miércoles, 2 de abril de 2014

Transtorno de persoalidade

CHANCHONADA 230º

Transtorno de persoalidade.



Idiotas hai moitos no mundo, a idiotez é unha capacidade humana que tende a un nivel infinito. Tódolos días nos cruzamos con idiotas, á maioría deles os ignoramos porque son inofensivos. Hoxe imos a falar de tres tipos de idiotas que son perigosos:

A) O idiota que cree ser intelixente porque ten diñeiro; normalmente a súa riqueza proven por herdanza, ou por conseguir un bó casorio, xa que a súa dona proven dunha familia rica. Por moito que lle lembremos que o diñeiro non da a felicidade, e moito menos outorga intelixencia.

B) O idiota fanático; se os fanatismo son perigosos, este tipo de idiotas ainda máis, pois o única baremo que coñecen i practican para evalua-las persoas son ás súas ideas: deportivas, relixiosas, políticas,...

C) O idiota amigo do xefe. Posiblemente este sexa o máis coñecido por todos, e seguramente un dos más aborrecidos. Iso si, este tipo de idiotas son incapaces de asumi-las responsabilidades persoais das súas decisións.


Hoxe imos estudia-las mocións do Grupo municipal Socialista do Concello de Tui; tamén as imos a valorar e puntuar. En amarelo as de condición local ou comarcal (10 puntos), en verde a non local ou comarcal (1 punto); si é aprobada (+2 puntos), desestimada (0 puntos). As pendentes de estudio, ou que fiquen sobre a mesa para estudio, non puntuan.


Ano 2.011

1º) Creación dunha Comisión de suxerencias e reclamacións dos cidadáns. (Desestimada) 10 puntos.
2º) Colocación de mamparas antiruido na autovía ó paso por Tui. (Desestimada) 10 puntos.
3º) Creación de escolas deportivas municipais. (Desestimada) 10 puntos.
4º) Non outorgamento de licencias a locais de ocio no casco histórico. (Desestimada) 10 puntos.

5º) Creación dun temario para as probas de acceso a prazas de funcionarios e laborais. (Desestimada) 10 puntos.
6º) Creación dunha rede de transporte interparroquial. (Desestimada) 10 puntos.


Ano 2.012

7º) Solución dos problemas dos colectores de saneamento de Malvás e Pexegueiro. (Desestimada) 10 puntos.
8º) Adquisición da “Finca Patazumba” para equipamentos públicos. (Desestimada) 10 puntos.
9º) Iniciativa lexislativa popular en defensa da Sanidade Pública. (Desestimada) 1 punto.
10º) Creación dunha Bolsa de Emprego Municipal. (Desestimada) 10 puntos.
11º) Elaboración dun programa de desenvolvemento turístico. (Desestimada) 10 puntos.
12º) Elaboración do proxecto dotacional da “Finca Lagarteira”. (Desestimada) 10 puntos.
13º) Redacción dunha Ordenanza de Ornato. Pendente de estudio; non puntua.
14º) Redacción dunha nova Ordenanza de Tráfico. Pendente de estudio; non puntua.
15º) Ensanchamento da Rúa Martínez Padín. (Desestimada) 10 puntos.
16º) Defensa do Partido Xudicial de Tui. (Aprobada) 12 puntos.
17º) Modificación do AVE Vigo- Oporto. (Aprobada) 12 puntos.
18º) Dación en pago da vivenda hipotecada. (Aprobada) 3puntos.
19º) Declaración de apoio ós afectados polas preferentes. (Aprobada) 12 puntos.
20º) Declaración de Tui como localidade solidaria có Alzheimer. (Aprobada) 12 puntos.
21º) Creación dunha oficina de Fomento do Cooperativismo. (Desestimada) 10 puntos.
22º) Creación da comisión de seguimento da declaración de Tui como zona de Gran Afluencia Turística. (Aprobada) 12 puntos.
23º) Eliminacións das Taxas xudiciais. (Aprobada) 3 puntos.
24º) Solicitude de implantación da Administración electrónica. (Desestimada) 1 punto.


Ano 2.013

25º) Mantemento do servicio de teleasistencia do Imserso. (Aprobada) 3 puntos.
26º) Evita-lo peche do CRAS de Pexegueiro e Baldráns. (Aprobada) 12 puntos.
27º) Oposición á Lei de Demarcación e Planta Xudicial. (Aprobada) 3 puntos.
28º) Instar a ADIF a mellora da estación de Caldelas. (Aprobada) 12 puntos.
29º) Modificación do PEPCH e informe público das alegacións. (Desestimada) 10 puntos.
30º) Rexeita-la subida do canón de Sogama. (Desestimada) 1 punto.
31º) Rexeita-lo copago sanitario. (Desestimada) 1 punto.
32º) Elaboración dun programa de emprego municipal. Pendente de estudio; non puntua.
33º) Elaborar un informe técnico dos centros escolares de Tui. (Desestimada) 10 puntos.



Ano 2014

34º) Contra a privatización de servicios públicos no Concello de Tui. Pendente de estudio; non puntua.
35º) Bonificación do IBI a edificios do casco histórico de Tui. (Aprobada) 12 puntos.
36º) Reducción de tazas a desempregados e comercios. Pendente de ir a estudio; non puntua.


Os nosos cálculos dánlle 262 puntos ó grupo municipal do PSOE de Tui. Tamén imos a entrar a valorar certas cousas:

1º) A Moción nº 15 sobre o ensanchamento da Rúa Padín; primeiro a rexeita o equipo de goberno; pero logo a leva a termo; dende logo algo similar ó que fai o PSOE na Guarda, rexeita iniciativas da oposición, pero logo as fai, e así as presenta como súas. Como vemos non hai tanta diferencia entre o PSOE i o PP.

2º) Moción 29º sobre informe publico das alegación ó PEPCH (Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Tui); como vemos o PP de Tui non quere que sea de coñecemento público. Xustamente o mesmo que fan o PSOE e o PP na Guarda có tema do PXOU, escondelo e non facelo público.

3º) Moción nº 32 sobre un programa de emprego municipal. Está pendente de estudio; Sres concelleiros do PSOE de Tui, deben saber que os seus compañeiros do PSOE da Guarda durante 2 anos opuxeronse a este tema; logo foi aprobado, e leva paralizado polo PSOE 6 meses. ¿Non ven vostedes semellanzaso có PP de Tui?

4º) Moción nº 34, para opoñerse á privatización dos servicios publicos do Concello de Tui. Sres. concelleiros do PSOE de Tui, os seus compañeiros do PSOE da Guarda fan todo o contrario do que vostedes piden. Ou sexa actúan do mesmo xeito que o PP gobernante en Tui.

Nós quitamos unha conclusión clara, gobernando o PP ou PSOE non se diferencian, fan as mesmas cousas, coas mesmas argumentacións. Hai moita diferencia entre o que fai o PSOE de Tui, na oposición e o referente do PSOE na Guarda onde é goberno; en moitos casos son totalmente contrarios. ¿Non é isto unha contradicción interna do mesmo partido?

Tamén cabe outra posibilidade que non negamos, pero haberá que estudia-la; ¿Será o PSOE un partido formado por esquizofrénicos?, que amosan unha persoalidade cando son opisición e logo outra radicalmente distinta cando están no goberno. ¿Quén sabe?; o mundo dos idiotas da para moito.


Mirador do Monte Ancos, a 1de Abril do 2.014.

Aldo Loroso Picor. Doctor y Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado; USA)




No hay comentarios:

Publicar un comentario