martes, 22 de julio de 2014

O derrumbe

CHANCHONADA 283º
O derrumbe.




Queremos dar as gracias a un amable lector, que nos fixo chegar un entrevista de Marzo do 2.011 á Sra. Fátima Iglesias Ferreira, publicada en “galicia-suroeste”; persoa ue dende Setembro do 2.009 é a portavoz municipal do PP de A Guarda. Imos a expoñer algunhas preguntas, coas súas respotas:


1º) ¿Cómo fue la relación gobierno-oposición?
Inexistente. En algún momento puntual, cuando al Gobierno le interesó tener algún tipo de relación, como fue el caso de las 21 licencias, buscaron el respaldo de la oposición pues no querían enfrentarse solos a esa situación,...


Antes de Maio do 2.011 a relación PSOE coa oposición poido ser inexistente; hoxe aparentemente segue sendo inexistente; pero cun matiz, a ausencia de labor de oposición que fai o PP que vostede preside; as veces semella que hai un pacto non escrito de non agresión e pseudo-cooperación. Non hai máis que ollar os reportaxes fotográficos onde vostede sempre está presente a carón do Alcalde,... as veces semellan ser o filial do PSOE, máis que o PP, o cal ten moi desconcertados a moitos dos militantes do PP. Para estar o PSOE en minoría, goberna moi comodamente como si estivese en maioría absoluta, ¿algo de responsabilidade tera o PP i vostede?


2º) ¿Puede valorar el papel político del BNG?
El portavoz del BNG tenía, sobre todo, dos preocupaciones fundamentales. La primera, hacer oposición al Partido Popular, más que al grupo de Gobierno, y, sobre todo, preocupándose siempre por temas de Galicia, mociones sobre Galicia, y muy pocas sobre temas locales.


Aquí nesta resposta, Sra. Fátima Iglesias Ferreira debemos recoñecer que atina plenamente na diana. O BNG na Guarda leva anos facendo teatro barato, neste 7 anos non leva amosado ningún traballo nin preocupacións polos problemas da Guarda,.... Neste Mirador xa temos demostrado que +80% das súas iniciativas veñen xa elaboradas dende a sede de Compostela, e non teñen nada que ver coa realidade guardesa.
Só que nesta lexislatura, o PP que vostede preside tamén caíu nunha apatía total,... nestes 3 anos de lexislatura municipal vostedes levan presentado 5, 6 ou 7 iniciativas,... Realmente moi poucas; ¿ten que ver esta falla de rendimento con ese pseudo pacto de non agresión e cooperación có PSOE?


3º) Cita tres grandes preocupaciones que tiene hoy A Guarda
Mira, yo creo que hay que escuchar más a los vecinos y en este sentido tenemos un Concello que está bastante lejano de los vecinos. Tenemos el Plan Xeral ahí, con cuatro años perdidos, los dos primeros guardado en un cajón y de los dos siguientes poco sabemos. La salida Sur es fundamental para el desarrollo  del pueblo. Y otra preocupación es el aparcamiento, fundamental para el comercio, para fomentar las compras.


Un gran resposta; só que logo vostedes non práctican ese escoitar e informar ós veciños; levan anos aillados deles, dos seus militantes,... está máis preocupada en sair nas fotos que en facer. Sobre o Plan Xeral, se o PSOE o ten escondido, vostedes o PP tamén o teñen escondido, a pesar das reiteradas peticións dos seus militantes que queren coñecelo, ollalo, estudialo,...
Ou sexa, todo aquilo que en Marzo do 2.011 criticabanó PSOE, agora é o mesmo que vostedes fan. ¿Cal é a diferencia entre o PSOE i o PP da Guarda?


4º) ¿Cuál podría ser el mensaje que el Partido Popular transmitiría a los guardeses para obtener la confianza de los electores?
El Partido Popular es un partido serio que ya ha demostrado lo que sabe hacer y cómo se deben hacer las cosas. Que la gente esté confiada, tranquila, que va a estar representada por unas personas que quieren lo mejor para el pueblo y que no se va actuar de forma sectaria o, como se está haciendo ahora, de forma muy opaca. Hay una falta de transparencia en el ayuntamiento, los que están fuera no lo ven, pero los que estamos ahí, sí que lo sabemos.


Que hai militantes serios i honestos no PP, isto non o dudamos,... pero o grupo municipal do PP que vostede encabeza non é serio, nin está preparado para gobernar,... por iso i outras razóns a xente non confía en vostedes.
Somos coñecedores que este Concello da Guarda é moi opaco, non hai transparencia,... pero agora que o PSOE está en minoría a cousa non mellorou, e nesta involución moita responsabilidade ten o PP que vostede preside,... ¿Porqué sigue esa política de opacidade e ausencia de transparencia?, ¿tenñen medo a que os veciños sexan coñecedores das verdades?


Querida Sra. Fátima Iglesias Ferreira; levamos varios meses recibindo correos de varios militantes do PP da Guarda, nalgúns deles ollase a evolución na forma de pensar e no posicionamento ante o seu grupo municipal. Poderíamos agrupalos en 4 grandes conxuntos:
A) Militantes incombustibles.
B) Militantes discrepantes; a súa opción é que vostede siga ata o final da lexislatura, ¡logo veremos!
C) Militantes queimados; a súa opción é que vostede presente a renuncia, para que non aumente o dano electoral ó PP.
D) Militantes esgotados; o PP da Guarda necesita unha profunda remodelación.

Có paso do tempo hai un trasvase continuo de A hacia B, dende B a C, dende C cara D. Ou sexa o grupo A (Militantes incombustibles) sempre perde compoñentes que van para B ou C; pero dende C xa hai elementos que entran en D. Semella que os elementos de B i C rematan por entrar en D. A nosa conclusión, é que o paso do tempo vai enchendo o conxunto D.


Dende logo a súa posición política é moi complexa; ¿qué facer?,... iso é asunto seu é do seu grupo municipal. ¿Seguir por este camiño, seguir agotando a base electoral do PP por darlle estabilidade ó goberno do PSOE?, ¿sacrifica-lo PP para darlle aire a un moribundo PSOE?,... ¿qué gaña o PP da Guarda?


Mirador do Monte Ancos, a 22 de Xullo do 2.014.

Susana Horia Conejo. Profesora y Veterinaria (Perros Bravos; Nuevo León; México).

No hay comentarios:

Publicar un comentario