martes, 29 de julio de 2014

Vai de cabazos

CHANCHONADA 286º
Vai de cabazos.




Na zona sur de Galicia, cabazo é una medida de capacidade volumétrica que hoxe está en desuso; pero que en zonas como o Baixo Miño ainda se usa; 1 cabazo = 15 litros. Na maioría de zonas de Galicia, o cabazo é de 15 litros, hai excepcións onde o cubican como 16 litros. Normalmente, nas casas onde se elaboraba viño, tiñamos pequenos barriles de 4 cabazos (60 litros), que se chamaban barrilotes,... tamén estaban as pipas, uns barriles grandes de 34 cabazos (510 litros),... finalmente estaban os bocois, que eran barriles máis grandes que a pipa,..
Pero un elemento que todos coñecemos é o garrafón; unha gran botella de vidro hoxe protexidas por un elemento estructural plástico (antigamente de mimbre), que ten unha capacidade de 1 cabazo. Para os miñotos, unha Festa do Monte, necesita de garrafóns cheos de viño tinto.


Nestes días, certos “directivos” de bandas andan preocupados polo neglixente actuar da actual comisión das Festas do Monte de non querer facerse cargo da organización da Romería da Festa do Monte (2º domingo de Agosto). Eles entenden, que cando un grupo de xente por medio dunha comisión aceptan organiza-la Festa do Monte, o que collen é organiza-la toda Festa do Monte, todo o lote compreto, con todos os seus actos, verbenas, eventos,... pero sobre todo o acto principal: a Romería do 2º domingo de Agosto.


Estes “directivos”, temen polo que poida acontecer ese día; agora están tratando este tema có Sr. Alcalde da Guarda; para que polo menos o Concello da Guarda tome cartas no asunto, e como mínimo asuma a contratación dun seguro de responsabilidade civil, para cubrir responsabilidades do que poida acontecer, asuma a seguridade pública: ambulancias, policía, bombeiros,...


Estes mesmos “directivos” agora xa comenzan a recoñecer que a Festa do Monte necesita certos trocos organizativos; é unha festa que xa desborda o ámbeto local, é a festa da comarca do Baixo Miño, pero segue un patrón organizativo que ten 60 anos de antigüidade, i en certas cousas está obsoleto e desfasado. Tamén recoñcecen, que o actual sistema de funcionamento das bandas hai que actualizalo; ainda que todos coñecemos a maioría das bandas,... legalmente non existe ningunha delas, non teñen persoalidade xurídica, pensan que en poucos anos todas deberían ir transformándose en asociacións. Hoxe as bandas, xa non son aqueles grupos de amigos mariñeiros que a principios dos anos 70 xuntabanse para desfilar, facer unha xura no Monte, subir todos xuntos,... a sociedade leva trocado moito neste 40 anos.


Non sabemos o que vai acontecer na Romería do domingo do Monte; pero para nós é outros veciños xa é evidente que está comisión de festas teñen moitos intereses lucrativos particulares na festa; non atenden nin entenden o verdadeiro espiritú da festa.


Antes de rematar, imos falar da “Feira do Viño do Rosal”. Entendemos que esta feira é para promociona-lo viño do Rosal (pertencente á denominación de orixen Rías Baixas). O que xa non entendemos é que o viño que se vende na feira teñan un precio moi similar ó que se vende en calquer bar da Guarda, do Rosal, de Oia,...


¿Qué promoción é esta?, poñendo un exemplo, e como se un comercio organiza unhas ventas de rebaixas, pero os precios están igual que antes da promoción; ¿onde está a rebaixa? Temos, finalmente outra pregunta; ¿cánto diñeiro público se adica a promocionar os negocios privados que son as bodegas?


Mirador do Monte Ancos, a 29 de Xullo do 2.014.
Oscar Roñero Buitre. Director y maestro cervecero (Vergas; Otter Tail; Minnesota; USA).



No hay comentarios:

Publicar un comentario