Pesimismo interno.
Fai unhas semanas estivemos charlando moi amigablemente
con “Chus” (María Jesús
Darriba; viuva de Antonino Torrón, e unha das nosas
profesoras cando eramos estudiantes no colexio de Solanas). Unha gran
profesora, gran persoa, boa conversadora, unha persoa que se fai
querer por todos,... e con moitas lembranzas da época inicial do BNG
na Guarda, aló polos anos 1.984, do que o seu finado esposo foi o
primer concelleiro, ademáis de outros cargos a nivel social.
Como non poido ser menos, un dos temas foi sobre o BNG
actual, a situación política local,... ainda que hoxe a nosa
querida “Chus” está desligada da actividade público-política,
a segue con atención. Algunhas das súas reflexións as comportimos,
outras son matizables.
“O BNG perdeu o contacto có electorado maduro
(35 a 50 anos), e cada vez vive máis illado da xuventude.”
Básicamente compartimos esta reflexión; durante moitos anos a base
electoral do BNG era a xuventude, pero cando esta inicíase na vida
laboral, entra na madurez, vai abandonando electoralmente o BNG. Polo
tanto, ó BNG lle entran votos pola mocidade, pero os perde pola
madurez;... ollando as piramides de poboación que temos, cada vez
hai menos mocidade, e máis persoas en idade madura; polo tanto nos
vindeiros anos, perderá máis do que gañará, pois a poboación
moza vai ser menor.
Dende logo, na Guarda e no Rosal o máximo electoral do
BNG data de 1.999; en Tui data do 2.007, en Oia sigue vivindo no
límite entre entrar no Concello, desaparecer,... só Tomiño é a
excepción; pero a conta de “captura-los votos” afíns ó PP
local.
O seguinte, son algunhas preguntas e respostas de Xan
Lois lomba, en “galicia-suroeste” en Marzo do 2.011.
¿Co que
leva dito, cal é ese balance final da lexislatura que vai rematar?
Para
min, para o BNG, foi unha lexislatura un pouco decepcionante porque
nos comezos o grupo de Goberno falaba dunha forma, anunciaba grandes
logros,...Un exemplo: o
Plan Xeral de Urbanismo, un dos instrumentos fundamentais para
definir que tipo de pobo queremos, absolutamente desaparecido.
E esto non é responsabilidade da oposición, que pode preguntar
continuamente polo Plan Xeral, pero quen ten responsabilidade de
poñelo enriba da mesa e discutir, se quere, coa oposición ou darlle
á oposición a posibilidade de colaborar,....
Querido Sr. Xan Lois Lomba; dende Abril do 2.013
xa ten vostede o PXOU nas súas mans, agora tamén fai vostede o
mesmo que criticaba, escondelo, reservalo para si, ocultalo ó
pobo,... Nos estamos seguros, que isto có finado Sr.
Antonino Torrón non houbese acontecido, xa o tería exposto ante os
veciños, feito charlas informativas,... A pesar de usa-las mesmas
siglas, as formas de actuar son moi distintas e diferentes;
¡¡¡¡¿canto leva trocado o BNG?!!!.
¿É
a terceira vez que se presentas encabezando a lista do BNG. Fálanos
da xente que o acompaña?
O
BNG concíbese como un proxecto colectivo ao servizo, neste caso, do
pobo da Guarda. Na nosa candidatura hai un equilibrio
entre experiencia, con xente procedente de distintos sectores, e
mocidade.
É certo Sr. Xan
Lois Lomba leva vostede 11 anos como concelleiro, os seu balance é
escasamente cuantificable, adica pouco tempo ó
Concello, os resultados electorais foron mediocres,... Pero sobre
todo o xeito de actuar, ó comparar con outros representantes do BNG
anteriores son moi diferentes; antes si que había un proxecto
colectivo implicado na Guarda; hoxe non hai proxecto colectivo, non
hai implicación social,... Hoxe o BNG non ten proxecto para A
Guarda; non hai mais que ollar cantas mocións levan vostedes sobre A
Guarda, moi poucas,... case que todo é “traballo enlatado” que
ven feito dende a dirección do BNG en Compostela. Isto o
decía a Sra. Fátima Iglesias nesas mismas datas (Marzo do 2.011),
anos despois seguen facendo o mesmo, os compañeiros de corporación
din o mesmo,...
“A
Guarda merece unha oposición constructiva, traballadora, e esa
evidenciouna no seu momento o BNG, e nas próximas eleccións o BNG
quere ser unha formación que deixe atrás a función de oposición
para ser Goberno.”
Dende logo a nosa querida “Chus” ten moita razón, o
BNG da Guarda e do Rosal levan anos desconectados da realidade social
a tódolos niveis; en parte isto explica os malos resultados
electorais. Ademáis voste Sr. Xan Lois Lomba fai un
política de moita autopromoción da súa persoa, pero sen aportar
contido; lembramos que unha acusación interna no BNG sobre a
“autopromoción persoal de Antonino Torrón” foi o que lle levou
a ser expulsado do BNG,... ¡¡¿¿O que antes era un “pecado
nacionalista” agora é unha bendición??!!.
¡¡¡Menos arrogancia e máis traballo, máis
modestia!!! Peca vostede de soberbia.
Nos pensamos que vostede xa é un producto
amortizado; hai que buscar un relevo, deixar que entre aire
fresco,... pero as persoas que están perto do BNG saben que atopar
un relevo de certas garantías na Guarda e no Rosal é moi
díficil,... ¡¡¡non hai material onde escoller!!! Deixar que entre
aire fresco no BNG, iso tamén é díficil,... o exemplo disto é a
espantada ó completo do grupo municipal do BNG en Salceda de
Caselas, cando constituiron “Movemento por Salceda”... o peso da
UPG abafa e non deixa respirar.
Nos opinamos
igual que vostede Sr. Xan Lois Lomba; nas vindeiras eleccións
locais, as posibilidades de manter os dous concelleiros na Guarda son
escas; o máis probable é baixar a un concelleiro.
¿¿Lembra onde dixo esta opinión??. Isto é recoñecer unha certa
realidade, un certo pesimismo interno, que as “festas nacionalistas
de Goián” non tapan; poñe-la venda antes de quedar ferido, non
soluciona nada.
Mirador do
Monte Ancos, a 31 de Xullo do 2.014.
Aldo Loroso
Picor. Doctor y
Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado; USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario