CHANCHONADA
240º
A tribu miñota.
Coa “chanchonada 238º”
có seu pequeño estudio estadístico sobre a frecuencia dos
apelidos, varias persoas fixeron chegarnos comentarios sobre realizar
algo similar pero a escala local, comarcal,... Aproveitando que
tiñamos os datos, pois non custaba nada facer este estudio.
¡¡¡Cantas sorpresas amosan os resultados!!!
O estudio está realizado
sobre o número de veciños que teñen un determinado apelido, xa
sexa en 1º posición (apelido paterno) ou en 2º posición (apelido
materno).
A
Guarda.
1º González (1.687)
2º Rodríguez (1.641)
3º Martínez (1.457)
4º Álvarez (1.104)
5º Lomba (979)
6º Vicente (890)
Oia.
1º González (512)
2º Álvarez (420)
3º Rodríguez (392)
4º Fernández (376)
5º Pérez (368)
6º Martínez (248)
O
Rosal.
1º Martínez (1.136)
2º Rodríguez (1.101)
3º González (954)
4º Álvarez (744)
5º Alonso (650)
6º Fernández (580)
Tomiño.
1º Fernández (1.575)
2º Rodríguez (1.459)
3º Álvarez (1.423)
4º González (1.244)
5º Martínez (1.066)
6º Alonso (707)
Tui.
1º González (2.509)
2º Rodríguez (2.144)
3º Fernández (1.877)
4º Martínez (1.392)
5º Pérez (1.348)
6º Alonso (1.073)
1º) Realmente os
González e os Rodríguez son os apelidos mayoritarios entre os
miñotos.
2º) Sempre nos dixeron
que Lomba era un apelido moi rosaleiro,... pois os números dín que
a maioría dos Lomba son
guardeses, o segundo lugar con este apelido si que é O Rosal, logo
está Vigo. Hai 45 en Oia, 44 en Tomiño e 28 en Tui;
Hai máis Lombas en Coruña (40) i Ferrol (29) que en Tui. Podemos
afirmar, que Lomba é un
apelido netamente miñoto (sobre todo guardés).
3º) Un apelido que está
entre os 10 primeiros da Guarda, Rosal i Tomiño, ese é Vicente.
Na Guarda hai 890, Rosal 411, Tomiño 393, Oia 53 e Tui 43,....
Posiblemente, este sexa outro apelido moi miñoto; decimos
posiblemente, porque tamén está moi presente na ría de
Arousa, especialmente en Rianxo 445 i en Vigo 559. ¿Do
Baixo Miño foi para a ría de Arousa; ou aconteceu ó revés?.
Xa dixemos unha vez, que
en certa fábrica viguesa, ós miñotos “cariñosamente en broma”
a nosa comarca é denominada Lombardía,... pero posiblemente
sexa “Vicentelandia”, craro que tamén poderíamos falar
da “República Federal Vicente-Lombarda”.
Deixamos hai exposta a
pregunta; como vemos os miñotos támpouco nos diferenciamos moito do
resto do españois, mexicanos, arxentinos, colombianos,... Os
supostos apelidos “autoctonos galegos” aquí non son maioría,...
temos algúns apelidos moi locais, netamente miñotos, pero que
apenas están espallados por Galicia. ¿Non
seremos tan galegos como pensamos?, ou ¿a inmensa maioría dos
galegos non somos como uns poucos pensan e tentan facernos creer?
Mirador do Monte Ancos, a
22 de Abril do 2.014.
Umberto
Vino Nuevo. Maestro
destilador y enologo de Cajón de Ginebra Grande (Chubut, Patagonia;
Argentina)
No hay comentarios:
Publicar un comentario