CHANCHONADA 83º
Filosofía
dun gameleiro.
Lembro con
moito cariño ó meu avó, sempre foi gameleiro; pero hai unha frase súa que
sempre me pareceu que estaba chea de sabiduría, que era moi profunda é
filosófica: “hai un tempo para ir a pescar e outro para
ata-las redes”. Pois iso, cando hai bo tempo hai que colle-los
palangres, os trasmallos e ir a pescar, cando chegan os temporais hai que ficar
na casa a ata-las redes, a prepara-las artes, repara-la gamela,... para cando
chegue o tempo de ir a pescar.
Aquí, dende este Mirador, cada
pouco tempo facemos público os datos de desemprego, como van mes a mes, que hai
de verdade no “efecto Nadal”,... pero desgraciadamente tras eses datos
númericos, calculos estadísticos, funcións matemáticas,... hai moitas persoas,
veciños, amigos,... E isto si que nos doi, tamén nos doi ter que despedir a
amigos que se marchan fóra,... Polas nosas actividades profesionaís tamén
sabemos que hai empresas da comarca que están a punto de cair e “morde-las
pedras” (pechar e despedir ó pouco persoal que ainda teñen), algunhas son da Guarda,
de Tomiño, do Rosal,... e con iso aumentará máis o paro, a actividade económica
minguará.
Do que estamos a escribir, vos lectores tamén sabedes bastante; pero
cada día estamos máis convencidos que os nosos gobernantes non se enteran.
Para nós este é o problema máis importante que deberían atender, a preocupación
máis acuciante dos nosos alcaldes, concelleiros, presidentes de asociacións de
comerciantes,... Estamos no intre de “ata-las redes”, hai que repara-los
estragos que causa o desemprego, hai que facer máis cousas que repartir uns
paquetes de comidas,... Deberían tentar que non pechen máis empresas, que estas
non se afoguen con impostos crecentes, non afogalas con facturas impagadas
durante meses,... Pero, sair na prensa a anunciar un fin de semana cunha ruta
de pinchos e tapas, coma unha iniciativa municipal e dunha asociación de
comerciantes,... ¿¿En qué mundo viven??
Foi aló polo mes de Maio do
2.007 cando se aprobou pola Xunta o parque industrial da Guarda-Rosal; agora
que estamos no tempo de “ata-las redes”, deberíamos estar construindollo, así
cando chegase o tempo da pesca, xa estaría preparado para darlle cabida a
empresas. Pero non, gastamos o tempo, esforzos e diñeiro en parvadas; o
importante é que o Alcalde saia ben fermoso na páxina do “Fóra de Vigo”, do
“Oceánico”,.... Estes protagonistas deberían de lembra-la seguinte frase de
Confucio: “Donde hai satisfacción, non hai revolucións”.
Que fermosos e lindos están
certos concelleiros da Guarda cacarexando sobre un porto deportivo. Xa estamos
na metade da lexislatura muncipal, estes tres protagonistas nunca tiveron unha
iniciativa para afronta-los problemas dos +1.000 guardeses que están no paro;
¿saben eles cantas empresas da Guarda de diferentes sectores que están a punto
de pechar?. Os membros deste blog estamos moi convencidos do seguinte: “Nunca vivimos por riba das nosas
posibilidades. Temos vivido por riba das capacidades moraís e intelectivas dos
nosos polítcos e banqueiros”. Vamos señores sexamos serios, vostedes queren
facer con diñeiro público (de todos) unha zona onde uns poucos privilexiados
poidan atraca-las súas lanchas e barcas de recreo,... Pois que o fagan eles cós
seus cartos; non me veñan a vender que van crear postos de traballo, ¿cántos?,
3, 4, 5,... un ou dous guardapeiraos, un pintor,... Seguro que xa teñen
pactados os sobres que eses “amigos” lles farán chegar con cartos frescos no
mes de Maio do 2.015.
“Os que impiden
unha revolución pacífica; farán inevitable unha revolución violenta”
(frase de John F. Kennedy). Pensen nisto e mediten señores que nos gobernan; o Estado somos nós os cidadáns, pois os
diñeiros saen dos nosos petos vía impostos, taxas, ivas,... poden adicar estes
diñeiros a un fin:
A) En beneficio da mayoría dos cidadáns, atendendo as
necesidades máis básicas.
B) En beneficio dos poucos privilexiados de sempre.
Gobernar é optar por facer real unha de varias posiblidades, teñen dúas opcións a escoller; vostedes deciden. “Cobardía política: saber que é o equitativo e mellor para o pobo, para logo non facelo”. No mundo pesimista de Murphy, cando se trata o tema dos políticos e da súa xestión ó frente da Administración esta a “TEORÍA DE OWEN: Toda organización ten asignado un certo número de prazas para que sexan ocupadas por personas non cualificadas”. Demostren que son persoas merecedoras dos postos que ocupan nos nosos Concellos, en caso contrario, os cidadáns somos libres de pensar que a Teoría de Owen é certa. Estamos no tempo de ata-las redes, hai que repara-los palangres, ata-los panos dos trasmallos, facerlle un repaso ós motores,… ou seguir na teberna como están vostedes, só que na teberna non se arranxan os traballos anteriores.
Mirador do Monte Ancos, a 30 de Maio do 2.013.
Oscar Roñero Buitre. Director
y maestro cervecero-tabernero (Vergas; Otter Tail; Minnesota; USA)