CHANCHONADA
243º
Pedir perdón.
Fai unhas poucas semanas estábamos inmersos nas procesións de Semana Santa, nesas datas é normal que certas cofradías teñan o dereito tradicional de acceder ó indulto dun penado. Non imos a falar desa tradición; imos a facer unha pequena reflexión: ¿Porqué ós dirixentes das nosas Administracións Públicas son reaccios a pedir perdón ou ofrecer disculpas ós cidadáns, cando as súas decisións causan daños ou perxuizos?. ¿Tan díficil é pedir perdón?
Xa é dificil tentar
reclamar ós grandes oligopolios como o das compañias de teléfonos,
as electricas,... Pero máis compricado é arrincarlle un
recoñecemento de erro á Administración, que o responsable pida
perdón. As veces nos tribunais logramos vencer á Administración,
logramos un reparo económico polos danos causados,... pero nos
estimamos que esa fórmula de “estimase a reclamación de,...” é
demasíado formulista e impersoal, debería haber un apartado onde
con nome e apelidos, o responsable desa Administración pida perdón
e lle ofreza disculpas ó cidadán recorrente.
Lamentablemente, cando os
nosos gobernantes erran, tratan de dar explicacións onde a culpa non
é deles, a culpa é dunha serie de imponderables, de valores que non
estaban cuantificados,... e incluso insinuase que ata é culpa dos
cidadáns,... O final, o fin buscado é non facerse responsable do
erro, moito menos das consecuencias que acarrexa o mesmo, sempre
teremos a man a un funcionario de menor rango a que facerlle
carga-las culpas,... Por desgracia, os inituís ó igual que a merda
teñen ambos un alto índice de flotabilidade.
Na vella e xa obsoleta Lei
30/1.992 (lei de procedemento administrativo) debería de haber un
apartado onde estivesen recollidos dereitos dos cidadáns, deberes
dos responsables da Administración; quitar dunha vez por todas
esa aberración que é o silencio administrativo negativo.
Tamén, deberían existir
follas de reclamación a dispor dos cidadáns para expoñer queixas
sobre o proceder da Administración, do funcionario de turno,...
pois por desgracia ainda hai funcionarios que rebuznan máis que
certos animais cuadrúpedos; se ás empresas privadas se lles esixe
que cumpran con certas cousas, como é ter follas de reclamacións; a
Administración Pública debería dar exemplo.
Estaría ben que nos
postos de inspección das nosas Administracións houbese o de
“Cidadán X”.
Ese funcionario que de incognito, cual cidadán normal e temeroso
ante a soberbia da Administración, fai os seus trámites normais,
pregunta dúbidas, enquire como e onde debe facer tal trámite,....
solicite unha entrevista có señor Alcalde, có Delegado da
Conselleria,.... e logo eleve un informe, que sexa público. Hai
empresas privadas, que teñen un servicio similar ó descrito, e
dende que están en uso levan descoberto a moitos inutiles
incrustados na escala da empresa, que non aportan nada.
Será díficil que isto
vaia adiante; pois boa parte dos nosos políticos ainda se creen que
están por riba do ben e do mal, que están por riba dos cidadáns,...
que estes só están para pagar impostos e votar cando haxa
eleccións. E o pedir perdón, iso nunca o veremos.
Mirador do Monte Ancos, a
28 de Abril do 2.014.
Norma
Siempre Asustada.
Directora de Prótocolo del Ayuntamiento de Uyumbicho (Pichincha;
Ecuador)
No hay comentarios:
Publicar un comentario