jueves, 3 de abril de 2014

Gracias ó TREN

CHANCHONADA 231º

Gracias ó TREN.



Fai 200 anos a vida dos nosos antepasados era moi sosegada, estaba marcada básicamente polas campás das igrexas, elas eran as que sinalaban o paso das horas. Ter un reloxo era todo un luxo, só ó alcance de familias ricas, ter un reloxo de peto era un luxo reservado a homes ricos,... Polo tanto a percepción horaria era algo impreciso. Pero estaba a punto de acontecer unha gran revolución a escala planetaria: A Unificación Horaria.

A partir de 1.840 comenza a extenderse un novo medio de comunicación e transporte: o ferrocarril; é rápido, pode transportar a moitas persoas, transporta moitas mercadurías,... Pero as nacentes compañias de ferrocarril tiñan un problema común: cada cidade, vila, pobo,... tiña a súa propia hora local. Isto era un gran inconvinte para estas empresas, porque os seus trens deben sair e chegar a unha hora concreta, a cal está rexistrada nun horario; pero o sistema vixente era incompatible con esta funcionalidade.

Imaxinemos; pola hora solar, a hora local de Barcelona son as 12,00 (medio día), pero en Madrid ainda son as 11,40; os residentes en Vigo teñen as 11,15 horas. Agora debemos coller en Madrid un tren ás 12,00 horas en dirección Sevilla; o cidadán de Barcelona chegará con 20 minutos de antelación, pero o veciño de Vigo vai chegar tarde en 25 minutos, polo cal perderá o tren. Isto era un caos.

Solución; cada compañía comenzou a marcar unha hora común e igual para todos os seus servicios; en cada estación comenzaron a instalar reloxos que sinalaban a hora oficial da compañía ferroviaria. A primeira en facelo foi a británica “Great Western Railway”, que en novembro de 1.840 adoptou como hora oficial a do Real Observatorio de Greenwich. En menos de 10 anos o resto das compañías británicas tamén adoptaron esa mesma referencia horaria; sen medida lexislativa ningunha, en 1.855 máis do 95% das localidades británicas xa asumian como propia a norma horaria das compañías ferroviarias. Esa norma oficiosa rematou por ser oficial para toda Gran Bretaña en 1.880.

Esta innovación foi adoptada por moitas empresas ferroviarias do mundo; Italia no 12 de Decembro 1.866, sendo hora oficial en 1.886. En Alemania en 1.874 as empresas unifican a hora i oficialmente no 1 de Abril de 1.883. En España temos unha hora unificada para todos dende o 1 de Xaneiro de 1.901. Como vemos o ferrocarril fixo en pouco anos unha unificación horaria a escala planetaria. Para manter vivo i en hora este proceso, moitas emisoras de radio emiten unha sinal distintiva cada hora en punto.


Coa aprobación da Lei 27/2.013 do 27 de Decembro, de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local,... moitos profesionais do Servicio de Secretaria Municipal comenzan a ver que a redacción da mesma é confusa, difusa e moi interpretable. Non imos a dar eses dicursos bloqueiros que non teñen contido, nen tino; imos a centrar o tema nunha cousa importante: as competencias dos concellos.

O artigo 26º da citada Lei regula as obrigacións mínimas municipais; pero logo atribúe o papel de “coordinación” ás Deputacións Provinciais. Pero en ningún lugar da citada Lei explicase que é iso de coordinar, se a coordinación é obrigatoria, opcional, se o coordinante pon medios ou non,....

Imos a expoñer o seguinte esquema para todos os nosos lectores.

Competencia                     Poboación                Deputación

Alumeado Público             -5.000 habitantes     “Coordinará”
Recollida de lixo                -5.000 habitantes     “Coordinará”
Limpeza de vías públicas    -5.000 habitantes     “Coordinará”
Abastecemento de agua     -5.000 habitantes     “Coordinará”
Alcantarillado                     -5.000 habitantes     “Coordinará”
Acceso ás poboacións       -5.000 habitantes      “Coordinará”
Pavimentación de rúas        -5.000 habitantes      “Coordinará”

Parques públicos             -20.000 habitantes          ¿¿??
Biblioteca pública            -20.000 habitantes         ¿¿??

Tratamento do lixo          -20.000 habitantes      “Coordinará”

Tratamento de aguas fecais         ¿¿??                 “Coordinará”


Según a Lei, ningún concello ten como competencia trata-las aguas residuais (fecais); pero esta competencia que non lle corresponde a ninguen vai ser coordinada pola Deputación Provincial. Isto é todo un sen sentido legal, sen sentido común,... ¡¡unha auténtica aberración!! Ademáis vai contra moita normativa legal de carácter medioambiental.


A certos profesioanis do Servicio de Secretaria Municipal non gosta nada a redacción do artigo 36º.1, H.
“O seguimento dos costes efectivos dos servicios prestados polos concellos da súa Provincia. Cando a Deputación detecte que estes custes son superiores ós dos servicios coordinados, ou prestados por ella; ofrecerá ós concellos a súa colaboura para unha xestión coordinada máis eficiente dos servicios, que permita reducir custes.”


Ou sexa, estáselle a impoñer ós concellos unha especie de control permanente sobre os servicios que prestan, e os custes dos mesmos. ¿Pero qué acontece cando os servicios “coordinados” pola Deputación son máis caros que os servicios dos concellos?; ¿pasarán ós concellos a “coordina-la” Deputación?


É unha Lei interesante; peo aqueles apartados onde se intenta outorgar un papel ás Deputacións; finalmente non son prácticos, i en moitos casos son auténticas aberracións.



Mirador do Monte Ancos, a 3 de Abril do 2.014.

Susana Horia Conejo. Profesora y Veterinaria (Perros Bravos; Nuevo León; México)

No hay comentarios:

Publicar un comentario