¡Viva a Retranca!.
A Retranca é unha forma moi especial do humor que temos
os galegos, a cuestión é darlle a volta a realidade e olla-lo seu
lado absurdo, é tentar facerlle ver á parte contraria que ese lado
absurdo é o máis práctico para a realidade, así dende ese lado
absurdo rirnos da realidade. Resulta dificil entender esta
explicación, pero imos cun exemplo:
- Pepe, hai uns mozos da aldea que están a pedir unha axuda para facer unha piscina; ¿qué lles dou?
- ¡Dálles uns caldeiros con agua para que a vaian enchendo!
A mediados do mes pasado, era un mércores 11 de Xuño,
despois de rematar unhas xestións de traballo en Santiago de
Compostela, xunto a outros compañeiros de traballo tomamos a
decisión de ir a tomar unhas cervexas polo casco vello da cidade. Ou
sexa, o normal, o que fan miles de españolitos ó remata-la xornada
laboral.
A nosa sorpresa foi atopar cunha manifestación na Praza
do Toural (celebre e coñecida praza de Compostela), os manifestantes
exercian o seu dereito de manifestación e proclamaban o seu apoio á
“Declaración de Froilán
I, como Rei da Galiza”. Moito nos rimos, brindamos
polo novo pretendente ó trono do Reino da Galiza,... dende logo foi
a manifestación máis retranqueira que temos visto en moitos anos.
Dende logo, os galegos somos
especialistas en rirnos de nos mesmos; ben
algúns amargados están doidos que en América fagan chistes sobre
galegos; pero resulta que a inmensa maioría dos descendentes de
criollos, son descendentes de galegos.
A concentración estaba convocada por “consenso de
distintos colectivos, partidos, sindicatos e outras organización
retranqueiras de bases sociais”. Dada a longa tradición histórica
da Galiza como reino, primeiro como Reino Suevo trala desaparición
do Imperio Romano de Occidente, logo como parte integrante do Reino
Visigodo, logo como Reino cristiano durante a reconquista, como Reino
integrante da Coroa de León, como o Reino que deu orixen a
Portugal,.... os alí concentrados reclamaban o dereito do Sr. Felipe
Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón a ocupa-lo
trono do Reino da Galiza.
Os manifestantes reclamaban a convocatoria dun
referendo, para consultar ó pobo galego se queremos apandar cunha
nova reinstauración da Monarquia Galega na figura de Froilan I; ou
seguir achantando e soportando cós deputados xunteiros e os
deputeiros da Deputacións... Alí estaban os manifestantes ben
traxeados ó xeito tradicional; por momentos non sabía se estaba no
día do desfile do Sábado das Festas do Monte, ou se aquilo era unha
broma de cámara oculta dun programa da Televisión de Galicia;
xentes que falaban esa variante do galego e do español denominada
“castrapo”, un idioma que xa case está esquecido i en vías de
extinción. Ondeaban ó vento as bandeiras do Reino Suevo (fondo
marelo con un dragón verde enfrentado, a un león un de cor
vermella).
Os manifestantes, tamén reclamaban a anexión das
rexiósn portuguesas do Alto Minho, de Tras os Montes, do Bierzo, e
do occidente asturian e zamorán,...
Temos que recoñece-la nosa ignorancia, descoñeciamos a
existencia de tal bandeira do Reino Suevo da Galiza; dende un punto
de vista estético dende logo é máis vistosa que a actual. Claro
que para bandeiras, propostas de formación política de Galicia, de
España, da Unión Ibérica,... aquí cada un ten a súa proposta; en
plan cachondeo, o noso compañeiro hispano-ruso-ucraniano, él por
formación académica, por tradición familiar e tamén por nostalxia
da URSS, apoia a creación da NURSE (Nación Unida de Repúblicas
Soviéticas Españolas).
Xa todos sabemos, que para gustos hai moitas cores; para
cores hai moitas frores, i en cuestións de frores sobran moitos
capullos, i cada tonto ten a súa tonteria, a cal é moi soberana i
respetable. Outros non paran de da-la tabarra coa República Galega no seu muro de Facebook,
pois outros exercen o seu dereito a Retranca con normalidade e na rúa, sen medo á vergoña.
Mirador do Monte Ancos, a 3 de Xullo do 2.014.
Gabriel Arcángel
de Dios. Profesor universitario de Derecho
Internacional en la Universidad de ACME (Acme; West Virginia; USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario