CHANCHONADA 39º
Prezo do petróleo
Hoxe non imos a falar dos nosos concellos, dos
nosos políticos, dos funcionarios,... Imos a tratar sobre o petroleo, ese
elemento que inflúe moito nas nosas vidas, cando enchemos o depósito do coche,
no gasoil da calefacción, no IPC,... Hoxe xoves día 28 de febreiro de 2.013, o
barril de Brent (precio referencia para Europa), o petróleo cotizou a un máximo
de 112,10$ e un mínimo de 111,73$. Pero imos ver como foi evolucionando nestes
últimos anos.
Comenzamos
có ano 2.008, a
comenzos dese ano o barril de Brent acadaba os 138$, coa crise, en poucos meses
esta materia prima ten un forte descenso ata os 45$. No ano 2.009, o petróleo tivo unha forte subida, realmente foi a
maior subida nos últimos 10 anos (+75%); durante o ano 2.010 segue
subindo, dun xeito máis moderado (+9,7%). Este forte repunte desta importante
materia prima, fixo que as economías que estaban tentando sair dunha recesión,
voltasen a entrar de novo no proceso de crise ou agravando a mesma. No ano
2.011 en Europa observase unha forte caida do consumo desta materia prima, pero
o barril de petróleo Brente pechou o ano 2.011 con outra alza do seu precio
(+12%); chegando a marcar máximos no 15 de Maio de 126,95$. Logo durante o ano
2.012 o prezo mostra unha certa estabilidade, con rangos de prezos entre os
105$ e 118$; ainda que durante o 19 de Febreiro do 2.012, tocou máximo de 127$.
Ná gráfica, os mínimos son
ascendentes, e isto é unha señal de seguir a pauta de prezos máis altos.
Podemos
ver que a pesar de estar en crise, o prezo desta importante materia prima non
baixa, máis ben segue de momento unha pauta alcista. Polo tanto cabe esperar
prezos máis altos. Craro que nós o petróleo o pagamos con €, pero a nosa moeda,
que de momento cotiza por riba do $, fixo que non nótasemos todo o camiño
alcista do prezo do petróleo dende o ano 2.009.
Ollando
a gráfica de cotización entre €/$; nos últimos meses está formando unha liña de
mínimos no cruze dos 1,22$ por €, pero
os máximos seguen unha pauta minguante. Estáse a formar una figura
triangular, onde a liña de mínimos forma o cateto base, mentrás que a liña que
xunta os máximos descendentes, forma a liña de hipotenusa do triángulo. Esta
figura nos estudios gráficos de prezos, forma parte das figuras baixistas; polo
tanto, nas próximas semanas e meses o € vaise ir depreciando
frente ó $.
¿Qué
conleva esta depreciación do €?, pois ainda que o petróleo manteña o prezo, o
valor dos nosos combustibles van seguir subindo, pero se o petróleo segue
subindo pouco a pouco, as subidas que imos a notar van a ser máis altas. A
conclusión é nitida: gasolina e gasoil máis caros
para os vindeiros meses; logo veremos incrmentos nos prezos de
alimentos, transporte e outros productos, inflacción máis alta e menor poder
adquisitivo dos salarios.
Consello tenten non consumir en balde,
enche-lo depósito os luns. Ós nosos gobernantes locais,
recomendarialles o mesmo, pero eles teñen unha ferramenta, tentar deixarse de
“aldeanismos” e facer unha “central de compra
conxunta” para comprar e almacenar unha certa reserva de combustible,..
pois os prezos que veñen non están nós seus cálculos orzamentarios. Realmente
cando presentan os orzamentos, este dato non o teñen en conta. Pero, coñecendo o material
intelectual-politico que temos, non van facer nada, cada un polo seu lado, a
final de ano as contas non cuadran, e entón a solución de sempre: subir
impostos.
Ah, non esquezan que o prezo das
gasolinas, gasoil,... é unha gran fonte de ingresos vía impostos para o Estado;
¿saben vostedes quen están rezando
para que suba o prezo do petróleo?
PD/ Queremos dar as grazas ós amigos do Mirador por aceptar esta colaboura.
Mirador do Monte Ancos, a 28 de Febreiro do 2.013.