CHANCHONADA
234º
Cocendo batracios.
A ra (Rana, en castelán
ou español) é un batracio anuro (sen cola ou rabo). Os expertos en
psicoloxía usan a este animal para o caso do “Síndrome
da ra cocida”, o cal parte da fábula do
escritor francés Olivier Clerc. Maís ou menos a fábula di
o seguinte.
“Poñemos unha ra
dentro dun recipiente que conten agua a temperatura ambiente; a ra
non se sinte incomoda neste lugar e a súa actividade orgánica é
normal. Pouco a pouco imos elevando a temperatura da agua, a un ritmo
de 1º C por hora; de tal xeito que a elevación da temperatura é
prácticamente imperceptible. A ra non é conscciente deste
quecemento, ó seu organismo vaise adaptando dun xeito progresivo.
Có paso do tempo a
temperatura xa é algo elevada, pero esa temperatura ten un efecto de
relaxante sobre o organismo da ra, será consciente que a temperatura
non é normal, pero a relaxación muscular e neuronal fai que sexa
incapaz de reaccionar, non é consciente do perigo que a rodea.
Finalmente a rá fica cocida na agua; foi incapaz de reaccionar e
adaptouse dun xeito erroneo ó seu entorno”.
O fenómeno da “ra
cocida” é perfectamente extrapolable ós seres humáns.
Moitas veces estamos ante situacións que serían intolerables e
insopoportables por inxustas, polos abusos que conlevan,... pero
rematamos cedendo ante elas. Simplemente por que o camiño que nos
trouxo a esa situación foi moi lento, con cambios pequenos e case
que imperceptibles; creando unha rutina na que un individuo e un
corpo social aceptan e non cuestionan esa realidade cambiante.
Na vida da nosa sociedade
acontece algo similar; dende fai anos, bastantes anos, vemos que a
situación social, económica, laboral,... vai degradándose pouco a
pouco, logo outro pouquiño máis,... imos perdendo dereitos, as
libertades vanse restrinxindo,.. Pero o corpo social xa está
acostumado a ter un salario de merda, á ausencia de dereitos
laborais, a ter que pagar por todo, cada vez máis caro e de pior
calidade, a ter impostos máis altos frente a salarios máis
baixos,... Pero cando das a alarma, que a situación estase a voltar
perigosa,... os demais ollan para ti, pero non reaccionan, o efecto
relaxante e adaptativo fai que non aprecien o perigo, xa claudicaron
e aceptan con resignación a próxima chegada do sacrificio final.
Nós formamos parte da
xeración do BUP (Bacharelato Unificado e Polivalente); para nós o
último curso era o COU, ese curso duro e temible de preparación
pre-universitario, para afronta-los exames de acceso á universidade.
Agora, na actualidade este nivel denóminase 2º de Bacharelato; ó
compara-los temarios, libros e apuntes,... comprobamos que o nivel
académico ten minguado moito.
Pero hai algo que
resultanos máis escandaloso. Na nosa época, nós tiñamos moitas
máis horas lectivas, hoxe estes alumnos teñen unha xornada máis
reducida. ¿Por qué?. Na nosa época estudiantil era rara a ausencia
do profesorado, podia acontecer por causas médicas,... pero
normalmente era reemplazado por outro compañeiro do claustro de
profesores, chegaba un sustituto, ou nos daban horas de estudio
adicionais para mante-lo ritmo do apretado programa de estudio.
Pero, atopamonos coa
desagradable sorpresa que no instituto da Sangriña (na
Guarda), acontece todo o contrario, hai profesores con longas
ausencias, por causas médicas, por viaxes de intercambios
por Europa, e por outras causas descoñecidas,... estas
ausencias do profesorado non son suplidas nin polos compañeiros do
profesorado, nin por sustitutos da Administración Educativa,...
a consecuencia é que os nosos alumnos non teñen as correspondentes
horas lectivas, polo tanto van retrasados no programa educativo,... e
a consecuencia disto é que un amplo porcentaxe dos mesmos chegarán
ó final do curso cun nivel máis baixo do mínimo esixido.
Nós ollamos a estes
alumnos como se vivisen o “síndrome da ra cocida”; ¿para qué
imos a protestar por non ter tantas horas lectivas?, ¿protestar por
que falta un profesor?, que va, mellor outra hora libre máis,...
Logo xa os recolleremos cocidos, e formarán parte do prato
estadístico do “fracaso escolar”.
Entendemos e compartimos
as queixas dos que piden máis medios para a educación e formación
dos alumnos; nos tamén queremos máis inversións económicas en
educación,... ¿Pero os
profesionais do sector non deben poñer algo máis da súa parte?.
Non estaría mal que o Servicio de Inspección de Traballo elaborase
un estudio, para ver que causas fan que o número de baixas médicas
son tan altas no sector da educación pública, en comparación coa
privada, ou con sectores como a construcción de obra pública,...
¿Tan perigosa laboralmente é
a educación pública?; ¿cántas baixas ficticias hai neste sector
laboral?
Mirador do Monte Ancos, a
9 de Abril do 2.014.
Sexto
Raíz Cuadrada. Decano de la
Facultad de Matemáticas, Universidad de los Valles de Tuy en Ocumare
del Tuy (Estado de Miranda, Venezuela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario