domingo, 27 de abril de 2014

Caraduras

CHANCHONADA 242º

Caraduras.



Nestes anos, moitos empregados tivemos que “resignarnos” a ver como os nosos salarios menguaban, aminoraban o seu poder adquisitivo,... isto con corte; pois outros moitos compañeiros que eran despedidos, pasaban a cobrar durante uns meses unha prestación por desemprego que é menor có salario, logo finaliza e remantan por cobrar axudas para pasar fame,... os que cobran estas axudas. Pero neste tempo hai profesionais da política que eles non saben nada disto, os seus salarios non teñen aminorado, e moito menos desaparecido.


Fai uns poucos meses que entrou en vigor a nova Lei da Administración Local (concellos); a mesma marca uns límites ós salarios dos Alcaldes; agora imos a facer un cálculo sobre o custe que teñen os nosos alcaldes anualmente, tomando como base eses topes salariais.


Tipo de Concello      nº concellos       tope salarial       Total
menos 1.000 hab         24              30.000€/ano      720.000€/ano
1.000 a 5.000 hab      176              40.000€/ano    7.040.000€/ano
5.001 a 10.000 hab     57               45.000€/ano    2.565.000€/ano
10.001 a 20.000 hab   35               50.000€/ano    1.750.000€/ano
20.001 a 50.000 hab   15               55.000€/ano      825.000€/ano
50.001 a 75.000hab      1               65.000€/ano       65.000€/ano
75.001 a 150.000 hab   4               75.000€/ano     300.000€/ano
150.000 a 300.000 hab  2              80.000€/ano     160.000€/ano

Total do gasto anual en salarios dos Alcaldes: 13.425.000€ ó ano. O 89,9% do gasto en salarios son para Alcaldes de concellos con menos de 20.000 habitantes. Os concellos de menos de 20.000 habitantes son 292 en Galicia, reducindollos a 1/3 dos mesmos, para acadar certos niveis de poboación. Só teríamos 97 concellos deste tipo; deixan de existir 194 concellos, e o aforro nos salarios destes 194 alcaldes sería de algo máis de 7.700.000€/ano. Evidentemente este diñeiro vai a redundar nos servicios para os veciños. Para que o entendamos ben todos, os nosos alcaldes veñen cobrando ó ano, unha cantidade equivalente ó orzamento medio dun concello de 23.000 habitantes.


O pasado 24 de Abril, no Pleno do Concello de Oia, o Sr. Miguel Giráldez presentaba unha iniciativa, para que o Sr. Alcalde de Oia renunciase a cobra-lo soldo como deputado da Deputación de Pontevedra; pois xa cobra outro como Alcalde deste concello. Lamentablemente os 6 concelleiros do PP votaron en contra da iniciativa, e os 4 concelleiros do PSOE abstiveronse,... ou sexa tamén están de acordo en que o Sr. Alcalde de Oia cobre dous salarios.


O artigo 75º bis, punto 2 da Lei 27/2.013 Lei da Administración Local, o deixa ben claro.
Os concelleiros que sexan proclamados deputados provinciais, ou equivalente, deberán optar por mante-lo réximen de dedicación exclusiva nunha ou outra Entidade Local, sen que en níngún caso poidan acumularse ambos réximes de dedicación.”


Xa sabemos, que os nosos deputados non son moi lumbreras redactando Leis,... pero nós entendemos que o Sr. Alcalde de Oia non pode compatibiliza-lo cobro dos dous salarios, debe opatar por un deles. Querido Sr. Miguel Giráldez, acheguese ó concello de Oia, solicite unha certificación dese punto, da votación do mesmo e acuda ó Ministerio Fiscal, para que estudie se pode haber un presento delito de prevaricación.


O que fican ben craro é que ainda hai moito político caradura; millóns de cidadáns a pasalo mal, vivindo con apuros económicos, pasando fame,... pero a eles que non lles toquen os seus salarios, e moito menos a renunciar a cobrar un deles,... ¡¡¡CARADURAS!!! A culpa é nosa por votalos.

Mirador do Monte Ancos, a 26 de Abril do 2.014.

Elpidio Dineral Albanco. Director comercial de la zona Oeste y miembro del Consejo de Administración del Banco Jones (Escondido; San Diego; California; USA)




No hay comentarios:

Publicar un comentario