miércoles, 9 de julio de 2014

Lobster Party 2º

CHANCHONADA 277º
Lobster Party 2º.


Fai varios meses, nunha cafetería da Guarda un lector do “Mirador” estaba moi intrigado se un dos compeñentes do “Mirador” era ruso-ucraniano. A verdade é que si, pero xa lle facemos o engadido de hispano; pois hai unha historia familiar detrás, así como os moitos anos que leva residindo aquí. Pero hai cousas tan interiorizadas da forma de ser ruso-ucraniana, que o fan moi singular; imos con algunhas delas.

A cociña é un lugar moi especial; case que sagrado, adora falar e falar na cociña, alí fumando e tomando té é onde abre a súa alma. Por iso, moitas das reunións do “Mirador” acontecen na súa cociña. Será pola alma nostálxica eslava, que lle fai acumular papeis, cachivaches, trastos,... por esta razón é o encargado do noso arquivo documental (os galegos vivos a nostalxia, ou morriña dun xeito diferente).

Por unha extraña razón que non entendemos, pensa que unha gran cantidade de signos de admiración, de interrogación, parentesis,... fan máis intenso o mensaxe; sobre todo nas felicitacións. Tristemente descubríu que os demais non usamos estes códigos; pero en certos artigos do “Mirador” ainda fai patente a presencia desta forma de escribi-las cousas.

Tamén é moi supersticioso, ben el alega que son tradicións que hai que respetar. Cando o coñecimos parecía introvertido; agora é un gran amigo, e sabemos que contamos como parte da súa familia, especialmente cando visitamos Rusia e Ucrania. Tamén debemos que recoñecer que é moi festeiro, i claro como en Galicia sobran festas durante o verán, para o noso amigo isto é un pequeno paraiso; ademáis cheo de praias,... Claro que ten un gran defecto, é moi sentimentalista (¿¿será a alma eslava??),... as veces fai escenas máis propias de telenovelas.


Imos a seguir có tema da “Festa da Langosta”; nos non imos a entrar en mensaxes triunfalistas, pesimistas, antagonistas,... Pero imos a expoñer cousas que os nosos veciños deben de conocer,... pero que os nosos gobernantes sempre tratan de tapar.

Gastos da Festa da Langosta; ano 2.011 = 26.856,21€
Gastos da Festa da Langosta; ano 2.012 = 28.460,99€
Gastos da Festa da Langosta; ano 2.013 = 44.685,27€ ****

**** Neste ano, tamén fixose como engadido unha mostra de tradicións mariñeiras.

Gastos de publicidade da Festa da Langosta 2.011 = 13.018,21€
Gastos de publicidade da Festa da Langosta 2.013 = 13.342,77€

Podemos dicir, que prácticamente a metade dos gastos da Festa da Langosta son en publicidade; o caso do 2.013 é diferente, por estar outros eventos.

Dado que é unha festa financiada con diñeiro público, habería que coñecer máis datos: nivel de ocupación dos hoteis durante ese fin de semana, nivel de ocupación dos restaurantes,... Despois de todo, esta inversión de diñeiro público debería de beneficia-lo comercio, hosteleria e turismo local. ¿¿Qué incremento de actividade xenera??

Simplemente unha reflexión final; hai comerciantes da zona da Vila (casco vello, zona da Alameda), que se queixan pois moitos dos actos centranse no Porto, i esta zona está sendo esquecida, non hai inversións públicas,... Hai que recoñecer que algo de razón teñen.


Mirador do Monte Ancos, a 9 de Xullo do 2.014.
Víctor Tazo Tremendo. Ingeniero Jefe de Desarrollo y Producción de Pelotillas Ombligueras SL; en Head Smashed in Buffalo Jump (“Cabeza Aplastada por salto de Búfalo), Estado de Alberta, Canada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario