus da hepatitis B, anticorpos do virus,... chega a indices do 20% no caso da Guarda e Rosal, en Oia e Tomiño están entre o 10 ó +15%,... Ou sexa uns parámetros que se saen do normal.

                Moitos destes pacientes son descoñecedores que durante unha etapa ceda da súa vida tivesen padecido unha infección de hepatitis B, que son portadores de anticorpos,... cando o descubren, normalmente xa están xubilados, ó tratarse dalgunha doencia crónica,... na analítica é cando descubren a realidade,... Realmente cós medios técnicos, diferentes fórmulas farmacolóxicas,... o problema non é grave,... Pero a estes profesionais da mediciña teñen a mesma dúbida: ¿Qué aconteceu na Guarda e Rosal a durante a décado dos 50 ou primeiros do 60 para que sexa tan alta a presencia de virus ou anticorpos da hepatitis B nesta poboación?.

                Hoxe isto non é un problema de saúde grave; pero ainda hai moitas persoas maiores que son descoñecedores desta realidade,... e cando o descubren o tratamento que ían recibir para unha enfermidade crónica normal, debe ser alterado, pois hai que atender a dous problemas distintos,... A hipotese que ten máis visos de verosimilitude é que un ou varios individuos con esta enfermidade, fose confundida con outra sintomatoloxía,... e que fosen medicados por medio de xeringas hipodérmicas, as cales quedaron contaminadas e estas foron o vehículo de transmisión do contaxio a outras persoas. Hai que lembrar que nos anos 50 e 60, non se usaban agullas, nin xeringillas dun só uso, os nosos médicos e practicantes cunha mesma xeringa e agulla, realizaban inxeccións a diferentes pacientes, claro que entre paciente e paciente había unha desinfección usando unha cocción en agua a 100ºC (por desgracia descoñecian que algúns tipos de virus sobreviven a este procedimento).

                Hoxe a enfermidade ten tratamento, hai vacina para a hepatitis B,... Pero é bó que os nosos maiores coñezan que existe unha alta posibilidade que teñan na súa sangre a presencia de anticorpos desta enfermidade, tranquilizalos que non vai a pasar nada,... Para aqueles que teñen coñecemento deste datos, que o expoñan sen medo, a ocultación deste problema, non é unha solución realista ó mesmo.  Non estamos creando unha alarma sanitaria, pero si que é importante ter ben identificado ó grupo humano que están dentro do problema que tratamos, para telos baixo unha certa vixiancia médica.

Mirador do Monte Ancos, a 14 de Xuño do 2.013.

Aldo  Loroso  Picor.  Doctor y Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado; USA)

1 comentario: