Empanadillas do Císcar.
Nós non temos estas lembranzas por cuestións de idade;
pero semella que na Guarda dos anos 60 e 70 eran moi famosas as
empanadillas do bar “Císcar”; daban igual que fosen de carne,
atún,... ou do que un pedise, pois todas estaban recheas con moita
cebola, un chisco de salsa e moito aire. Ou sexa non tiñan nada, se
tal un bó aroma que abría o apetito, pero nada máis. Pois algo así
como as famosas “empanadillas do Císcar” son as reflexións que
certos dirixentes do BNG están a espallar para consumo interno dos
seus militantes,... despois de leelas, non hai nada.
Nestes días estivemos reflexionando sobre un artigo da
Sra. Ana Pontón (diputada no Parlamento de Galicia, polo BNG); o
artigo en cuestión trata de facer reflexións sobre os resultados
electorais do BNG nas pasadas eleccións ó Parlamento Europeo deste
ano 2.014. A verdade é que hai pouca autocrítica propia, e sobran
vítores e loubanzas que tapan a realidade; de seguir por este
camiño, o resultado máis previsible, é que posiblemente conducirán
a outro mal resultado nas eleccións do vindeiro mes de Maio do
2.015.
“O
BNG obtivo un resultado modesto. De certo, amosa debilidades
importantes na nosa conciencia nacional.” Chamar
resultado modesto a 79.732 votos é demasíado optimismo barato,
é
un intento de nega-la realidade para non asumir reponsabilidades
propias sobre os erros cometidos.
Achacar isto a debilidade da “conciencia nacional”; ¿qué pasa,
é que só BNG representa á Galicia, só os do BNG son galegos,..?;
¿porqué será que a inmensa maioría dos galegos non confian no
BNG?
“Non
hai ascenso do BNG, mais tampouco a desfeita que algúns
pronosticaban ou ansiaban.” ¿Qué
non hai desfeita no resultado electoral do BNG?; como se nota que
vostede vive no seu despacho da Rúa do Horreo en Compostela (sede do
Parlamento Galego) i está totalmente illada a realidade do País.
Imos a refrescarlle a memoría con datos númericos do BNG:
Resultados
eleccións Parlamento Europeo, ano 1.999 = 349.049 votos.
Resultados
eleccións Parlamento Europeo, ano 2.004 = 141.756 votos.
Resultados
eleccións Parlamento Europeo, ano 2.009 = 103.724 votos.
Resultados
eleccións Parlamento Europeo, ano 2.014 = 79.732 votos.
1º)
No a no 2.009, o BNG presentouse ás eleccións ó Parlamento
Europeo en solitario, sen alianzas con forzas doutras comunidades, e
obtivo o mellor resultado histórico.
2º)
A consecuencia de pecharse á sociedade, uns dirixentes que non
contactan coa realidade e problemas sociais,... en
15 anos o BNG perdeu 269.317 votos; ou sexa perdeu o 77% dos
votantes, por decilo dun xeito máis simple, de cada 4 votantes do
1.999, a día de hoxe 3 xa non confian no BNG.
“Vin
unha campaña con miles de persoas implicadas e ilusionadas. Vin o
brillo nos ollos de xente nova e non tan nova. Vin moitas persoas que
volven a confiar en nós.”
Querida Sra. Ana Pontón, nós non ollamos nada diso, non ollamos iso
na nosa comarca miñota; pero reflexione cós datos que acabamos de
expor. O BNG xa ten máis de 30 anos de historia, forma parte da
política de Galicia, e hoxe moitos cidadáns o ollan como parte do
problema, que non atende ós problemas reais da xente, olla a uns
dirixentes que só están preocupados polos seus cargos
institucionais,... No
BNG sobran dirixentes anodinos, que ano tras ano seguen ahí, que
derrota tras derrota non se decatan que son parte do problema, e non
forman parte da solución.
Deu pena a imaxe patética da cabeza electoral na noite dos
resultados; vostedes necesitan menos narcisismo, máis autocrítica e
unha profunda renovación do persoal.
Festexa-la
nada é lamentable, seguir en posturas de victimismo e unha sinal de
cobardía, acusar ó pobo de non saber o que vota,... é un sintoma
de moi mala cultura democrática. Xa está ben, non son vostedes os
propietarios da verdade. Un consello: menos onanismo patrioteiro dos
“verdadeiros e únicos patriotas galegos”.
Non
están o tempos para comprar “empanadillas do Císcar”, cando hai
outros bares que che sirven empanadillas ben recheas, tapas de
callos, mexillóns en salsas,.... hoxe hai más competencia e o
producto do BNG xa non vende; ¿ou pechan o tenderete, ou melloran o
producto?; pois hai outros que lles están quitando os votantes.
Antes
de finalizar, queremos
ser solidarios con “XAVI” un coñecido e desinteresado militante
do BNG da Guarda, dende aquí lle desexamos unha pronta recuperación
da súa doencia na espalda,
a consecuencia dun pequeno accidente arranxando unha pancarta na
Gándara, durante a campaña electoral.
Mirador do Monte Ancos, a 1 de Xullo do 2.014.
Fernando Idea
Cuadrada. Profesor universitario de Teoría Política
en la Universidad de Arroyo del Cabrón (Zamora; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario