Un coche vello.
Unha das lembranzas da miña infancia era o Seat 127 do
meu tío; eran un modelo da segunda serie comprado en 1979, de cor
amarelo,... para min montar no coche significaba ir á praia, ir a
unha festa,... aquel coche aguantou moito, incluso aprendín a
conducir nel. Como moitos coches, rematou sendo vendido a un taller,
que o desmontou e o vendeu por pezas,...
O outro día leemos nun xornal un pequeno estudio feito
pola empresa “Metroscopia” sobre o perfil dos votantes de
“Podemos”. Resulta que perto do 60% dos votantes son persoas de
entre 35 a 54 anos (ou sexa, non é un voto xuvenil, son persoas
maduras), a maioría deles votantes “rebotados” do PSOE e IU, (no
caso de Galicia tamén do BNG). O 56% dos votantes de “Podemos”
antes eran votantes do PSOE. Ou sexa có “efecto Podemos” o PSOE
perde votantes pola súa banda esquerda.
Dado que estamos en “año del Hidalgo” (ano
pre-electoral); imos a facer unhas pequenas reflexións de como lle
pode afectar ó PSOE do Baixo Miño, os diferentes movementos para
asentar “Podemos” na nosa comarca: A Guarda, Tui e Tomiño que é
de momento onde existe.
Internamente o PSOE do Baixo Miño é unha formación de
non moi numerosa militancia, e a idade media da mesma está por riba
dos 40 anos; os seus cargos electos teñen unha idade media por
riba dos 54 anos. Polo tanto nos non ollamos unha renovación
xeracional a curto ou medio prazo, xa sexa pola inexistencia
de persoal potencial para a mesma. Os cargos electos son dunha longa
traxectoria, algúns deles con +30 anos na política local,... En
moitos casos, non prepararon a persoal para o relevo,... O
futuro do PSOE do Baixo Miño a curto e medio prazo, non é bó, pola
falta de efectivos i sobre todo de persoal preparado na política
municipal.
¿Van a sair eses cargos con 30 anos de vida
política pública como os protagonistas da renovación do PSOE?;
sería algo así como intentar vender un coche vello,
dándolle unha man de pintura, porlle unhas pegatinas novas, e outros
trocos meramente estéticos,... ¡¡¡pero o coche sigue sendo
vello!!!
Electoralmente a base de votantes do PSOE do Baixo Miño
leva anos estancada, i en proceso de lento retroceso, pero continuo
(Rosal e Tomiño); a única excepción é A Guarda, pois aquí
atinadamente captaron votantes descontentos do PP para si mesmos;
logrando así un bós resultados electorais, pero isto escondeu os
problemas de base que describimos anteriormente: alta idade media dos
militantes, pouco preparados e cargos electos de moi longa
traxectoria pública. Con estes elementos vai resultar moi díficil
facer unha renovación.
Dende as pasadas eleccións ó Parlamento Europeo do
pasado mes de Maio do 2.015; no PSOE encenderonse tódalas luces de
alarma; pois os resultados electorais foron malos, a irrupción de
“Podemos” comeulles apoios e votantes. Agora esas luces seguen
prendidas cós recentes movementos en Tui, A Guarda e Tomiño para
establecer “Podemos” no Baixo Miño, pois sería outra opción
política nas municipais.
De aquí a Maio do ano vindeiro existen posibilidades
moi reais que este novo movemento político lles reste votantes nas
municipais, especialmente polo lado esquerdo. En Tomiño, a
situación voltase delicada, podería darse o resultado que o PSOE
tomiñés ficase fóra do Pleno do Concello. No Rosal
seguiría ese lento camiño á baixa, en Oia seguiría estancado,...
En Tui, podería pasar a ser unha forza minoritaria na corporación
municipal.
O caso da Guarda, para o PSOE é algo máis complexo.
Durante estes últimos 8 anos estiveron captando votantes
descontentos do PP; pero aquí ese movemento de trasvase semella que
se está esgotando pola presencia de outro competidor. Ademáis pola
beira da esquerda, podería perder votantes que se fosen con
“Podemos”. Electoralmente teñen dous frentes; pero tamén hai
outro problema interno no PSOE da Guarda.
¡¡¡A pregunta do millón!!! ¿Seguirá
José Manuel Domínguez Freitas como cabeza de lista no 2.015?.
Nós imos a recoller a seguinte pregunta e resposta dunha entrevista
de Marzo do 2.011 en “galicia-suroeste” feita ó Sr. José Manuel
Domínguez Freitas.
Vostedes
xa adiantaron os primeiros postos da candidatura ás municipais de
2011. ¿A renovación queda para próximos encontros coas urnas?
O
que si fixemos foi a partir do posto número oito facer unha
renovación bastante importante, un pouco para preparar a esa xente e
que estee en disposición, seguramente dentro de catro anos, en
substituír
a algunhas das persoas que levamos moito tempo na política
municipal.
Ou sexa, nas anteriores eleccións municipais renovaron
pola parte baixa, os altos cargos nin tocalos,... No resaltado, o
Sr. José Manuel Domínguez Freitas da a entender, có uso desa 1º
persoa do plural, que el e outras persoas con moito tempo de vida
pública na política municipal o van deixar no 2.015. Dende
logo o intre é bó; se hai un mal resultado electoral a imaxe
persoal queda ben parada, ¿cumpliráse o descrito nesa frase?,... De
ser certo o resaltado, temo outra pregunta para todos: ¿¿Quén será
o sustituto ou sustituta??
Moitos frentes abertos teñen os do PSOE no Baixo
Miño,... teñen que resolver moitas cuestións internas como as
renovacións, prestar atencións ás luces de alarmas,... ¡¡¡Veñen
meses moi interesantes!!!
Mirador do Monte Ancos, a 24 de Xullo do 2.014.
Cecilia
Fontana Caldas del Rey.
Directora de la Embotelladora de Whisky sin alcohol “Watersky”,
perteneciente al grupo internacional de bebidas “El Garrafonazo”;
ciudad de Sweetwater (Illinois, USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario