viernes, 11 de julio de 2014

Votar e mandar

CHANCHONADA 278º
Votar e mandar.


Dende fai uns días, as mentes dirixentes do PP acaban de abri-lo debate da elección directa do Alcalde; un tema que fai uns anos estaba no programa electoral do PSOE; ben realmente a proposta do PP é que o Alcalde sexa o cabeza da lista máis votada, independentemente da maioría acadada;.... pequeno mátiz moi importante; para nada propoñen a elección directa do Alcalde polos veciños.

Cando falan desta proposta, poñen varios exemplos existentes en Europa;.... pois imos a explicar como funciona isto en varios lander alemáns: Hessen, Baviera e Baden-Wüttemberg. Na Alemania non hai unha lexislación común, ou federal, sobre as eleccións municipais,... cada lander ten a súa propia. Dende fai varias décadas algúns lander abrirón o proceso electoral municipal, facendo listas abertas, elección directa do Alcalde, uso de referéndum para consultar temas locais,.... todo isto supuxo unha pequena revolución municipal, é unha desas consecuencias foi a ruptura do monopolio partidista para impoñer listas, candidatos,...

Por exemplo, no land de Baden-Wüttemberg o 50% dos alcaldes non están afiliados a partido político coñecido, sobre todo nos concellos medianos e pequenos; pois nestes faise menos necesaria unha estructura de afiliación partidista; ademáis os Alcaldes presentan unha maior autonomía funcional respecto das formacións políticas ás que pertencen. No land de Baviera, acontece algo similar. Poderíamos decir, que a medida que se impón a elección directa do alcalde, e dos outros membros do Concello; menor é a importancia e influencia do partido político.

A toda acción, lle segue unha reacción, a cal é contraria á acción; na Alemania as forzas que menos interesadas están en extender estas experiencias municipalistas son os propios grandes partidos alemáns. Coa elección directa do Alcalde e outros cargos do Concello; normalmente son elexidos candidatos con moita actividade social, implicados cós seus veciños, que están predispostos a escoita-las demandas, queixas, problemas,... dos seus veciños; normalmente este tipo de persoas non son os máis disciplinados e militantes dos partidos.

As campañas electorais tamén trocaron; hai menos mitíns, menos pegadas de carteis; e máis xuntanzas cós veciños, máis contacto directo para escoitalos, debatir, confrontar ideas, propostas,... así as tardes de sábado e as mañáns dos domingos son máis animadas,... Así a aquel candidato que non pasa polos barrios a charlar cós veciños,... o resultado é que non lle vota nin a familia.

Nestas reunións informaís, sen protocolos da dirección de campaña, onde os veciños son libres de preguntar sobre calquer tema, e onde todos están atentos ó candidato,... é onde se olla que candidato domina ben os temas, coñece a realidade do Concello, sabe dos problemas, como afronta-los, expoñer prioridades,... que as propostas son razonables i existe un marco concreto para financiala. En troques, aqueles candidatos que veñen berrando pestes contra os seus opoñentes, que son profetas do NON, que veñen en plan apocalíptico,... pero non teñen solucións realistas para nada; en poucos minutos están máis sós que un cero; pois moitos cidadáns non gostan de este tipo de prácticas.

Outra consecuencia da elección directa dos Alcaldes é que a maioría deles voltan a ser reelexidos; o porcentase ronda sobre o 63% de reeleccións. Tamén hai na lexislación municipal destes lander un factor importante; a votación non é valida se non rexistra un mínimo dun 15% dos electores; na lexislación electoral en España non hai un mínimo de participación para darlle validez a un resultado electoral, o cal prestase a manipulacións e falsas interpretacións,...


Pouco a pouco na Alemania vaise impoñendo o sistema que está en vigor nestes lander. O seu sistema municipal é similar ó noso, temos un Alcalde e temos un Pleno; onde todos os cargos son de elección directa, pero onde hai diferencias na duración temporal do mandato, onde os Plenos teñen unha media de 5 anos, e os Alcaldes de 8 anos.

Na lexislación municipal de varios lander, cando chega o intre de exerce-lo dereito de voto para o Pleno, o veciño ten a libertade de escoller a diferentes candidatos, das diferentes agrupacións de electores, de partidos ou independentes,... non ten que optar polo menú pechado que temos na lexislación española. Tamén é moito máis doado e sinxelo facer agrupacións de electores para concorrir ás eleccións municipais,... ou sexa un grupo de veciños que se organizan para facer unha candidatura coa que presentarse ó seu Concello,... en España tamén se pode facer, pero hai moito papeleo administrativo que superar, o cal remata por ser unha barreira infranqueable.


Como podemos ver, hai moita diferencia entre a proposta do PP i a realidade que hai noutros paises de Europa; a cuestión é copiar o que funciona ou seguir cun modelo que se está ficando obsoleto por ser moi opaco e estar cuasi monopolizado polos partidos políticos,... en principio semella que a proposta do PP é para seguir profundizando neste camiño monopolizador.


Mirador do Monte Ancos, a 11 de Xullo do 2.014.
Johannes Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”). Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania).









No hay comentarios:

Publicar un comentario