CHANCHONADA
237º
¿Ir ou non ir?.
Hai recoñecer que o
Domingo de Ramos é un dos días máis especiais do ano,
especialmente si eres neno,... en caso contrario, tamén en certo
xeito voltas a rememorar algunhas cousas da infancia. Pero si o
Domingo de Ramos fai sol, calor,... comida familiar,... dende logo si
que é un día moi especial.
Este ano, por sorte, as
ocupacións laborais deixaron que poidesemos disfrutar do Domingo de
Ramos; todos estamos de acordo que o acto principal é a procesión e
bendición de Ramos, onde os protagonistas principais son os nenos i
nenas, cós seu ramos de loureiro, palmos,... os nenos están ledos
con eses instrumentos florais, tamén estrenan roupa nova,
zapatos,... teñen unha semana vacacional,... Durante esta ceremonia
festivo-relixiosa coincidimos cun coñecido de Oia, que tamén
acompañaba ós seus nenos a este acto.
Dende fai pouco máis dun
ano, coincidimos con este coñecido no intre de recolle-los nenos da
catequesis sabatina da parroquia de A Guarda. Por el somos
coñecedores que o escaso número de nenos pequenos que hai en Oia,
nas súas parroquias non imparten este servicio relixioso, como é o
caso de Pedornes;... o cal fai que moitos pais acudan a parroquias
veciñas, como é o caso da Guarda, ou Santa Mariña no Rosal,...
Pois este coñecido dende
fai tempo ten a definición
do futuro de Oia: “un pobo de vellos”; outros pais
e nais veciños de Oia, tamén son coincidentes nesa definición.
Mentrás transcurría o acto procesional de Ramos; o noso coñecido
voltaba de cando en vez, a reitera-la súa definición que Oia é un
pobo de vellos, onde os novos non teñen futuro, iranse, e estes
nenos i nenas, tamén seguirán o mesmo camiño.
Nós quixeramos
levantarlle o ánimo, decirlle que hai esperanzas, que as cousas
poden trocar,... pero as evidencias númericas, demográficas,
económicas, laborais,... que manexamos máis ou menos indican que a
definición do futuro de Oia:
“un pobo de vellos”; é moi certa. Pero cando,
outro pai contertulio, acompañante de nenos, residente en
Camposancos, ademáis de confirmar esa definición temporal de Oia,
tamén opinaba que tanto O Rosal como A Guarda semella que están
iniciando ese camiño.
Chega o intre da
bendición dos ramos de loureiro, oliveiras, palmos,... na praza de
San Benito;... Este contertulio camposino, fixo a seguinte
observación:
- “Hai que ter pouca vergoña na cara e ser moi hipócrita; facer política contra a Igrexa Católica, e logo estar nos lugares principais presidindo un acto relixioso católico”.
- Algúns non entenden o que é o laicismo, a independencia entre Estado (Administración Pública) e relixión, non saben o que é a libertade relixiosa,.... Confunden os termos, erran nos feitos, e parte diso é consecuencia da forte impronta educacional recibida durante a dictadura.
Queridos señores cargos
electos; cada un é libre de profesar a relixión que elixa, con maís
ou menos devoción,... Aquí entre nos mesmos hai cristiáns
católicos (algúns non pracicantes), temos a persoas dunha igrexa
reformada (protestantes) e incluso un criado familiarmente dentro da
igrexa ortodoxa. As
creencias relixiosas son privadas, e propias de cada persoa.
A
Administración Pública non ten creencias relixiosas; os seus cargos
electos támpouco. As persoas que ostentan a
representatividade dos cargos electos poden ter as ideas
relixiosas que desexen, queira ou consideren oportunas,...
pero a título individual. Pois o cargo electo forma
parte dunha institución pública, que debe respeta-las diferentes
creencias relixiosas, pero non profesa ningunha, cooperará, axudará
a todas. O cargo público non
profesa relixión algunha.
Na nosa opinión, os
nosos cargos públicos electos en materia de relixión deben ser
neutros. Non nos gosta nada olla-los en actos de netamente relixiosos
públicos, sexan católicos, protestantes, islmámicos,
xudeos,... Creo que moitos ainda teñen a impronta de épocas
pasadas, onde os cargos electos ían en tódalas procesións
católicas,... Eses tempos xa pasaron. Cando acudimos a un acto
relixioso, acudimos ó mesmo en calidade de creente nesa fe
relixiosa, e a fe é algo moi íntimo e privado.
Hai que lembrarlles
ós nosos cargos electos que os eleximos para xestiona-los nosos
intereses públicos, non para que fagan ostentación da súa fe
relixiosa, pero tamén non nos gosta esas persoas que carecen
de fe e acuden ó acto relixioso, pois entendemos que fallan ó
respeto dos creentes. Támpouco,
gostamos nada desas persoas que presumen do seu ateismo,
que son funcionarios públicos (sobre todo profesionais do
ensino),... pero sempre están
dispostos a coller festivos relixiosos, para vacacionar nos
mesmos,.... Se non teñen unha fe relixiosa, deben de
ser consecuentes i eses días para eles deben ser laborais, e deixar
que os creentes o teñan libre para atende-los seus deberes
relixiosos. Realmente, este últimos son uns farsantes, non son
ateos, son uns auténticos escaqueadores laborais, á caza e captura
de días vacacionais sen importarlles para nada o motivo.
Finalmente, queremos
lembra-la figura de certo Alcalde de A Guarda, nomeado
popularmente como “O Xudeo”,... pero non por profesa-la
relixión xudea. Foi Alcalde durante o franquismo, e nesa época de
forte ligazón entre a Igrexa Católica có Estado, este señor non
acudía ós actos públicos relixiosos na súa calidade de autoridade
local. Somos descoñecedores das razóns, pero polo menos cumplía
coa separación Igrexa i Estado.
Mirador do Monte Ancos, a
16 de Abril do 2.014.
Amador
Felicidade Eterna.
Director de Comunicación de la revista de eventos sociales y
religiosos, “La Santa Paciencia” (Amadora, Distrito de Lisboa;
Portugal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario