CHANCHONADA 92º
Placebo
azul.
O Sr. X leva varios anos sentíndose mal, pero o
seu vello doutor lle dí que todo vai ben, lle amosa os papeis do últimos
analisis clínicos, os valores da tensión arterial, que o colesterol está
ben,... A dona do Sr. X apoia todo o que dí o doutor, para animalo sempre o
viste ben, que vaia ben traxeado ó traballo, unha fermosa garabata, a camisa
ben planchada,... Pero tanto a dona como o doutor son conscientes que a saude
do Sr. X non marcha ben, pero por diversos intereses entre ambolos dous teñen
creada unha pseudo-realidade ó redor do Sr. X.
Unh
día o doutor xubila e a súa praza é ocupada por un doutor novo. O Sr. X vai a
súa cita có novo doutor, pero este olla ó seu historial médico, escoita o
paciente,... finalmente lle extende un volante para que realice unhas novas
analíticas. Días despoís, coa nova información nas mans, o novo doutor
expresalle con sinceridade que os seus niveis
de PSA son altos, o cal podería ser un indicio de certos problemas na próstata.
Decide facerlle unha probas técnicas máis concretas e uns meses despoís o noso
Sr. X pasa polo quirofano, onde lle estirpan certas áreas da próstata con
nódulos tumorais, que ainda están en fase benigna.
Hoxe
o noso Sr. X xa vive máis tránquilo, segue controlando a súa saude, sabe que
cada certo tempo debe pasar un control sobre o nivel da PSA e pouco máis. Pero
hai unha lección máis profunda que aprendeu: que un médico lle diga ó seu
paciente boas palabras, lle recete placebos e lle oculte a verdade da
enfermidade que padece,... iso non é unha cura, pois a enfermidade seguirá ahí,
irá empeorando, non facer nada é toda unha irresponsabilidade profesional do
médico, que rematará por custarlle a vida ó paciente.
Pois deixando de lado ó noso Sr.
X, faremos a traslación-personificación da Vila da Guarda sobre o Sr. X. Moitos
pensamos que un problema de saúde dos
máis grave que temos é a falla de lugares de estacionamento dos vehículos,
por moitas frores e xardíns que poñan na Vila, por moi fermosa que a poñan,...
pero as prazas de estacionamento non nacen nas macetas das frores, nin nos
terrados dos xardíns,... isto son placebos para que esquezamos o verdadeiro
problema.
O
problema da falla de lugares para estacionar non é de hoxe, nin de onte, nin de
antes de onte,... xa ven de moitos anos atrás, 15, 20 ou 25 anos atrás,... Neste anos levamos tido gobernos no
Concello do PP, PSOE+BNG+IU, PP+IU, PSOE,... levamos tido “diferentes
doutores”, pero ningún colleu a valentia de plantarlle cara á enfermidade,
recetar un tratamento farmacolóxico forte, ou unha operación quirúrxica,... Iso
sí, logo nos panfletos do mes de Maio electoral todos propoñen crear varios
aparcamentos,... pero a cobardía é máis grande e non fan nada.
Agora
despois de ollar varios planos do avance do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal,... pois en esencia é outro
monumento á cobardía; a
cantidade proxectada de novas prazas de aparcamento dentro do casco urbano da
Vila da Guarda é : CERO. Se pensamos que este proxecto de Plan
Xeral de Ordenación Municipal pode estar en vigor 14, 16, 18, 20 anos; resulta
evidente que si o problema hoxe é complicado, conforme pasen os anos irá a
peor. Queremos facerlle ver ó Sr. Concelleiro de tráfico da Guarda e demáis
membros do Consistorio, que a zona
azul é un placebo, para non enfrentarse ó problema real; logo cóas
novas humanizacións que virán, voltaremos a ver como minguán as prazas de
aparcar, extenderase a zona azul,... iso sí na praza onde estacionan moitos
funcionarios, ahí non se aplica o placebo azul, ¿porqué?
Lamentablemente
os nosos irmáns rosaleiros, sabendo dos erros de crecemento urbanístico que
tivo a Vila da Guarda dende a década de 1.960 ata hoxe (50 anos); en vez de
medrar dun xeito ordenado, ben planificado, tratando de non cair nos erros que
aquí se fixeron. Pois non, eles támpouco queren ser menos, e van polo mismo
camiño. Un sabio da antigua Grecia xa
dixera que errar é cousa de humanos, rectificar é de sabios, pero manterse no
erro é de parvos,... supoñemos que copia-los erros dos veciños tamén debe ser
de parvos.
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Xuño do 2.013.
Susana Horia Conejo. Profesora
y Veterinaria (Perros Bravos; Nuevo León; México)
El nº de coches matriculados en el ayuntamiento aumenta pero los lugares para estacionar no, y lo de la Hora Azul es una estupidez como lo han hecho, la mejor forma y correcta debía ser con una pegatina con el nº de matricula y anualmente pagar por ella al ayuntamiento X € que permita estacionar el tiempo que quieras en la zona azul.
ResponderEliminar